Todos con Don Eugenio

 

Sus compañeros en el sacerdocio, sus antiguos alumnos, sus feligreses viejos y recientes, sus amigos de la cultura, paisanos y autoridades, esa entera y nutrida familia que acompañó a Don Eugenio a lo largo de su vida estuvo cálidamente a su lado el sábado 10 de noviembre, en su Villalba de adopción, en un doble abrazo de oración y de amistad. Don Uxío cumplió el día 7 pasado sus primeros 90 años y sus amigos no desaprovecharon la ocasión para decirle al anciano pero resistente sacerdote que su vida ha dado un fruto fecundo.

La primera cita era a mediodía del sábado en la parroquial vilalbesa de Santa María, donde se ofició una misa concelebrada, con asistencia del vicario general de la diócesis, Antonio Rodríguez Basanta; el párroco titular de Vilalba, Antonio Domínguez; el rector del Seminario, José Bello Lagüela,  y otrs sacerdotes próximos al homenajeado. Seguidamente, la fiesta profana, con un almuerzo en el restaurante El Montero de Goiriz.

La otra cara del homenaje espontáneo corresponde a los numerosos testimonios de admiración y afecto que ha recibido Don Uxío en estas fechas. Y, como verba volant scripta manent, recogemos seguidamente algunos mensajes de algunos  fueron en su día alumnos de Don Eugenio en las sulas de Mondoñedo y compañeros más tarde en la vida pastoral de la diócesis. Esta páginas acogerán gustosamente cuantos testimonios deseen hacernos llegar.

Académico de San Rosendo

Pocas fechas después de este homenaje, se hace pública la elección de Don Uxío como miembro numerario de la Real y Pontificia Academia Auriense Mindoniense de San Rosendo, donde tienen asiento personal.idaddes del mayor relieve de las diócesis hermanas de Orense y Mondoñedo-Ferrol. La institución tiene por objeto “tender puentes entre Galicia y todas las grandes culturas europeas, teniendo como horizonte la herencia cultural y moral del Cristianismo”.

Coplas de Don Uxío para o xantar

Noventa anos, noventa anos,

Noventa anos xa van.

Que poidamos compartilos

Nesta festa familiar.

Na tarde baixa da vida

Esamínanme do amor.

O esame xa o estoy facendo,

Que non me falte o fervor.

Nunca penséis nesta festa

Nos anos que levo andados;

Foron os meus compañeiros

Con Antonio e máis Xoan Paulo.

¡Canto teño que pagarvos

Por tanta delicadeza!

¡O corazón xa desborda

Polo agarimo que leva!

Un xantar tan compartido

No restaurante Monteiro

É la coroa máis grande

Que poido lucir de vello.

 

Uxío, o ben nado

 

Por Francisco Martínez Sánchez (Pacurri)

 

Non quixera, neste ledo día do teu aniversario, querido Uxío, embazar os lazos da túa humildade tan característica; pero, se “a verdade é humildade”, deixa que o meu corazón se abra ao recordo franco dos meus anos de alumno, primeiro, e de compañeiro en docencia e pastoral, á túa beira, anos mais tarde. Ti fuches peza axeitada no puzle da miña educación, xunto a esa excepcional dinastía formada polos Porta, Prieto Verdes, Fernández e Fernández, Xosé Mari, Xaime, Dino, e un longo etcétera.

Amigo Uxío, a túa vida sempre estivo marcada pola coherencia e o compromiso humano e sacerdotal. E esa esencia divina, coa que o bo Deus te adornou,  pola súa graza, tocounos a min e a moitísimos mais. ¡Brindo por iso!

Sempre te recoñecín como auténtico, medularmente auténtico. Así, tiven a oportunidade de dalo a coñecer ao meu ben querido bispo en Francia, seguindo unha carta túa onde me pedías que volvese á diocese. O teu silencio posterior foi moi elocuente. Fixéchesme  ver, e así ata  hoxe, que a mediocridade non tivo destino na túa vida.

Estreando o meu sacerdocio, tiven a fortuna de uliscar de preto o teu “olor a ovella” nos teus tempos de cura rural de Fórnea. Foi pouco tempo, pero abondo para deixar ben estampado en min ese mundo evanxélico que levabas dentro. Outro tanto dirase do teu paso por As Pontes e Vilalba.

Dos meus tempos de estudante, recordo as túas clases ben documentadas, sen facer alardes da túa sabedoría. A ti déboche o gusto pola poesía e a Sacra Escritura, que, groliño a groliño, arribou en min. Neste intre, lémbrome dos teus poemas, na revista Estría, e das correccións que me facías nas miñas primeiras poesías, ou a ilusión que creaches en min para que ampliara estudos en Madrid e posteriormente en Lyon!

Fuches, e es, poeta orixinal. Veño de constatalo, una vez mais, achegándome á túa alma, a través do teu libro de poemas titulado “Poemas da miña vida”, que puiden conseguir por internet. Xenial.

Asceta e místico, daquela ata hoxe. Compromiso teu fundido na miña alma, dende a adolescencia… ata agora, xa longamente septuaxenario.

Exemplo de perseveranza, introducíndote, xa maior, no mundo da música, coa guitarra, o harmonio, a scholado Seminario, o Orfeón de Mondoñedo, a coral de Vilalba… Lograches que máis de un andásemos remando a través de pentagramas.

Hoxe, dende Granada, vexo a un home, ben nado, co evanxeo pegado ao seu corazón, sen arrialo xamais, ata o atardecer dos seus anos, -noventa ledos anos!-, cubertos de servizo, sabedoría e humildade, sen ambigüidades. E ese elo ti!

Un día, alá lonxe, premiaches, nun concurso, o meu slogan: “El sacerdocio es cantar la cruz sin bajarse de tono”. Pois ben, cheo de gozo, “devólvoche” agora o premio, porque ti, músico excepcional, xamais te baixaches de ton ao cantar, a diario, o teu sacerdocio.

Graciñas, Uxío, Eugenio, o ben nado! Pido ao noso Pai do Ceo que nos conceda a graza de chegar a festexar ledamente o teu centenario. Polo menos que nolo conceda a cantos quixemos emularte e quedamos no camiño.

Homenaxe ao querido mestre D.Uxío, pastor e sementador da Palabra

 

Por David Corral

 

Estes versos quixeran ser poesía,

palabras nacidas para canto

tecidas  con fíos e encaixes

para  honra e loanza deste día.

Facías o labor coa esperanza firme

 de quen vai sementar leiras pequenas;

leiras de seu con sementes escollidas

que han dar froitos doces nos seus días.

Deixar caer paseniño a semente

en campos de lentura ben labrados

onde aguanten o sol e a xeada

e os reguen as choivas e o orballo.

Xente deste país que abra camiños,

 que amen a cultura e os seus eidos,

abertos ao mundo e ao progreso

sen romperen as raíces que os sosteñen.

Para un crego rural que diso se prece

non hai mellor galardón na súa andaina

que ver os froitos que florecen

no fondo e raíz das súas almas.

Madureceu  a vida na loita e no traballo,

 no afecto nobre e fiel entrega

dando sen medir nin levar conta

de canto se dá sen agardar pago.

Pasou a primavera de ilusións prendida

e amosa o outono agradecido

dourado de froitos que se ofrecen

 e colman, Uxío, a ledicia deste día.

Almuerzo de confraternidad en Goiriz

Concelebrantes en torno a don Uxío

Antonio Domínguez entrega al homenajeado la tarta de cumpleaños

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *