Antonio Gavín Rodríguez

Razós do meu amor ó Seminario

 

Antonio Gavín  Riotorto, 1960 Seminarista: 1971-1979

Antonio Gavín
Riotorto, 1960
Seminarista: 1971-1979

A miña relación co Seminario foi e é moi grande, ben o saben os que me coñecen.

Só me vou a referir ás experiencias que tiven no Seminario Menor, en Mondoñedo, cando era alumno deste Centro e tamén estudiante na miña etapa de Instituto.

Cando era alumno, sen menospreciar o labor encomiable dos meus rectores, formadores e profesores, quixera destacar a relación e cercanía que tiven cos meus profesores: D. Darío Balea (q. e. p. d., tamén meu Rector algúns anos) e con D. Jaime Cabot (q. e. p. d.). Agradézolles a miña nai (q. e. p. d.), meu pai e meu tío Serafín (sacerdote), que entre eles acordaron e propuxéranme vir pró Seminario cando tiña once anos; e, deste xeito, meu primo José manuel Rodríguez Bouso e eu ingresamos no ano 1971; l tiña as súas amizades e eu as miñas (eu sintonizaba máis ben con Abel Vázquez Pardo). Logo meus irmáns José Manuel e Francisco faríano anos máis tarde. E eu estaba a gusto no Seminario porque, lémbrome, que cando rematabamos os labores do verán en Vilaseca (a miña aldea), xa tiña ilusión de comezar un novo curso no Seminario. Polo tanto, a miña experiencia neste Centro, en términos xerais, foi positiva; que vou a describir en varias facetas:

  • Humanamente

Poderíase dicir moito, mais vou a narrar unha anécdota: non sei se era en 6º ou 7º da E.X.B. (Educación Xeral Básica) cando o noso formador era D. Darío, e tiñamos reunión con él en pequenos grupos (do noso curso) bastante a miúdo (¿semanalmente?, non me lembro); os do noso grupo fomos un día andando sós ata Lourenzá e algún compañeiro meu fumou polo camiño (non se podía fumar). D. Darío enterouse (¿cómo?, non o sei), e na seguinte reunión de grupo díxonos que se fumara nesa camiñada (o noso grupo era un dos mellores en comportamento; aínda que, con este suceso, pensei que íamos pasar á cola); despois de que nós recoñecéramos isto, díxonos: “una vez al año no hace daño”. Velaí a súa comprensión ante a nosa debilidade.

Tamén no aspecto lúdico, merece a pena sinalar as obras de teatro que faciamos (nalgún ano polo Nadal), o concurso “Usted puede”, etc.

Académicamente

Lembro que cando comezamos a estudiar no Instituto, os nosos compañeiros (que non estaban no Seminario) dicían: “Canto francés saben os do Seminario”. ¿Quén fora o noso profesor de francés nos últimos anos da E.X.B.?: fora D. Darío.

Estando na E. X. B. (penso que en 8º) fixeramos un test psicolóxico; e nas conclusións que se sacaran, a mín decíanme que podía facer o B. U. P. (Bachiller Unificado Polivalente) si era constante, e isto tíveno presente cando estudiaba no Instituto (era unha motivación para poder sacar adiante os cursos).

Con D. Xaime Cabot comecei a estudiar (como actividade extraescolar) piano. Unha vez ensaiando unha peza de Bach, escoitoume un compañeiro e díxome:”que bonita é”. Logo no conservatorio fíxen os dous primeiros cursos de piano.

Relixiosamente

Xa de pequeño ía con miña nai á Misa da Parroquia; no Seminario afianzábase e vivía a miña fe dentro da Igrexa Católica (un día, cando estaba na E. X. B.¸díxenlle a miña nai: “Eu ei ser cura”; e, isto, para ela estaba ben).

Logo no Instituto esta mesma fe debilitouse algo porque alí había algún sector laicista e tamén ó estudiar na filosofía á maioría dos filósofos parece que se profundizaba máis naqueles que tiñan tendencia atea ou agnóstica.

Mais esta miña fe voltou ó rego no Seminario Maior. E, deste xeito, con moita gratitude (vendo a súa inmensa misericordia) podo adorar a Deus Pai; ó Noso Señor Xesucristo, Deus Fillo; ó Deus Espíritu Santo; e venerar á Santísima Virxe María; e agradecer a axuda do seu esposo San Xosé, do Anxo da Garda, e doutros Santos e Anxos do Ceo.

Moitas grazas os organizadores desta homenaxe ó Seminario de Mondoñedo.

Una Respuesta a Antonio Gavín Rodríguez

  1. Antonio López Díaz dice:

    Antonio:
    Acabo de falar contigo para reservar unha habitación doble para o día 17 de octubre, día da homenaxe e vispora des San Lucas e leín o teu testimuño que me gustou porque parece sincero e nobre.
    Xa nos conceremos, (D.M.).
    Antonio López Díaz, de Ribadeo

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *