Mares e ríos, bendecide ó Señor (I)

Por Rosendo Yáñez Pena

mares e rios

Rosendo Yáñez Pena (A Pedra, Cariño, 1935) fue un Seminarista aplicado en letras y sabias lecturas. De ahí su cultivado uso del relato y de la recopilación, habilidades de las que guarda testimonio en esta página web. En el presente texto evoca su tierra natal con busn gusto literario y la minuciosidad de un verdadero escritor.

Don Rosendo fue profesor del Seminario y titular de distintas parroquias ferrolanas. En la actualidad es capellán de la Residencia de Mayores “Mi Casa”, de Ferrol, y Juez del Tribunal Eclesiástico.

Blog: http://www.mondonedoferrol.org/blog-de-rosendo-yanez-pena/2014044339/otras-historias/

O mar da miña terra

A miña relación co mar vén desde que nacín a súa beira, na aldea de A Pedra, Cariño.

Desde a casa de miña avoa, Mamá Lola, onde me criei, sentíase de continuo a súa presencia: a música de fondo, sobre todo de noite, era o son dos cachóns a romper seguido na Basteira; desde uns metros mais adiante, na a horta da Lentelleira, dominábase aló abaixo todo o Porto. Chámaselle tamén “A Concha”. Cheo de embarcaciós, grandes e pequeñas: os barcos pesqueiros, pasando polas motoras, hasta as pequeñas gamelas. Unha vez estivéramos nunha destas Pepe Couce (era coadxutor) e mais eu movendo as poteras a ver si se enganchaba algún calamar, pero debían de estar dormindo a sesta que non aparecían. Dende alí –desde a Lentelleira- podíanse ver ben as marcas (unas táboas pintadas) que se poñían pola banda do muelle para chamar ós homes de toda a aldea a embarcar: en canto se vía a marca posta, xa meu tío Secundino collía o carabel cunha caldeireta de leite e pan e a roupa de augas e baixaba ó peirao.                                                                                                                          Os barcos tiñan o seu nome de matrícula, pero chamábaselles polo nome popular: O Caldorrio,A Lebracha, O Xarampón,O Funga,etc..

Volvendo a casa de miña avoa. Era pequena, e as ventás do sobrado non tiñan contras (non chegaba a electricidade ata alí). Por iso de noite, cada intre, o relampo do Faro da Estaca, que quedaba aló ó fondo, pasadas as crestas blancas de Pedramea, alumeaba todo o interior da casa.

A lancha da vila

Como miña mai traballaba servindo na Vila (Santa Marta), para ir a vela tíñamos que ir na lancha desde Sismundi, na de Enrique de Santos ou na de Calderón. Casi sempre íamos a véla, porque o motor poucas veces se usaba pola escaseza de gasolina. ¡Canto medo temos pasado cando facía vento e todo se movía! Eu agarrábame á borda, pensando que así ía mais seguro. Choraba e berraba por miña tía que trataba de calmarme sen conseguilo. Outras veces disfrutábamos da viaxe mais tranquilos. Cando cadraba baixamar tíñamos que ir pola area de Cabalar: pasábamos o cano cos da Punta. Tamén era divertido, porque a area era mollada,por veces dura e gris, por veces branda para meter os pés e deixar as pegadas, despois volvíase seca e branca…

Unha vez viñera Franco a Santa Marta, e as autoridades obrigaron a todolos barcos de Cariño a carrexar xente para a Vila. Fora muy difícil, porque tuvera que ser na pleamar; e aínda así había pouco calado. Despois de pasar a Barra (os baixos da entrada da ría), había que ir polo cano, que tiña o seu punto mais fondo no “Pozo do Cadelo”, frente ao malecón de Ortigueira. Tamén o invitaran a una merenda no Souto de Miñaño, e o coro da Vila cantáballe dende as lanchas.

A pesca

Os barcos de Cariño andaban “á tarrafa”. Saían ó solpor, remolcando una lancha, e, mar adentro, largaban a rede.( Aínda faltaba moito para que se comezase a pescar “ó pincho”: unas cestas pesadas que se fondeaban en altamar e ceibaban para riba unhas liñas cos anzois) Pescaban sobre todo sardiña, chicharro, bocarte, agulla…. Todo peixe azul, que iba para as fábricas e para vender no mercado da Vila e polas aldeas. Carrexábanno as peixeiras. Eran famosas “As Canteiras”, que levaban na cabeza o seu cesto có peixe ainda rebulindo. En cambio na ría pescábase o peixe blanco (maiormente os da familia do “Pinche”). Había de todo: desde munxes e robalizas, lenguado e rodaballo, salmonete, crego, pancho, congrio, anguía e hasta reo –pola banda de Mera-; e despois moito “marisco”, que así se lle chamaba ao berberecho, pola cantidade que se collía que ata os camiños e carreiros estaban sementados de cascas brancas, que estalaban debaixo dos pés segúndo andabas. Miña mai cocíaos e gardábaos nunha cunca grande (moitas veces iba eu roubar unha presa), para despois facer guiso,empanada, tortilla… hoxe diríamos “delicatesen”. As artes da ría eran: “a cacea” e “a rapeta”. A primeira era una liña con anzol, e a segunda era una pequeña rede.

