A música no noso Seminario

Por Rosendo Yáñez Pena

 

mondomusicaDigo “no noso Seminario” porque non vou falar de toda a historia musical do Seminario de Mondoñedo, senón dos meus recordos musicales aproximadamente desde mediados dos 40 a mediados dos 60,agás cinco anos de ausencia.

O que nos ensinaban

O ensino da música no Seminario consistía nun pouco de teoría e na lectura e solfeo progresivamente máis difícil. Casi nunca pasábamos dos dous ou tres sostenidos e outros tantos bemoles. Pasaba que moitas veces aprendíamos as pezas de memoria e ahí quedábamos. O que era chusco era a situación dos que “non tiñan oído”, que pasaban todos a formar parte dunha especie de limbo, á que chamábamos burlonamente A Polifónica. Con un pouco de técnica e un moito de paciencia, moitos podían ter sido educados para entonar e cantar, sendo recuperados para o eido Musical.

Tuvemos como métodos de teoría e solfeo, primeiro, o de Santiesteban, que logo deixóu paso o definitivo Solfeo de los solfeos.  O De Canto Gregoriano, aprendíamos a teoría elemental polo Liber usualis, editado polos monxes de Solesmes , con todos os domingos e festas do ano.  En canto a tocar, si tiñas un pouco de afección, buscabas algún armoniño dos que había aquí e acolá, ou na habitación de D.Jaime, e sacabas unhos acordes para acompañar cantos sinxelos. Un destes “organistas” foi D. Antonio Mª Rouco Varela, que tiña moito adelantado porque tiña piano na casa. Outro que ten tocado moito era Antonio Seijas, que iba ás clases de piano dunha señorita, tamén en Villalba. Pero o armonio grande estaba normalmente reservado a D.Jaime, organista do Seminario hasta que o foi tamén da Catedral, e os teólogos músicos, coma D.José Ferro, D.Alfonso de la Torre ou D.Pastor Castro Montero.                                    

Había un piano “de batalla” por donde pasóu moita xente mazando tecla diante dun método, e outro bastante bon, que estaba pechado no salón da Rectoral. Neste piano déranos un concerto renombrado Ramón Luis Chao Rego. Eu só recordó duas pezas que me gustaran moito: “El Lago de Como” e o Minueto de Paderewski”                                                

O que cantábamos

Cantábase maiormente música relixiosa, nas misas, na Exposición, no mes de Maio, ó Corazón de Xesús, e nas novenas: S Xosé (“Excelso Patriarca”), Sto. Tomás (“Salve sol refulgente de Aquino”), o Beato Ávila (“Apóstol de Andalucía”),etc.,etc.. Os cantos eran ñoños e melosos e moitos triunfalistas como pedía a época. Agás se salvaban os do P.Otaño S.J. ou os hirmáns Iruarrízaga, claretianos. A medida que nos acercábamos ó Concilio, foron surxindo outras músicas de superior calidade: primeiro, Goicoechea-Arrondo; despois Aragüés e, o mismo tempo ou despois, Miguel Manzano,  os Salmos de Gelineau e os excelentes de Lucien Deiss (que ainda perduran)”. Hasta o mismo Cristóbal Halfter nos deixóu unha “Misa de la Juventud”, encargo da OJE, á que pertenecen “Anunciaremos tu Reino,Señor” , que se popularizóu, e a fermosa, pero menos conocida, “Beberemos la copa de Cristo”. Despois aparecerían Juan Antonio Espinosa e outros moitos …

Nas veladas e paseos cantábamos cantos populares galegos e de outras rexiós, a mayoría sacados das publicaciós beneméritas de  Museo Catequsítico Diocesano de Logroño, que tamén tiña villancicos e cantos de Europa. Cando viñera de Múnich,  D. Antonio Mª Rouco vendérame un tocadiscos “Dial”, que dira moito xogo. Tamén trouxera un disco mui curioso: por una cara tiña un discurso de Hitler, que mismo parecía que ladraba, (o inferno), e pola outra cara tiña o famoso discurso de Xoan XXIII na noite da apertura do Concilio: “Guardate anche la luna… ( o ceo). Nese aparato poñíamos algo de música clásica e, como eu iba todolos meses a Ferrol, traía as últimas novedades. Así  entraron no Seminario Menor osBeatles” e os primeiros “singles” de  Juan Manuel Serrat (La matinada), Massiel (Rosas en el mar), Victor Manuel (El abuelo Víctor), Mari Trini, Los Pekenikes, Atahualpa Yupanqui, etc…

Música coral: a Schola

Unha das experiencias mais agradables que pode haber e a de cantar dentro de unha coral: sínteste como mergullado na música que emites e recibes. Tuven por primeira vez esa sensación cantando de tiple na Misa Pontificalis de Perossi. A Schola estaba repartida o longo dun corredor que había por riba do coro dos canónigos. A min tocábame pegado o órgano, que tocaba o vello D. Mariano, e escapábanseme os ollos cara un rexistro que poñía “pajaritos”. Debía de ser un Corpus ou un día da Inmaculada e dirixíanos D.José Suárez Cazón.   

Despois a Schola tuvo outros directores: D.Felipe Bangueses, D.Antonio Seoane, que intentóu ensaiarnos a Misa de L.Refice (“trompairí rirurirurá…), D. Alfonso de la Torre, D. Secundino Balseiro, e algún mais que me quedará no tinteiro. Cantábamos polifonía clásica, sobre todo na Semana Santa: o grande T. L .de Victoria cos seus responsorios: “O vos omnes”, “Judas mercator”, “Una hora”, “Tenebrae”, sin esquencer o “Popule meus” e a súa “Ave María”, que daba moito xogo. Recordo outros como “Cantate Domino”,  de Croce,   e “Sacerdos et Pontifex” (¿?). Moitas partituras sacábanse da revista Tesoro Sacro Musical, que por aquel tempo dirixía o claretiano P.Tomás de Manzárraga, o mismo que organizaba os cursos de vran sobre gregoriano e polifonía clásica.

Veladas literario-musicales

Nas chamadas “veladas literario-musicales” cantábase de todo: galegas,comenzando polo mindoniense Pascual Veiga (Alborada),  Juan Montes (“Negra sombra”), Torres Creo (“Fror nova”,”San Campio”), Paz Hermo (“O consolo”), Castro-Chané, etc. E non galegas,  como “L´Empordá” de Morera, “Romance del Conde Olinos”, o humorístico “Venerabil Barba”, atribuido a Mozart, e moitos máis.   Con D. Alfonso de la Torre hasta nos atrevimos co “Coro de Peregrinos” do Tannhäuser de Wagner. Costáranos moitos ensaios.

  1. D. Enrique e D. Eugenio

Acórdome ahora de que pouco despóis de entrar no seminario chegara D.Enrique Cal Pardo, traendo novos aires de Comillas. Dera o golpe ensaiando a un grupo do Seminario Menor una zarzuela didáctica, “El Arte Musical”. Tamén nos ensaiba cousas do P.Ignacio Prieto, S. J.,  como “Flor de té” ou “Adiós me dijo llorando”, preciosas.

Pero o que trouxo moitas cousas de Roma foi D. Eugenio (daquela aínda non se chamaba Uxío). Tróuxonos poesía, tróuxonos o cine, e tróuxonos moitas, moitas músicas. Se a alguén daquel tempo lle sona algo de música clásica, seguramente se debe á que poñia él todas as mañás pola megafonía para despertarnos.- El recibéu moito pero déuno todo, e aínda o sigue dando. E que siga moito tempo.

______________________________________

Dedícolle esta especie de crónica ao meu compañeiro de curso,   amigo e rival (pelexas-secretiños, pelexas-secretiños) Fernando  Gómez Castro, con quén tantas veces teño cantado e falado de música. Ahora vive o seu retiro en Cartagena.

Ferrol, 27 de Agosto de 2015, festa de Santa Mónica.

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*