José Martinho Montero Santalha.

Cerdido (A Coruña), 1947.

Licenciado en Teología por la Universidad Gregoriana de Roma, de la que fue profesor,  y en y Filosofía por la  de Santo Tomás de Aquino (la Angelicum, de los dominicos) en la misma ciudad. Se ordenó sacerdote en 1971.

Durante a súa etapa en Roma foi membro do grupo «Os Irmandiños», constituído por galegos residentes na cidade e preocupados pola recuperación do galego como lingua vernácula no eido da Igrexa Católica. Foi un dos asinantes do Manifesto para a supervivência da cultura galega, publicado en 1974 nas revistas Seara Nova (de Lisboa, dirixida por Rodrigues Lapa), e Cuadernos para el diálogo (de Madrid).

Regresou a Galiza en 1974, sendo mestre de Teoloxía no seminario de Santiago de Compostela. Licenciouse en Filoloxía pola UNED e no ano 2000 acadou o doutoramento pola Universidade da Coruña cunha tese sobre as rimas da poesía trobadoresca. Deu clases de lingua inglesa en Ferrol, e na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra, da Universidade de Vigo.

 Homenaxe a Carvalho Calero en 2008.-A súa obra está vinculada á defensa do reintegracionismo. Redactou a primeira formulación ortográfica desta corrente, publicada en 1976 na revista Grial co nome de Unificación ortográfica galego-portuguesa. Este texto recollía a proposta feita por Manuel Rodrigues Lapa de adoptar o portugués como forma literaria do galego, pero matizándoa para defender só un achegamento ortográfico.

En 1994, nun artigo publicado na revista Temas do Ensino[1], defendeu a creación da Academia Galega da Língua Portuguesa, fundada en 2008 e da que é presidente e membro da comisión de lexicografía, amais de subdirector do Boletim da AGLP.

Participou na fundación da Associaçom Galega da Língua e as Irmandades da Fala da Galiza e Portugal.

Obra (ver en OBRAS PUBLICADAS > OBRAS COBTEMPORÁNEAS > Montero Santalla, Xosé Martihno.

Foi membro fundador das revistas Boa Nova, O Tempo e o Modo, Agália, Estudios Mindonienses e Encrucillada, da que tamén foi membro da redacción. En 1977 gañou o Premio Fernández Latorre de xornalismo, concedido por La Voz de Galicia polo artigo «Integración lingüística galego-portuguesa». Participou na tradución do Novo Testamento ao galego.

 

997.