Carta de despedida a Ramón Pérez Díaz

Benquerido Ramón:

 

Non esquecín que teño unha cita e débeda contigo. Prometín irte ver, a Mondoñedo, o día da nosa xuntaza anual este verán en Viveiro, onde nos tocou xantar cóbado con cóbado e botar a que, vista desde estes intres, foi a nosa derradeira parrafada. Canto sinto non ter asistido onte ao teu funeral corpore insepulto na igrexa de Santiago! Desgrazadamente, veño de enteirarme agora mesmo do teu inesperado pasamento. Loado sexa o Señor porque, aínda que te arrancou, para sempre e sen avisar, de entre nós, agora estarás gozando —non teño a menor dúbida— do premio eterno de que, coa túa vida de bo amigo, entrañable compañeiro e sacerdote exemplar, te fixeches merecedor. Que Deus te bendiga e que descanses en paz!

Coa esperanza de poder cumprir un día a miña cita contigo no Paraíso, recibe o meu máis fondo sentimento pola túa insubstituíble perda terreal.

Álvaro Porto Dapena

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*