A Familia Chao-Falcón, saga de seminaristas

No derradeiro mes do ano 2014, recibín un correo do meo irmán Anxo no que me contaba unha agarimosa nova que me encheu de “leticia”. Un grupo de estudantes que pasaron polo Seminario de Mondoñedo e non remataron a carreira de crego, decidiron promover unha homenaxe ao dito centro como agradecemento pola grande labor educativa o longo de tantos anos.

Había moito que facer. Comunicaronlle a idea o Sr. Bispo, o Reitor do Seminario, o Alcalde da Cidade, etc. A todos lles pareceo ben.

A tal fin, estase a preparar unha morea de feitos culturais e relixiosos: Misa solemne na Capela Maior, placa conmemorativa, presentación dun libro sobor do Seminario, xantar de confraternidade, si e posíbel, etc. Conto con que será un día memorabel e moi as cheas.

Por suposto, a Comisión, solicita a colaboración de todos, entre outras cousas, amosandolles papeis, documentos, fotografias, artígos, etc. todo o que teña que ver co Seminario. E de moita importancia botar unha man.

Tamén a “Revista San Vicente” ten algo que dicir de cara á homenaxe.

A parroquia San Vicente, unha das mais pequenas da Diócese de Mondoñedo, tanto xeográficamente coma en moradores, ten moito que ver e achegar neste importante acontecemento. 17 Persoas, nadas na nosa parroquia ou moi ligadas a ela por parentaxe, cursaron estudos no Seminario de Mondoñedo dende o século XVIII.

Doce membros da familia Chao-Falcón estudiaron no Seminario

1.- Luis Antonio Goas: O primeiro do que temos coñecemento. Tío e padriño de José do Chao, (meo tatarabó). Naceo no Samordás, (Lugar orixe da Familia Chao), en 1743. Cursou estudos no Seminario de Mondoñedo, ordenándose o 27-02-1768. Nombrado escusador de San Martín de Galgao. Falecido o cura de Sadónigas, solicitou esta parroquia. Tralos achegamentos pertinentes, como rexistro do patrimonio que lle permitira vivir, etc. recibiu o nomeamento do Rei Carlos III. Faleceu de súpeto en 1797 sendo cura de Sasdónigas. (Non dispoñemos da súa fotografía).

2.- José Mª Chao González: Naceu en S. Vicente o 2 de abril de 1843. Cursou a carreira eclesiástica no Seminario de Mondoñedo, ordeándose en 1867. O longo de 33 anos foi catedrático de Latín e Humanidades en dito Centro. Faleceu o 30 de maio de 1912.

3.- Manuel Chao González: Irmán do anterior. (Avó dos Chao Falcón) Naceu en S. Vicente o 3 de febreiro de 1851. Cursou varios anos no Seminario de Mondoñedo con boas notas: (Catro anos de Latín, tres de Filosofía e un de Teoloxía). A morte do seo irmán Benito, de 28 anos, o 5 de Janeiro de 1875, rexente na casa petrucial, obrigouno a deixar os estudos pra facerse cargo da casa e continuar coa tradición familiar. Faleceu en 1923.

4.- José Mª Chao Ledo: Nacido en S. Vicente o 14 de xaneiro de 1883. Fillo do anterior. Cursou estudos eclesiásticos no Seminario de Mondoñedo, ordenándose en 1908. Escusador na parroquia de Santiago de Mondoñedo e Beneficiado na Catedral da Asunción de Mondoñedo. Falece en 1963.

5.- José Antonio Chao Ledo: Nace en S. Vicente o 22 de marzo de 1888 Cursou a carreira eclesiástica de 1906 a 1916. Recibeu o Presbiterado do bispo D. Juan José Solís Fernández, o 22 de decembro de 1917. Párroco, entre outras, de Quende e Galgao. Falece en 1964.

6.-Álgel Chao Ledo: Nace en S. Vicente o 28 de marzal do 1902. Irmán dos duos anteriores. Cursou e aprobou tres anos de Latín e Humanidades, tres de Filosofía e catro de Teoloxía, entre 1917 y 1927. Recibe o Presbiterado o 24 de Xullo deste mesmo ano. O 10 de marzo de 1934 e nomeado rexente de Santiago de Viveiro. En agosto do seguinte ano, cura Ecónomo de Cariño, No 1954, Ecónomo de San Nicolás de Neda onde finou en 1963, xa como párroco titular, por oposición.

7.-José Chao Falcón: Sobriño dos tres anteriores. Nace en S. Vicente o 21 de agosto de 1928. Ingresa no Seminario de Mondoñedo en Setembro do 1940. Cursa Latín e Humanidades (1941-42). No curso 1942-43, no mes de febreiro, abandona os estudos por efermidade. Falece en Mondoñedo o 30 de decembro de 1986.

8.-Angel Chao Falcón: Nace en S. Vicente o 11 de agosto de 1938. Ingresa no seminario Vilanova-Mondoñedo no curso 1952-53. Rematando a carreira eclesiástica en Mondoñedo. Recibe o Presbiterado, con todo o seo curso, nas Pontes de García Rodríguez o día 12 de Xuño de 1965.

9.-Germán Chao Falcón: Nace en S. Vicente o 9 de xuño de 1943. Ingresa no Seminario de Lourenzá (cursiño preparatorio) o 21 de xullo de 1956, con 13 anos. Cursou cinco anos de Latín e Humanidades, tres de Filosofía e medio de teología (1956-1966), Abandona o Seminario a comezos do ano 1966.

10.-Gonzalo Chao Falcón: Irmán dos tres anteriores. Nace en San Vicente o 9 de xuño de 1943. Ingresa no Seminario no curso 1957-58. Cursa cinco anos de Latín e humanidades, tres de Filosofía e un de Teoloxia. A fin do curso 1965-66 abandona o Seminario.

11.-José María Cesáreo Falcón López: Irmán da nosa mai e tío dos catro anteriores. Nace en Bretoña (Lugo) o 22 de Febreiro de 1910. Ingresa no Seminario de Mondoñedo, como alumno externo, hospedándose na casa de D. José Chao. Cursa tres anos de Latín e Humanidades e dous de Filosofía. Abandona o Seminario. En 1933 trasladase a Chipiona e faise franciscano Falece en Chipiona (Nosa Señora de Regla), ós 98 anos o día 2 de marzo do 2008.

12.-José Antonio Falcón López: Irmán do anterior, nace en Santa María de Bretoña (Lugo) o 15 de Novembro de 1898. Non fomos capaces de saber os cursos que fixo no Seminario de Mondoñedo (debeu ser en torno a 1911 ou 12), só sabemos, por boca de nosa mai, das moitas visitas que lle facía a sua irmá Estrella os dous irmáns no Seminario, a pe ou da cabalo, dende Bretoña. Abandonou o Seminario e foise cos franciscanos onde profesou o 14-2-1928. Faleceu en Chipiona en 1978.

Da familia Val tamen temos cinco membros que cursaron estudos no Seminario de Mondoñedo, rematando a carreira todos eles:

13.-Francisco Val Fernández: Nado en San Vicente o 2 de marzo de 1838. Cursou estudos no Seminario de Mondoñedo recibe a ordenación de Subdiaconado a titulo de patrimonio en 1866. En decembro do mesmo ano ordenase de Diácono e o 15 de xuño de 1867 recibe o Presbiterado. O 6 de decembro de 1870, con 38 anos, noméano cura ecónomo de Sasdónigas deica 1875. Tamén figura como capelán de San Vicente. Falece o 19 de xuño de 1912. ( Non dispoñemos da súa fotografía)

14.-Francisco Fernández Val: Nacido en S: Vicente o 7 de xullo do 1876. Os 23 anos rematou a carreira no Seminario de Mondoñedo Recibindo todalas Ordenes en 1900. Exerceo o seo ministerio en varias parroquias. Despois de 56 anos de ministerio falece na reutoral de Celeiro o 8 de mayo de 1956, como párroco da mesma e arcipreste de Lourenzá

15.-José Ramòn Val Pardo: Nacido en S. Vicente el 9 de marzo de 1878. Cursou estudos eclesiásticos no Seminario de Mondoñedo. Ordenado Presbitero en Lugo en decembro de 1904. O 11 do mesmo mes e ano, marcha pra República Arxentina, incardinado, donde atende varias parroquias. Retorna de novo a Mondoñedo en 1933. Solicita do Bispo residir e celebrar misa en S. Vicente. No ano 1952 atopase en Ribadeo, como Capelán do hospital de San Lázaro e San Sebastián, e no Colexio do Sagrado Corazón. Morre en Ribadeo o 4 de maio de 1957.

