Licenciado en Teología pola Universidad Gregoriana de Roma, de la que fue profesor, y en Filosofía por la de Santo Tomás de Aquino (la Angelicum, de los dominicos) en la misma ciudad. Se ordenó sacerdote en 1971. Licenciado en Filoloxía pola UNED e doutor pola Universidade da Coruña. Mestre de Teoloxía no Seminario de Santiago de Compostela. Deu clases de lingua inglesa en Ferrol, e na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra, da Universidade de Vigo.
Obra publicada
Foi membro fundador das revistas Boa Nova, O Tempo e o Modo, Agália, Estudios Mindonienses e Encrucillada, da que tamén foi membro da redacción. En 1977 gañou o Premio Fernández Latorre de xornalismo, concedido por La Voz de Galicia polo artigo «Integración lingüística galego-portuguesa». Participou na tradución do Novo Testamento ao galego.
L i b r o s
Poesía
Quince poemas seus aparecen no libro Un alpendre de sombra e de luar. A escola literaria da diocese de Mondoñedo-Ferrol (Félix Villares Mouteira, 2007). Deles, catro son de temética relixiosa (de Nadal), tres sobre a lingua galega, dous adicados ao Camiño de Santiago e dous sobre Pontevedra.
Ensaio
- Directrices para a reintegración lingüística galego-portuguesa (Ferrol, 1979).
- Método prático de língua galego-portuguesa (Ourense, 1983).
- Carvalho Calero e a sua obra (Edicións Laiovento, 1993).
- Oxalá voltassem tempos idos! Memórias de Filipe de Amância, pajem de Dom Merlim (Edicións Laiovento, 1994).
Obras colectivas
- Por um galego extenso e útil (Através Editora, 2010).
- Carvalho Calero atual (Através, 2012).
Obra destacada en revistas
- Na morte de Rodrigues Lapa. Artigo na revista Agália, nº 17, 1989.
- As sete cantigas de amor de Dom Dinis do fragmento Sharrer. Agália, 1997.