Antonio Grandal Gómez

Antigo Grandal Gómez

Antigo Grandal Gómez, (Esteiro, Cedeira, A Coruña 1943) Seminarista 1954-1961

Con ledicia recibín a noticia da proposta deste homenaxe, por parte de exseminarisatas, co motivo do seu peche “temporal…” como centro de formación.

Non podía ser doutra maneira, porque na miña estancia no Seminario Vilanova-Mondoñedo, 7 cursos, (segunda metade da década dos 50 e primeiros dos 60, puberdade e adolescenza, etapa transcendental na evolución de calquer rapaz), recibín unha formación humana da que me sinto moi orgulloso e satisfeito.

Non me canso de recoñecer e agradecer o que me supuxo a seguridade persoal, o tesón no proposto e a claridade mental ahí conseguidas para enfoque de situacións e plantexamentos novos nas sucesivas etapas formativas e profesionais da miña vida.

En encontros e xuntanzas con compañeiros desa época a coincidencia neste sentir é bastante unánime.

Na miña etapa universitaria e donde de verdade empecei a darme conta desa realidade seguindo confirmandoa e incrementándoa ata o día de hoxe.

¡Grazas!, ¡moitas grazas!, Seminario de Mondoñedo, polo aportado á miña realización vital.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *