Homenaje en Burela: a bonhomía de Don Benjamín

Por Ricardo Timiraos Castro

Agochado na humildade franciscán, gardando a su intimidade nos seus  escritos, calando e sorrindo  ante a incomprensión, sufrindo con paternal  dor as desgracias alleas…así  viveu,  na Burela mariñeira e emprendedora, aquel tenro, culto, e silandeiro D. Benjamín González Quelle, o cura da Vila nado en  Covas.

Agradezo ós bureláns a sensibilidade para homenaxear a iste Home que, sendo cura, tamén foi  o seu cronista- coma  tamén o  foi o moi querido  e docto D. Ricardo Pena Domínguez, quen sendo  eu rapaz, nos gañou para o estudio da Historia (disculpen o espallamento) -.  E volvo: D. Benjamín  léganos unha producción literaria de sete libros, que agradezo sinceramente ó seu irmán Pepe, e alédanos coas súas preocupacións relixiosas e coa vida cotidián, impregnando con fermosas imaxes literarias, aquel sentir polos seus feligreses e o seus traballos no mar. Aí  retumban a olas de dor de D. Benjamín ante calquer naufarxio, así coma a fondosa tenrura filial a súa nai reiterada no amor.

“Una ermita en el monte y una red en el mar”, El Fuego de San Telmo”, “Burela”…a temática dos libros de D. Benjamín son o reflexo da súas preocupacións vitais, nas que cómpre resaltar a súa laboura diaria coma confidente e a axuda calada hacia as persoas necesitadas da súa valía e calidade espiritual. Amén, disa calidade literaria que eu atopo, pero  que valorarán os expertos. O innegable e a súa coherencia persoal e a súa profunda formación.

A  súa discreción, non amosando a súa cultura, é en D. Benjamín unha terra sachada con coraxe e constancia, como as patacas de Burela,  froito parello ó de algúns outros curas que gardan a sabiduría no baúl da humildade.

Da lectura de certos pasaxes  intúese que sofre e atorméntase, coma calquer home célibe, máis sempre sal do perigro, coma valiente mariñeiro, poñendo proa a unha Cruz para a que vive con un sorriso. Certamente, aínda que, paradóxicamente sendo veciños e vivindo os dous no Seminario, o descubrira tarde, sinto que Burela, e con ela toda a xente, perderá ise Faro que foi D. Benjamín. Hoxe é estrela para os seus mariñeiros nise mar do Alén. Grazas, D. Benjamín. Moi agradecido pola súa luz.

Podería seguir, pero como escribe Él tamén: lo bueno, si breve…

D. Benjamín González Quelle

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *