Todo García Castro en «Amencer»

Xosé María Díaz Castro en plenitude. Así aparece na revista «Amencer» (xaneiro de 2014) o eximio poeta de Guitiriz, formado no noso Seminario e protagonista o pasado ano do Día das Letras Galegas, en coincidencia co centenario do seu nacemento. A revista, editada polo Seminario e a asociación «Amencer», de Mondoñedo, disecciona a vida de Díaz Castro, desde os seus anos de seminarista entre 1929 e 1940, e a súa obra intelectual. Ademais do rigoroso traballo documental da propia redacción da revista, neste número especial figuran colaboracións, ao redor de Díaz Castro, de Enrique Cal Pardo, Félix Villares Moutueira, Armando Requeixo, Xulio Xiz, Xosé Manuel Carballo e Xosé Otero Canto, así como unha entrevista con Alfonso Blanco Torrado e fotografías de Carlos Rodríguez. Por riba, a revista ofrécenos unha copiosa selección de poemas descritiva da obra poética do noso autor.

Revista Amencer

Pincha aquí para descargarte la revista. 


Revista Amencer n.226

Revista Amencer n.227

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*