Mondoñedo concede a Medalla de Ouro ao Seminario polo seu labor educativo

Entrega da medalla de Ouro por parte da alcaldesa Elena Candia. JOSÉ Mª ÁLVEZ

Entrega da medalla de Ouro por parte da alcaldesa Elena Candia. JOSÉ Mª ÁLVEZ

 

Unhas 250 persoas, entre profesores e alumnos, moitos deles acompañados polas súas esposas, reencontráronse o sábado en Mondoñedo, enchendo de novo de risas, bulicio e confidencias o Seminario de Santa Catalina, ao que volveron para participar na homenaxe á institución, a primeira que recibe a Medalla de Ouro do Concello mindoniense, en recoñecemento ao labor educativo desenvolvida durante séculos e que vai unida á súa historia.

A alcaldesa, Elena Candia, foi a encargada de entregar a medalla ao reitor, José Belo Lagüela, recordando que coa concesión, froito do acordo unánime da corporación, “distinguimos a un centro que prestou un invalorable servizo e unha incalculable contribución á historia de Mondoñedo e á sociedade en peral”. (El Progresso)

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *