Vicente Saavedra

Vicente Saavedra Pardo
Vicente Saavedra Pardo

Vicente Saavedra Pardo

Vicente Saavedra Pardo naceu en san Xiao do Ermo, no condado de Ortigueira, o día cinco de abril de 1879. Sendo estudante fundou con outros compañeiros no Seminario de Mondoñedo un círculo de estudos sociais titulado “Laboratorio Social”, que máis tarde se transformaría en cátedra agregada a unha coenxía. Creou ademais unha cooperativa para adquisición de libros en beneficio dos estudantes que tivo eficacia e permanencia durante algúns anos. Foi ordenado sacerdote en 1903.

 

Profesor e vicerreitor

En 1918 figura como profesor e vicerreitor do Seminario, cofundador do Centro de Acción Social Católica en Mondoñedo con fins sociais, entre os que destacan a creación da Caixa Rural, Mutualidades escolares, Homenaxe a Vellez (asinando unha pensión vitalicia a un ancián ou anciá pobre elixida dentro do ámbito diocesano). E un proxecto ambicioso que no se chegou a cumprir da creación para Mondoñedo dun centro de ensino primario e secundario, necesario daquela para cidade e a súa contorna. Dispoñían así mesmo no Centro Social de imprenta e libraría.

Consiliario dos Sindicatos Agrícolas Católicos

Pero o obxectivo máis destacado e ao que deron maior dedicación foi o relatado no artigo 2º: “propagar y vulgarizar por todos los medios lícitos las obras e instituciones sociales especialmente las de carácter agrícola”. Desde este Centro Social promoveron con gran entusiasmo por toda a Diocese a creación de Sindicatos Agrícolas Católicos sendo D. Vicente activo propagandista e animador incansable ademais de Consiliario da Federación Mindoniense de Sindicatos impulsando en toda a Diocese este novo modelo de acción pastoral sobre o campo. Colaborador da revista quincenal Acción Social, e algún tempo redactor da mesma, que levaba anexo o Boletín dos Sindicatos no que tamén colaboraba. En 1925 publica “La Caja Rural”

Tomou posesión como cóengo do Cabido Catedralicio o 29 de xaneiro de 1926, este beneficio levaba a carga de pronunciar seis conferencias anuais sobre temas de carácter social. Máis tarde desempeñaría o cargo de reitor do seminario. Faleceu sendo Deán da Catedral o 10 de maio de 1966.

Coñecendo ao vello profesor nos últimos anos de docencia, o último foi o curso 55 -56, un non se podía imaxinar o labor e o talante demostrado por este profesor nos seus anos mozos. Gratitude a D. Vicente polo seu labor e por retirarse xusto antes de que tivésemos que soportar as clases de San Pío V e as de francés.

 

Así  recuerda al ilustre rector  don José María Díaz Fernández, en uno de sus artículos dedicados al Cardenal Quiroja Palacios: «Un santo setentón, mezcla inefable de afligente austeridad y devoción a Santa Teresita».

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*