Eugenio Núñez Ríos, In memoriam

Por Antonio María Villar Cheda (*)

— Eugenio (derecha) el día de su Primera Misa junto a Digno Pacio Lindín

 

O pasado 30 de outubro finou en Pamplona o exalumno e profesor no noso Seminario Eugenio Núñez Ríos (A Pontenova 8- 8- 1936),  Ingresou en Lorenzana no 1950, pertenecendo a os primeiros que alí cursaron dous anos; tras rematar en Mondoñedo o que entón chamabamos Latín  e Humanidades, trasladouse a Comillas donde completou os Estudios Humanísticos, tralo que concluiu brillantemente os Filosóficos e os Teolóxicos. Alí se ordenou  o domingo de Pascua do 1963 (15 de abril),  ordenación na que por certo estivemos presentes os entón profesores do Seminario: Rosendo, Honorio, o moi recordado, admirable e admirado Digno, que actuou de Padriño de Altar na primeira Misa, amais do que escribe.

Realiza en Ferrol o «Convictorio», que se estrenaba, plantando os seus primeiros piñeiros pastorais en diversas parroquias de Ferrolterra. Tras exercer de Capelán de Emigrantes en Francia e en Alemania, «ingresa» na RACO ( Resignada Asociación de Coadjutores Oprimidos) exercendo como tal nas Pontes, donde tamén dá clases na Academia Rivera, entón único Centro de Bacharelato na localidade. Nomeado cura de Lousada, baixa un par de días á semana a Mondoñedo para impartir clases de Filosofía no seminario (Desa época probablemente lles soe a algúns «foreiros»). Profesor no Instituto de Vilalba, azar e o entrañable Anxo Felpeto mediante, marcha de profesor de Filosofía a Universidade Laboral de Eibar, de donde pasa a Director do Instituto da mesma localidade, trasladándose posteriormente a un instituto de Pamplona, cidade natal da sua dona coa que casara no Santuario de Arrate e agosto do 1975. Xubilosamente xubilado, en marzo deste ano a sua dona sufriu un gravísimo ictus cerebral, do que,»sensim sine sensu»,  se iba repoñendo baixo os constantes coidados de Eugenio; pero,como soe suceder, un é o enfermo e outro, o san, é chamado a ocupar a mansión que ten preparada «na casa do Pai», e así, tras sentirse lixeiramente indisposto o 28 e malia os coidados médicos oportunos e inmediatos, o 30 de outubro do 2022 rematou a carreira que iniciara o 8 de agosto de 1936. R.I.P.

(*) Antonio María Villar Cheda fue condiscípulo de Eugenio Núñez Ríos.

Biografía: aquí

 

1 comentario

  1. Hai uns días recibín a noticia da morte de Eugenio. Como ben di Antonio, o azar fixo que nos atoparamos un día en Vilalba e despois volvimos a atoparnos tres exseminaristas de Mondoñedo como educadores na Universidade Laboral de Eibar.
    Momentos moi difíciles nos anos 70 naquela terra. Tanto Antonio como o que escribe marchamos coas nosas familias cara a Galicia e Toledo. Non sei se Eugenio chegou a falar euskera pero o que sei é que conseguiu gañar a confianza dos eibarreses e asentar as súas raíces familiares e profesionais en Euskadi e Navarra. Con eso está dito todo
    Sempre estarei orgulloso da túa amizade e valorarei como se merece a túa entrega e vocación docente.
    Sempre na miña memoria amigo Eugenio.

Responder a ÁNGEL FELPETO ENRÍQUEZ Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*