Escola poética mindoniense, por Félix Villares

Félix Villares
Félix Villares

Félix Villares Mouteira. (De su libro Un alpendre de sombra e de luar. Biblos, 2007. Pág. 99)

Este libro, ó que dan título unhos versos de Aquilino Iglesia Alvariño, pretende ser un achegamento ós vates que conforman a chamada Escola Poética do Real Seminario de Santa Catalina de Mondoñedo, chamada tamén Escola Literaria Diocesana. O lector vaise atopar coas páxinas máis representativa dos poetas, mindonienses ou non, formados nas aulas do Seminario da cidade de San Rosendo. Á beira das grandes estrelas, o lector atopará outros pequenos luceiros que puxeron tamén o seu grao de área a prol da literatura de Galicia. Todos eles teñen –todo hai que dicilo- un certo aire de familia.

Autores en galego e castelán

Neste volume o lector atoparase cos poetas formados no Seminario mindoniense que escribiron os seus versos na lingua de Rosalía. Moitos deles escribiron tamén en castelán, o mesmo que algúns outros que só o fixeron na lingua de Cervantes. Aí queda un eido, ainda virxe –o da poesía en castelán dos poetas do Seminario mindoniense-, como queda tamén o eido da prosa. Compre sinalar, por oura banda, que algún dos poetas ainda vivos e cunha ampla obra en castelán, pero cun algún que outro poema en galego, non se considerou merecente de figurar nesta Escolma. Decisión que, por suposto, respetei, aínda que lamentándoo. Os poetas van situados por orden cronolóxica.

 Notas biográficas

Nesta Escolma os textos van precedidos dunhas notas biográficas de cada poeta máis ou menos amplas. En canto á selección dos textos, coido que aparecen –polo menos des o meu punto de vista- as páximas máis representaivas e senlleiras de cada poeta. Dangúns reprodúcese toda a súa obra poética xa que non hai no mercado edicións na actualidade, como poden ser os casos dos Cantores de Nadal, Pastor Díaz, Chao Ledo, Fanego Losada, Trapero Pardo e outros.

Compre sinalar que á hora de escoller os textos, apareceron bastantes dificutades, xa que moitos destes poetas só publicaron as súas poesías en xornais locales de Mondoñedo, Vilalba, Viveiro, Ortigueira, etcétera, ós que moitas veces non é doado chegar porque ou ben non se conservan exemplares ou porque os que os teñen non permiten traballar con eles.

Labor do Seminario a prol da cultura

Por último, dicir que o que se pretende con este volumen é dar a coñecer a obra de todos estes poetas e recoñecer a labor feita polo Real Seminario de Santa Catalina de Mondoñedo a prol da Cultura e da Literatura de Galicia. Recoñocemento que sería oficial se, como se pedíu desde varios estamentos, se lle dedicase o Día das Letras Galegas á Escola Literaria Diocesana.

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*