As lecturas no noso Seminario

Por Rosendo Yáñez Pena (1)

 

Quede claro que só vou a falar dos anos que pasei no Seminario como alumno: 1945-1956.

1.- O que nos lían

Tanto no Menor coma no Maior ó desaiuno leían a Imitación de Cristo de Tomás de Kempis. Fixera gracia cando un dixo “Imitación de Kempis por Tomás de Cristo”, pero aínda fora mais celebrada a frase do que leéu na “San Pablo, apóstol de Cristo” de J.Holzner: “Grande era en Éfeso el c.l. de Artemisa”, cando debería decir el culto. Isto fora no Maior, e todo o comedor estalóu nunha gargallada, porque o lector era un teólogo moi respetado e a mellor voz da corda dos baixos.                                                                                                                 Cando non había “Benedicamus Domino”, que se podía falar, tamén se lían outras como as de Carlos Mªde Heredia, S.J. como”Una fuente de Energía”, e outras que trataban do espiritismo (o “ectoplasma”), e as do obispo húngaro Mons.Tihamer Tóth como o conocidísimo “El Joven de Carácter”. No Menor tamén se lían novelas como as de Julio Verne (“Cinco semanas en globo”) ou “Una víctima del Secreto de la Confesión”,”Las Minas del Rey Salomón” ,”Los viajes de Gulliver”….. Estábamos desexando que chegara a comida para saber o que pasaba. Outros que tiñan moita aceptación eran os que escribía desde a súa misión de Alaska o P.Segundo Llorente S.J.                                                   O tema bíblico estaba presente na Biblia, de Torres Amat, pero, sobre todo, o Novo Testamento, especialmente, os Evanxelios do Cardenal Gomá. O Antigo Testamento contábase la clase de Historia Sagrada, que era mui entretida, como o demostra a siguiente anécdota:

Estaba o profesor, D. Xesús Campello, falándonos do encontro de Samuel con Saúl (I Sam.9), quen andaba buscando as burras que se lle perderan a seu pai. Pasóu un pouco de tempo e pidéu a palabra un alumno chamado Seoane, que preguntóu: “Don Jesús, ¿y aparecieron las burras?”. Don Xesús, sin inmutarse, contestóulle: “Póngase ahí de rodillas hasta que aparezcan”. Moito nos rimos.

 

2.- O que nos deixaban ler

Tiñamos una pequeña biblioteca no claustro de arriba, o lado das escaleiras. Alí había libros espirituales, como “Jesucristo,Vida del alma”, de Dom Columba Marmion, e os de aquela modernísimos da Colección Patmos. Un de moito éxito fora “El valor divino de lo humano”, de Jesús Urteaga. A mín tamén me fixera moito ben o gran Romano Guardini coa sua obra en dous tomos “El Señor”. Había varias Vidas de Xesús: a máis popular era “El Drama de Jesús” do P. Vilariño, SJ., e, xa de mais calado, a de Ricciotti e a de Papini.  De entre os libros non estrictamente relixiosos recordo a colección “Desde lejanas tierras” en plan exótico ou de aventuras: eran moitos pero sólo me acordo de “La fuente sagrada de Chichén Itzá”. Tamén estaban os de Mauricio de Oliveira sobre a Marina na Guerra Civil, muy lidos, como as novelas de Hugo Wast (Martínez Zubiría),sobre todo “El Kahal” e “Oro”…

3.- O que líamos nos

Refírome os que nos pasábamos uns os outros, baixo a mirada tolerante dos superiores, e que se tiñan no pupitre para ler as escondidas durante o estudio. Desta maneira eu lín a románticísima “Graziella”, de Alphonse de Lamartine; a”Ilíada”, a “Odisea”, gran parte do”Quijote” e algunas de Shakespeare como “El Rey Lear” e “Macbeth”. O libro mais conocido de poesía era “Las mil mejores poesías de la lengua castellana”.  En canto á prensa, nada de nada. Soamente entraba por conductos desconocidos a “Hoja del lunes” que os aficcionados ó fútbol devoraban todas as semanas, moitas veces no retrete. Tamén tiñamos una revista que creo que se chamaba “El Español”, hasta que logo aparecéu “La Actualidad Española”.    De prensa relixiosa tíñamos revistas misionales, o semanario “Signo” da A.C. e, xa polos cincuenta, foron aparecendo outras como “El Mensajero del Corazón de Jesús”, ”Sal terrae”, ”Surge”, etc…

Cos nosos aforriños íbamos comprando algún libro, para ler e ir “formando biblioteca”.Así eu comprei “Peñas Arriba”, de Pereda; ”Jeromín” do P. Coloma; “Poesías”, de Gabriel y Galán; “Cartas”, de Bécquer. E, como o meu compañeiro e amigo Edelmiro Bascuas me metera a afición polo xadrez (anque él tardaba moito en mover: poñía a man debaixo do bico e pensaba…) e a afición polo francés: líamos e traducíamos pasablemente. Así eu comprei tamén alguna noveliña de François Mauriac e hasta a versión francesa de “Capitanes intrépidos”.

En resumen, penso que o nivel de lectura no noso Seminario era moi alto en comparación co que se lía nos institutos e academias de aquel tempo (agora aínda menos). Infundéuse na mayoría de nos o amor e o hábito pola lectura.

_________________________________________

  • Rosendo Yáñez Pena, Capellán Residencia “Mi Casa”

Ferrol, 13 de septiembre de 2.015. Fiesta de S.Juan Crisóstomo.

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*