16.-Ramón Fernández Val: Nace en S. Vicente o 16 de abril de 1882. Ingresa no Seminario en 1893. Cursa os estudos eclesiásticos con boas calificacions. Ordenado Presbítero en 1906. A meirande parte do seu ministerio exerceuno na Terra Chá, na parroquia de San Martín de Ferreiros, na que falece o 20 de febreiro de 1967.

17.-José Mª Fernández Val: Nace en S. Vicente o 6 de febreiro de1895. Cursou os estudos eclesiásticos no Seminario de Mondoñedo. Recibe o Presbiterado en 1909. En 1913 aparece como coadjutor en “San Simón de la Cuesta”. Tres anos mais tarde marcha pra Cuba, á diócese de “Pinar del Río”. En 1957 encontrábase na diócese de Santiago de Cuba. Anos mais tarde retorna a España, enfermo, reside na Coruña onde falece, mais non se coñece a data.

Ademais dos que cursaron estudos no nomeado Centro outras persoas de San Vicente, ou estreitamente ligadas a esta fegresía, colaboraron ou colaboran co seu traballo na boa marcha do Seminario.

1.-: Mercedes Chao Falcón: Coincidindo co retorno das Irmáns Valenciáns que dende facía ben anos (comezos dos anos 60 do século XX) encargabanse da cociña e outras moitas cousas, urxía atopar alguen de confianza e responsabel que se fixese cargo do seu labor, velando pola orde, organización, administración e mantemento dos servizos precisos. Tanto a Reitoria do Centro coma o Sr. Bispo pensaron en Mercedes Chao a quen xa coñecian e pertencía a unha orde relixiosa misioneira. Cos parabéns da reitoría, do bispado, o correspondente permiso do instituto da Bañeza e o bo consello do seo irmán da casa natal, “José António”, acetou. Comeza o seu cometido no ano 1991. Alí ficou deica o ano 2007. Había que atender os nenos que allí estudaban e pernotaban, a residencia dos curas, os curas enfermos ou hospitalizados e quedar con eles, levar as contas da cociña, atender os viaxantes, lavar a roupa, atender ós comedores, etc.

O poñerse enfermo o seo irmán, que vivia só en S. Vicente, pideu permiso pra deixar o Seminario e atender ó seo irmán. Deixouno no ano 2007.

2.-:Lourdes: Outra boa veciña de San Vicente tamén pasou a traballar no Seminario, estando Mercedes. Lourdes supuxo un bo apoio pra moito traballo que había naquelas quendas. Continúa na atualidade. Moi traballadora, intelixente e responsábel, non se lle escapa pormenor. Xa leva ben anos no Centro.

3.-: Mª José Mogo: Casada con un irmán de Lourdes tamén traballa no Seminario, encargase da portería. etc. Boa colaboradora da Revista San Vicente. Dáselle moi ben a poesía. Moi atenta e servicial. Xa leva ben tempo.

4.-: Maricarmen: Casada con Miguel, un primo de Lourdes. Tamén botou un vran enteiro traballando en dito Centro. (Non dispoñemos de fotografía).

Houbo máis persoas relacionadas con S.Vicente traballando ou colaborando temporalmente no Seminario, pro non e do caso estenderse máis por razons de espazo.

Ferrol, 25-6-2015

Germán Chao Falcón

PASARON POLO SEMINARIO DE MONDOÑEDO

José Mª Chao González
José Mª Chao González
Manuel Chao González
Manuel Chao González
José Mª Chao Ledo
José Mª Chao Ledo
José A. Chao Ledo
José A. Chao Ledo
Don Ángel   Chao Ledo
Don Ángel Chao Ledo
José Chao Falcón
Don José Chao Falcón
Germán Chao F
Germán       Chao F
Gonzalo Chao F.
Gonzalo     Chao F.

 

Cesáreo Falcón L.
Cesáreo       Falcón L.
José A. Falcón López
José A. Falcón López
Francisco Fdez. Val
Francisco Fdez. Val
José R. Val Pardo
José R. Val Pardo
Ramón Fdez.Va
Ramón Fdez.Va

 

 

 

 

José Mª Fdez. Val
José Mª Fdez. Val
Ángel Chao Falcón
Ángel Chao Falcón
Lourdes
Lourdes
Mercedes Chao Falcón
Mercedes Chao Falcón
Mª José Mogo
Mª José Mogo

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*