Ramón García García

Ramón García García Sante Trabada (Lugo) Alias: Ramon Maria del Valle-inclan Seminarista 1970-1975

Ramón García García
Sante Trabada (Lugo)
Alias: Ramon Maria del Valle-inclan
Seminarista 1970-1975

Dende a perspectiva que dan os cincuenta e tantos anos, oteanse moi lonxanos,aqueles nos que fun seminarista, e máis ainda os recordos de persoas e acontecementos.

Pero no fondo,sempre perdura a esencia do que foron aqueles anos.

Non saín Poeta,Escritor, nin Cura tampoco,pero o paso por o Seminario quedou grabado,e quizás contribuiu a influenciar o que fun,e son durante a miña vida.

Estas liñas, a parte de seren un homenaxe a esa Institución que tantas persoas ilustres deu a nosa terra,quero que sexan tamén un homenaxe as personas que fixeron o posíbel para que eu fose seminarista. En primero lugar, a meu tío: Uxio Garcia Amor, creo que ben conocido por todos, en segundo lugar a meus pais, e por ultimo a outro tío meu, tamen seminarista: Xose Garcia Amor. Sen o seu apoio, o meu paso polo Seminario non houbese sido una realidade.

Por outra banda,non quero esquecer as persoas que intentaron buscar en nós a suposta vocación sacerdotal coma Félix Villares, Diario Valea, Juan Rodriguez, Luis Ledo, entre outros, para todos eles o meu recoñecemento e gratitude.

Dos anos que estiven ali, o que recordo con mais ou menos claridade son aquelas saidas dominicales por Mondoñedo, os paseos, o Padornelo, a Estelo e os Picos.Con especial admiración a festividade de Sta. Catalina con loa celebración dos xogos Olímpicos: atletismo,fútbol, baloncesto, voleibol, lanzamiento de peso,pértiga, disco e un largo etc. Todo un luxo para aqueles tempos, como os campeonatos provinciales nos que tan bos postos ocupabamos. O deporte, era una das principais actividades.

Nesta etapa de Seminarista hai que destacar una segunda fase,na que deixabamos de estar internos, a pasar a semilibertade,na que iamos a estudiar ao Instituto S Rosendo o Bacherelato.Nesta época, peligraron moitas vocacions que aparecían,e as que podían aparecer, xa non se mostraban. De esta etapa tamén me gustaria, recordar a personas que dunha forma ou de outra,influiron na miña vida. Os profesores do instituto de Mondoñedo: Mayan,Puchades, Lina Oses, Carmen Maseda, e especialmente a Angeles Ron Rodriguez. Todos eles,podese decir que foron a nosa familia durante aqueles anos.E dentro de toda esta familia, non quero olvidar aos meus compañeiros,que a estas alturas da vida,alguns xa non recordo,e que por tanto lles pido perdón. Unha mención especial para un de eles, “Eugenio” primo meu,e compañero de fechorías ,especialista en afinado de guitarras, e virtuoso do órgano. El sabe a que me refiro. Remato xa este testemuño, porque podería encher moitos folios e non quero aburrir, esperando que serva, ademais de gratitude ,de recordo para quenes coma min foron seminaristas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *