Roberto Rey Rego

Loiba (Ortigueira), 1952. Ingresó en el Seminario en el curso 1963-1964.

Unha  infancia feliz.-A miña infancia son recordos de un fogar e unha escola en Loiba (Ortigueira). No fogar meu padriño, xa velliño, o tio Vicente de Xan Antonio “O Rouco” que me sentaba nos seus xeonllos mentras me cantaba”Unha noite na eira do trigo” e lle dicía os que pasaban:”Este é o neno que ha de chamar os meus bois”.

A escola.-Na escola D. Vigilio, un mestre leonés que criaba coellos grandes da orella tumbada. O primeiro que se facía na escola era ler o periódico (o ABC que chegaba con 5 dias de atraso). Non recordo que pegara nunca a ninguén. Tiñamos manualidades (arados, horreos, etc. en madeira) e cando había eclipse de sol saíamos a velo con cristais afumados o día antes. E pola tarde, despois da escola, pedía voluntarios para acompañalo a “coger helechos para mis conejines”. Todos tíñamos un plano da nosa casa feito a escala con tiralineas e tinta china. Eu con nove anos xa tiña o meu.

No Seminario.-Con nove anos traladámonos a Ortigueira. Entro no escolar no 4º grado con calzador. Non sei facer unha raiz cuadrada e son chanza en toda a clase. Outro día quedo sen recreo por non saber de memoria unha fabula de Samaniego.   (Ainda hoxe a sei sen erros). Un ano máis tarde,  examínome en Ferrol e obteño unha beca de 12.000 pts. anuais. Como o seminario custaba unhas 800 pts/mes, aló vou. En Lourenzá nada que sinalar. En Mondoñedo D. Darío Balea era o meu director espiritual. Alí estudase en equipo, pero o sistema ten detractores. Tres dos detractores ameázanme un día pero amaño ben dicindolles ó día seguinte que xa estaba informado D. Darío (era mentira, pero non me volveron a molestar). Recodo unha obra de teatro con guión de, entre outros, Iglesias Souto “Adelán”na que se comía “mel e fillogas, nata dos púcaros e rabo de porco polo gordo”.

Bacharelato en Ferrol.-Con 14 anos, tras unhos exercicios espirituais, digolle a D. Darío que vou deixar o seminario porque non creo en Deus. Él dixome que non había caso,  sempre e cando cumprise as normas. Fun o instituto a Ferrol a acabar o bacherelato e vivía na Domus.  Alí tiven unha relación moi estreita con D. Eliseo Ruiz “Cuco” e con D. Gabriel Vázquez Seijas, crego de Canido. Daquela non entendía por qué ese home non era bispo. Recordo cando lle pedín con degoro a D. Gabriel  acompañalo ó calabozo da Xefatura de Policía para darlle a comunión a D. Eliseo que tivera problemas por mor dos conflictos coa Peninsular Maderera. Non falei nada con él. Só lle chisquei un ollo.

Medicina en Santiago.-Logo estudo Medicina en Santiago, caso e fago a especialidade en Radiodiagnóstico no Xeral de Galicia aproveitando que viñera  de Montreal Xan Vidal formado alí co Dr. Fraser considerado nese momento o mellor especialista mundial en torax.

 35 anos como radiólogo en Lugo.-Ao finalizar a Residencia opositei a unha das duas  prazas que había na  residencia de Lugo e ahí me quedei 35 anos e asenteime na capital coa familia. Considérome lugués. Salientar unha anécdota:

Un paciente transplantado de ril de doante vivo (un irmán déralle un riñón), nun dos controis anuais por ecografia, ao finalizar coméntolle que a pesar dos 25 anos do trasplante o ril está practicamente perfecto. Para a miña sorpresa enchéronselle os ollos de bagoas. Pregunteille que pasaba e díxome que seu irmán falecera facía unhos meses. Tiven que tirar de Horacio e asegurarlle que seu irmán curiosamente non morrera de todo, posto que un ril do seu irmán ainda seguía vivo transplantado no seu corpo.

 

Valió la pena.-Coido que me pagou a pena ter feito Medecina. Ainda que só unha persoa salvase a vida gracias a unha decisión acertada miña, a min xa me compensaría.

iven 2 fillos: Brais, artista plástico, que vive en Barcelona. e Saleta, música.

Xubileime fai tres  anos e vivo coa miña muller, Lucila, en Lugo, donde viven tamén a miña filla e os meus netos Nuno e Elio.

Corro un par veces por semana e gústame a literatura, o cine o teatro e a música.