Era primavera, verdeaba o piripol nos tellados de Mondoñedo e o cuco alegraba as mañás enseñorado no bosque de Silva. Nunha desas mañás lía o discurso de entrada na Real Academia Galega o novo académico numerario Álvaro Cunqueiro no salón de actos do Seminario de Santa Catarina. Era o 21 de abril de 1963 e nunca a Real Academia Galega celebrara un acto así fóra da súa sé, e tivo que ser en Mondoñedo e no Seminario ateigado de xente vida de distintos puntos do país e coa presenza dos seminaristas que tiveron a honra de asistir a un acto cultural tran relevante. Desprazáronse a Mondoñedo parte dos membros da Academia e outros enviaron a a súa adhesión En lugar preferente o bispo D. Xacinto Argaya, gran amigo de Cunqueiro, e diversas autoridades civís.
Os Tesouros de Galicia
Ante o presidente, Martínez Risco, o secretario e tesoureiro da corporación académica iniciou o seu discurso un dos mellores fabuladores da nosa cultura, que principiou loando ao gran poeta Cabanillas que deixara a cadeira que el agora ía ocupar. O tema non era outro que o mito dos resouros tan arraigado na imaxinación da xente e tan desenvolto na literatura máxica popular na que Cunqueiro se mostrou verdadeiro mestre; afección que alimentara desde neno coas historias contadas no círculo familiar e aumentara despois na escoita apaixonada dos paisanos que se achegaban á botica de seu pai, a barbería do Pallarego ou conversando con eles de vagar en plena rúa.
Tesouros novos e vellos
“Polo prometido en Mondoñedo ao meu bispo e señor Dom. Jacinto Argaya Goicoechea, o día da miña recepción académica quero escribir aquí a máis cordial e agradecida das dedicatorias.” Así escribe D. Alvaro no comezo do libro Tesouros novos e vellos que recolle o discurso do novo académico e a resposta de benvida do seu conveciño e amigo D. Francisco Fernández del Riego que despois de describir o perfil humano de Cunqueiro fixo un repaso pola creación literaria do escritor – poética, narrativa e teatral – para rematar loando a erudición e o sentido máxico desenvolvido polo novo académico mindoniense. .
Cunqueiro e o Seminario.
Dentro do variado escenario que compón a súa querida cidade natal non falta nos seus artigos periodísticos a alusión ao Seminario Desde fóra polas ventás enreixadas ten escoitado a declinación latina en voz de tiple ou os versos en exámetro do profesor D. Francisco Fanegor. Así o podemos ver no artigo Las Flores Latinas ou nestoutro artigo de El Envés falando de As Sa Lucas
“Ya tengo dicho cuan bello y perfecto me parece que se venda el barro bien vidriado y antiguo al pie mismo de las aulas donde suenan las flores latinas. A través de las enrejadas ventanas los que leen a Virgilio y Horacio pueden ver el mercado, como lo contemplarían Pastor Díaz,Noriega Varela o Iglesias Alvariño.
O cantar das Curuxeiras
Non podía faltar neste singular evento o agasallo do seu amigo e barbeiro de cámara O Pallarego, musico, musicólogo e director da agrupación El Eco e máis tarde da Rondalla Mindoniense. Na súa barbería falábase e discutíase de todo; entre músicos a polémica chegaba a límites moi estritos de afinamento para dilucidar en que nota cantaba o grilo e en cal soaba a frauta do sapo.
Para esta ocasión Manuel Ledo Bermúdez, Pallarego, recolleu un canto típico dun barrio preto da cidade e rimouno para homenaxear ao amigo Cunqueiro..
Veño de vela do alto
a vila de Mondoñedo.
Veño de vela do alto
pola mañanciña cedo
Camiños me levan,levan,
camiños me van levando,
tamén eles me han traguere
a Mondoñedo cantando.
Ábrelle á vila as portas
miña galana,
ue che traigo do monte
unha alborada.
Chegareime cantando
baixo baixiño,
cal si esperta na noite
un paxariño.
Dejar una contestacion