Cando xa medrara (7-8), encantábame saír un pouco a remar pretiño do Malecón nun bote de dous remos que me prestaba un amigo. Miña mai controlábame desde a ventá que daba ó peirao, e dende o piso de arriba, donde vivía un cabo da G.C., berrábame a nena pequeña, Yolandita, “¡Rotenino,Rotenino”!                                                                                                           En cambio na pesca nunca tiven sorte. Pescábamos desde o malecón ou no Peiral (debaixo do cementerio da Vila). De cando en vez algún “lorcho”,que eran unos peixiños incomestibles.                                                                                                        Tampouco fun capaz nunca de nadar bén. Pode ser polo pánico que collía cando miñas primas me levaban de pequeniño a Praia da Basteira,donde reventaban, bruando, os cachóns; ou pola miña pouca capacidade torácica.                                                                                                                                A xente maior, salvo raras excepcións, non se bañaba. Os cativos e os mozos íamonos bañar ó Malecón ,ao Peiral, ou a outro sitio, cerca de Miñaño, que lle chamaban O Mourón. A grande Praia de Morouzos era coma se non existira… (hasta que viñeron os “Celtas”). Esta e outras praias non eran sitio de lecer, senón de traballar: recollendo a ceba (algas de abono), area para a construcción, ou andando ás ameixas, ós longueirós ou, como xa dixen, aos berberechos.

Os afogados

As veces había afogados. Viñan unos lanchóns cargadiños de área coa auga lamendo as bordas: una mala maniobra… e o mar tragaba todo. Otras veces eran outro tipo de desgracias e ata había quen se tiraba ó mar para morrer. Recordo que en Cariño os “xuramentos” que mais se escoitaban na conversación eran “o mar mi coma”

“¡Qué cara tés,e qué narís,

o mar mi coma si non pareces una perdís!

“ o mar mi traghe” ou “o mar mi deixe”.

Pois iso; cando había afogados todo era unha tristura. Os homes íanse –ás veces mais de un día- a percorrer a ribeira palmo a palmo, porque o mar casi sempre acaba devolvendo o que traga. Cando aparecía o corpo, facíase o funeral e enterrábase. Desta maneira pechábase o dó (duelo) e todo iba volvendo á normalidade.

O “vello das pedras”

Pegado ao malecón da Vila había un peiral de pedras grandes e redondeadas con un aspecto un pouco estrano. Durante algún tempo andivera nelas un señor maior-paréceme que era belga-, que as escollía e as mandaba para fóra. Vai tú saber naqueles tempos da II Guerra Mundial qué se sacaba de ahí, como do wólfram ou da mina da Capelada…. De noite sobre todo, oíase ó lonxe o bruar dos canóns, que non se sabía ben si eran combates no mar ou disparos da Artillería de Costa que estivera algún tempo acuartelada no Hospital Vello.

Os barcos de cabotaxe

Malia o pouco calado da ría, de vez en cando atracaban no Malecón uns barcos costeiros con “fondo de sartén”. Traían sal e outras mercadorías menores e cargaban troncos de pino (por iso se lles chamaba ás veces “pineiros”). Casi todos eran dunha armadora vasca que se chamaba “Chacartegui”. Qué fachendosos estábamos na Vila cando atracara o maior deles,o “Juanita de Chacartegui”,que botaba o fume por unas chimeneas horizontais, a babor e a estribor. Na escola non falábamos doutra cousa.

*******

50 anos mais tarde

(Como nas pelis)

Cando xa estaba de cura na Parroquia de Nª.Sra. das Dores levei un grupiño de rapaces á Pedra para facer una acampada en Quintián, nunha finca de miña tía María. Pasáranno mui ben entre marchas, baños, reuniós ao aire libre e outras actividades. O home de miña curmá Pura, Manolo “O Coquis”, invitáramos a dar unha volta no seu barco, o “Ria de Ares”. Aquello fora una aventura memorable para todos. Manolo preparáranos no mismo barco sardiñas asadas con cachelos e viño. Ao ir, dobramos o Ortegal cos seus Aguillós e o barco brincaba coma un cabaliño novo: todo eran risas e festa. Fondeamos a altura de S.Andrés para comer; pero alí o barco bailaba “swing”, e empezóu a bailar tamén a nosa tripa… Mágoa que o primeiro que “devolvéu a peseta” fun eu, o xefe do grupo. A volta todos viñamos mais caladiños e adormiñados. Pero tivéramos moito que contar.            

E, por esta vez xa acabo.                                                                                                                                                                                                                                                                                                Perdoádeme se en algún momento vos fixestes un lío entre o mar de Cariño-A Pedra e o da Ría de Ortigueira: síntoo, pero eu andaba polos dous…

Rosendo Yáñez Pena. Ferrol, 5 de Xuño de 2.016.

(¡Ay! E graciñas a meu primo Carlos e a miña prima Dolores, que correxiron e melloraron este texto).                                                                                                        

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*