Todos somos Comisión Organizadora

O seis de decembro, festividade de San Nicolás de Bari (Santa Klaus, Papá Nöel, pregón do Nadal), estreamos a páxina web da Homenaxe ó Seminario de Mondoñedo. Este sitio acompañaranos até o día mesmo da Homenaxe. Debe servir para reencontrarnos. Desde este momento, todos somos Comisión, todos somos copartícipes nesta páxina, mediante a achega de testemuños persoais, colaboracións intelectuais ou envío de documentos. A web nace escasa de contido; pero en diante, non seremos seis, senón sesenta veces seis os encargados de mantela viva e renovada.

 Un afectuoso saúdo a todos os nosos antigos condiscípulos mindonienses.

 Francisco Cal Pardo (presidente de la Comisión),

Germán Castro Tomé,

Antonio López Díaz,

Bieito Rubido Ramonde,

Ramón Villares Paz,

Ramón Barro Bello (secretario).

 

Ver Comisión Organizadora

3 Comentarios

  1. Cando aínda non se celebraba o 6 de decembro ningunha Constitución, este día xa era IMPORTANTE no Seminario de Mondoñedo, porque no día de San Nicolás, que tampouco fora aínda mercado nin manipulado por ningunha multinacional, facía de Reitor extraoficial o alumno máis noviño e, cousa curiosa, non se botaba en falla para nada ao Reitor oficial. Non podería facerse o mesmo cos presidentes? Hoxe tamén é un día IMPORTANTE para os antigos alumnos daquela inmensísima casona. O secular Seminario sorrí, porque ve que entre os seus froitos hai alumnos moi ben nacidos, por agradecidos. Para ser agradecidos hai que conservar alma de nenos coma o Reitorciño do día de San Nicolás. Graciñas, compañeiros!

    • Querido curiña: Estupendo recuerdo. Tanto, que hemos pasado copia a la subcarpeta “Anecdotario”, para que lo encuentre mayor número de lectores.
      Unha aperta,
      Ramón Barro

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*