Unha verdadeira Escola poética, por Félix Villares Mouteira

Un alpendre de sombra e de luar

 Félix Villares Mouteira. (Un alpendre de sombra e de luar. Biblos, 2007. Pág. 14).

O Real Seminario de Santa Catalina de Mondoñedo tivo, e podemos dicir que tivo e segue a ter, una gran importancia dentro da cultura galega. Si botamos una ollada á Historia da Literatura Galega, vemos que, hata hai pouco tempo, a totalidade dos escritors do norte da provincia de Lugo pasaron polas aulas do Seminario mindoniense ou estiveros, dangún xeito, vencellados a él a través dalgún dos seus profesores ou a través do contacto con de alumnos que alí cursaban os seus estudos. Podemos dicir que non hai en Galicia, fora da Universidades de Santiago de Compostela, un centro de ensino polo que teñas pasado tantos e tan egrexios escritores. Este e un feito que está aí e que inguén pode negar.

Prestixio do Seminario

É evidente que isto ten as suas explicacións, como imos ver. Por una banda, o Seminario de Mondoñedo foi, durante moitos anos, o único centro de ensino superior que había en todo o norte da provincia de Lugo. Por outra parte, era un centro barato e, xa que logo, asequibe ás economís rurais de por sí moi modestas. A isto hai que engadir o grande prestixo que tivo o Seminario en tempos de Carlos III en en anos posteriores. Por último, ourra vrazón pola que saíron tantos poetas e escritores é que o Seminario tiña un bo planteal de profesores que animaban ós alumnos a escribir.

Ata hai poucos anos, a maior parte dos escritores do Seminario de Mondoñedo foron poetas. Así, os escritores da Literatura Galega falan, ó refererirse a estos escritores, da chamada Escola poética do Seminario de Mondoñedo. Manuel María, en Noticia da vida e poesía de Xosé Crecente Veiga, publicado en Coimbra, di:

“O Seminario de Santa Catalina de Mondoñedo ven a ser o eixo sobor do que xira, dende hai séculos, a vida intelectual da cidade. O Seminario de Mondoñedo é una escola, ó menos dendes o século XVIII, da poesía galega que chega deica os nosos días. Importantes poetas galegos se formaron nas suas aulas”.

Nomes notábeis da Escola Poética

Todo los críticos e estudosos da Literatura Galega recoñecen a existencia e a importancia desta Escola poética da que forman parte, entre outros, Antón María de Castro e Neira, Lois Corral Rodríguez, Xosé María Corral Rodríguez, Xacinto Romualdo López, Pascual Saavedra, Nicomedes Pastor Díaz e Corbelle, Xosé María Chao Ledo, Francisco Paula Buón, Felipe Lence Pérez, Manuel Leiras Pulpeiro, Antón Niriega Varela, Manual María García Castro, Leoncio López de las Casas, Antolín Santos Mediante Ferraría, Francisco Amor Méndez, Celestino Cabarcos Suárez, Daniel Pernas Nieto, Ricardo Bodenlle Corral, Francisco Fanego Losada, Manuel Rico Prieto, Fernando Pérez Barreiro, Manuel Pérez Pérez, Xosé Crecente Veiga, Xosé Trapero Pardo, Xosé García Cascudo, Enrique Chao Espina, Aquilno Iglesia Alvariño, Antonino Roca Roca, Xosé María Díaz Castro, Xosé Antón Rivas Reigosa, Anxo Seijas Cendán, Benxamín Gonz´lez Quelle, Uxío García Amor, Carlos Díaz Sante, Xosé Ramón Goás Gómez, Amador R. Fernández Mejeras, Xosé Charo Rego, Xosé Manuel Vázquez González, Anxo Ferreiro Currás, Xosé Bello Lagüela, Lázaro Domínguez Gallego, Pedro Díaz Fernández, Bernardo García Cendán, Antón Martínez Barcón, Marcos Mariño Parapar Lago, Ricardo Timiraos Castro, Wenceslao Vila Poupariña, Xosé Martinho Montero Santalha, Segundo Leonardo Pérez López, Vicente Miguel Salgueiro, Xesús Lustres Blanco, Luis Miguel Lustres Blanco, Camilo Valdeorras, Josechu Arteada Díaz.

Outros autores

Polas aulas do Semiario de Mondoñedo, además deste poetas, pasaron outros escritores que non cultivaron a poesía ou sí a cultivaron, pero que teñen publicados varios libros, sobre todo de investigación, como poden ser Enrique Cal Pardo, Santos Sanristóbal Sebastián, Xosé Chao Rego, Xosé María Fernández e Fernández, Digno Paio Lidín, Xosé María Díz Fernández, Seundo Leonardo Pérez López, Xosé Manuel Carballo Ferreiro, Xosé Martinho Montero Santalha, Ramón Villares Paz, Manuel Rivas García, Antón Costa Rico, Xosé Rubal, Camilo Valdeorras e algún outro que pode quedar no tinteiro.

Características literarias comúns

Como podemos ver, a nómina de poetas que pasaron polo Seminario de Mondoñedo é ampla. En todos eles atopamos unas características común, que son as que fan que, en realidade, se poida falar dunha Escola poética, dunha mesma familia poética. Velaquí as características:

  1. En todos eles se deixa ver una fonda formación humanística que recibiron no Seminario e que reflexarán nos seus poemas.
  2. Outra característica é que beben nos clásicos latinos cos que se puxeron en contacto nas clases de Latín. Isto pode verse polos títulos dos poemas en latín, polas citas dos autores latinos, pola imitación das formas poéticas latinas, e mesmo, moiotos destes poetas traducenós clásicos latinos.
  3. En todos estes poetas déixase ver una fonda preocupación pola fala e todos teñen una gran riqueza léxica´. Están en contacto coas xentes do pobo e recollen voces, xiros, refráns, etcétera. O léxico dos seus poemas é o léxico que empregan os seus vecinos.
  4. Tódolos poetas do Seminario están nunha liña poética popular e costumista. Os exemplos que se poderían poner son moitos. Abonda con ler os poemas O Galo, de Noriega Varela; A Romería ou A Noiteboa e 1871 cantada por un peilao, de Chao Ledo; As greas e As San Lucas, de Pernas Nieto.
  5. Tódolos poetas da Esola do Seminario son os cantores das cousas pequeñas, teñen un afán e un amor franciscanista polas cousas humides e senxelas.
  6. Nos poetas do Seminario hai un predominio do descritivo sobre o lírico.
  7. Por último, outra característica dos vates da Escola poética do Seminario de ondoñedo e o tema relixioso aparece na súa poesía. Iso, ainda naqueles máis anticlericais, coo Leiras Pulpeiro. As mostras poderían ser moitas. Una parte deste poetas do Seminario componen versos Nadal para seren recitados nas igrexas polo Nadal, tradición que comenza no século XVIII e chega deica ós nosos días.

(O autor ilustra cada unha destas características con exemplos ilustrativos que, pola súa extensión, exceden as pretensións desta páxina. O libro contén poemas de 51 autores da Escola poética mindoniense)

Estas son as características xerais que podemos atopar na obra da maior parte –ou, polo menos, dos máis significativos- dos poets que pasaron polas aulas do Real Seminario Conciliar de Santa Catalina de Mondoñedo e que permiten afirmar que estes poetas constitúen unha Escola poética, a Escola poética do Seminario de Mondoñedo.

 Bo e reollen voces, xiros, refráns, etcétera. O L. Están en cntacto con xentes do po.

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*