Grata presencia do Bispo na Xuntanza de antiguos alumnos do Seminario de Mondoñedo

Por Germán Castro Tomé

 

O Seminario de Mondoñedo volveu ser escenario o 13 de outubro dunha nova (a segunda) cita de antigos alumnos que en número próximo ao centenar confraternizaron nun xantar, despois de visitar a magna e valiosa biblioteca do centro e asistir a unha misa presidida polo bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol, Mons. Luís Ángel de las Heras.

Foto de familia en el Seminario, con el obispo de la diócesis. (Foto José Maria Álvarez. El Progresso)

Visita á Biblioteca

Visita de la magnifica Biblioteca del Seminario mindoniense

A xornada comezou cunha charla impartida polo delegado de Patrimonio, Félix Villares Mouteira que facilitou unha serie de interesantes datos acerca da biblioteca do Seminario, que reúne 30.000 volumes. Lembrou que esta fora declarada de interese galego e na descrición dos seus depósitos manifestou que a “xoia da coroa” era un manuscrito situado a finais do século XIII e comezos do XIV, a vida de San Francisco de Asís escrita por San Buenaventura. Destacou que unicamente había tres exemplares en España: Toledo, Sevilla e Mondoñedo.

 

 

Más de 20 incunables

O conferenciante falou dunha colección de máis de 20 incunables, detívose en detalles relacionados cos textos e as ilustracións e finalmente precisou que no ano 2014 dixitalizáronse 16 obras do século XV e 197 do XVI, que poden consultarse a través de Internet en “Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia”.

Seguidamente, en grupos de 15 (para moitos era a primeira visita a esta dependencia), os antigos alumnos desfilaron polas instalacións bibliotecarias onde Félix Villares actuou de guía mostrando algúns dos valiosos incunables que alí se custodian.

 

O Bispo subliñou a componente testimonial dos exseminaristas

Misa en la capilla del antiguo Seminario Menor

A continuación, a comitiva trasladouse á capela na que o bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol oficiou unha misa concelebrada. Destacou na súa homilía a figura de Santa Catalina, patroa do Seminario e, entre outras reflexións, dirixíndose aos asistentes sinalou “la impronta de vuestra formación intelectual y humanística tiene una clara proyección social y encierra un componente testimonial. Lo que habéis promovido y promovéis en la sociedad, en la cultura, en la política, por supuesto lo que habéis aportado a la cultura gallega hunde sus raíces aquí. O prelado terminou a súa alocución en galego.

 

Cal Pardo: una realidad alentadora

Xa no refectorio, Francisco Cal Pardo, que foi presidente da comisión que impulsou a homenaxe ao Seminario no 2015 e portavoz agora da organización manifestou: ”Estamos ante una realidad distinta a la de hace dos años. Ya no somos tantos, pero creo que esta realidad distinta es alentadora porque se puede contar con un grupo de personas que sigue aceptando el magisterio del Seminario. Somos los únicos porque lamentablemente no tenemos relevo”.

Mesa presidida por Mons. De las Heras

Anxo Felpeto

Entre os asistentes atopábase Ángel Felpeto, conselleiro de Educación da comunidade de Castilla-La Mancha, quen, despois de recalcar que estaba alí como exseminarista, lembrou brevemente a súa etapa do Seminario con mención a profesores e compañeiros para concluír afirmando teño que agradecer o que aquí recibín, en clara referencia a formación impartida neste centro.

 

Os “decanos”

Con especial cordialidad acolleron os exalumnos a presencia de tres “decanos” do profesorado do Seminario: don Fernando Porta de la Encina, don Uxío García Amor e don Xosé María Díaz Fernández, tres destacadas figuras de nuestra diócesis que dejaron huella en varias xeneraciós de seminaristas

Los “decanos del profesorado”: Don Fernando Porta, Don Eugenio García Amor y Don José Maria Díaz Fernández.

Ramón Villares

Finalmente, clausurou a reunión outro antigo alumno, Ramón Villares Paz, presidente do Consello da Cultura Galega, quen subliñou: “Algúns dos elementos, dos factores máis importantes da cultura galega moderna e contemporánea están vinculados á figuras mindoniense” e citou, entre outros, a Leiras Pulpeiro, Pascual Veiga, Álvaro Cunqueiro e, como mindonienses de adopción, a Aquilino Iglesia Alvariño e Xosé Mª Díaz Castro, que pasaron polas aulas do Seminario.

 

Ricardo Timiraos

Como dicía Ricardo Timiraos no seu mensaxe, “esta Xuntanza sirveu para compartir vivencias e recuperar os tempos idos cunha singular camadería na que cómpre reparar, dados os variopintos vieros dos alí reencotrados, metres e alumnos, labregos misturados con catedráticos, por exemplo, sen decatarse de quen era quen. Iso só o logra unha institución coma o Seminario. Velahí unha nova lección daqueles velliños curas que sempre están aí coa súa humildade, cos brazos abertos e un amplio sorriso para recibirnos. Deus os coide e apertas fortes”.

Capilla grande del Seminario

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *