Televisión de Galicia

Television de Galicia Seminario Mondoñedo

E tamén en Mondoñedo, os alumnos do Seminario volveron hoxe ás aulas .
Uns 200 ex-seminaristas rendéronlle homenaxe á instución relixosa pola súa contribución ao desenvolvemento cultural do país.

O seminario de Mondoñedo mantivo a súa actividade docente dende o último terzo do século XVI ata hai dous anos. Durante moito tempo a institución foi eixe dinamizador da cultura galega. Hoxe uns 200 ex-alumnos non ordenados, volveron ao centro para recoñecer o labor da institución.

O seminario, estivo situado incialmente nunha casa do centro da cidade que axiña quedou pequena… Era a única alternativa para os rapaces do rural que desexaban continuar a formación, despois da escola unitaria.

Neste día de recoñecemento, o Seminario recibiu tamén a Medalla de Ouro do Concello, concedida de xeito unanime pola corporación municipal.

Ver o video pinchando na foto o aquí

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*