HOMENAJE A MONTERO SANTANA/ Por Ricardo Timiraos

Martiño Montero Santa recibe el títlo de Hijo Predilecto de Cerdido de manos del alcalde

El pasado 24 de octubre, nuestro antiguo compañero y amigo Xosé Martiño Montero Santalla recibió oficialmente los títulos  de s  nombramiento como Hijo Predilecto del Concello coruñés de Cerdido. En un acto multitudinario celebrado en la Area Recreativa de O Castro,   rodeado de familiares, vecinos, antiguos compañeros, académicos, el alcalde, Alberto Rey Paz, testimonió al homenajeado la admiración y el  afecto de todos los cerdidenses y recordó s trayectoria como teólogo, filósofo y, especialmente, lingüista e investigador.

Para  este acto se recibieron más de 120 cartas de adhesión  y  reconocimiento al profesor Montero Santalla, A su vez, la comisión organizadora ha recogido una serie de artículos y   semblanzas de amigos cercanos  de Martiño y de personalidades  vinculadas  a su legado profesional.

E este libro colaboran otros compañeros exseminaristas: Ricardo Timiraos Castro y  Pedro Conde González. Publicamos a continuación el trabajo  de Timiraos, antiguo docente y actualmente   prolífico articulista. En breve subiremos a esta misma página el de Pedro Conde.

 

 

MARTINHO, O PAXARO DO SORRISO CERTO

Por Ricardo Timiraos

Á Martinho Montero Santalha, vello compañeiro e amigo, nise homenaxe  de agarimo dos seus veciños do seu querido Cerdido. Sempre paz, ben e forzas para leva-las  obrigas da vida coa eterna xenerosidade  da que sempre deches exemplo.

Benquerido Martinho:

A  vida é coma un can que da voltas ó palleiro, e vivindo e vendo cousas novas, sempre regresa ó seu orixe.

¿ Quen me ía dicir a min, depois de cincoenta e oito anos que nos coñocimos no Seminario de Lourenzá, logo Mondoñedo, que hoxe estaría intentando agarimarte coas miñas verbas.?  A tí, e esa túa Dona, que descoñozo, pero que me basta con coñocerte a tí para sabela a túa digna raiña.  Sei que anda enferma, mais non hai mellor amor que o que vos toca vivir. Sempre os mellores desexos e   apertas garimosos para ambo-los dous.

Direille os teus  queridos veciños, coa venia de quenes correspondan, que daquela ambo-los dous éramos nenos que fumos ó Seminario para facer certas as túas  palabras:  “ Vamos porque todos achamos abrigo no cálido alpendre do máis doce Amigo”. Ise doce Amigo nos acompañe a todos  sempre.

Entre os sesenta ou setenta alumnos que éramos por curso, un, daquela de natural tímido e curioso,  estrullaba-los ollos para coñocer ós compañeiros e  direi que nunca poiden esquecer aquel teu sorriso certo, por natural, sincero, limpo, xeneroso que florecía e ata espallaban teus ollos. Diréicho, Martinho, e darán fe quenes te  coñozan, eran cualidades que te adornaban  naqueles tempos e que revivín, repito, cincoenta  e oito anos despois, cando me costou recoñocerte e me viñeches abrazar na Catedral Mindoniense ( 2015 Homenaxe ó Seminario de Mondoñedo) A vida ten flases que non se esquecen nunca.

E tamén ten tantos vieros coma persoas. Así que, mentras tí marchaches a Salamanca a estudar- xa entón eras exemplar-  eu volvín ó meu querido Viveiro e perdímonos a pista. Mais hai unha cousa que non esquecimos: intentar ser útiles a sociedade.

E mentras tí te  adicaches á Igrexa durante un tempo, para logo seres home de basta cultura, e ata te  convertirches nunha figura senlleira das Letras galegas, a máis dun reputado teólogo, lingüista, catedrático e outros “meritisimus cum laudem” (Presidente da Academia Galega da Língua Portuguesa ), eu, ¡pobriño de mín!, son só un emigrante en Madrid xubilado do  ensino.

Mais sempre houbo un nexo que nos uneu: non sei se  aquel Seminario, ou  se o amor polo galego. Mentras me supoño  que ti bebías das fontes de Carballo Calero, eu fun alumno  de Alonso Montero e iso, querido Martinho, como os óleos, imprime carácter.

Pola miña banda, sen coñocimentos de galego, fixen os cursos despois en Madrid, andiven dando tumbos creendo que escribía poesía. Xa ves, arrepentinme. pero aínda non mo perdoei. Ousadía non  me faltou, coñocementos, sí.

Pero estabamos a falar  de tí. Grazas ó compañeiro, o incombustible Félix Villares, que tánta e xenerosa labor leva feito ó carón do Seminario,  lin, por exemplo: “Trouxe consigo un ar puro, unha frescura, unha graça, que faz como un mundo novo desta minha vella alma”. Coñozo pouco, agás o Belén de Begonte, a túa obra poética.

Tamén ti, Martinho, coa túa xenerosidade de sempre, trouxeches á miña alma a ledicia de saber     que había cousas miñas publicadas cando me falaches dun libro: “ Os ríos baixan cheos de Deus” onde recollían uns versos meus. Non tiña idea. A mais iso non cómpre agora.

Porque o que eu  quero é que quen lea este texto saiba o porqué che chamo Paxaro do sorriso certo. Aí vai: Xa  de neno, con isa ledicia que seique viveches toda a vida, levabas no bico un cantar, sempre te adicaches, desde esa sinceridade que te caracteriza, a loitar pola nosa Fala. E pasar unha vida adicada a isa pasión, tan necesaria e incomprendida, é para poñela en valor, como dín agora. O que se mama, non se esuece. Así que sei que fuches Irmandiño en Roma, que a túa vida non foi doada, e sei que que tamén sufriches e sufres moita incomprensión. A cultura abreu sempre as xanelas da mente e a intolerancia, sempre é o froito da ignorancia e a barbarie. ¡Cánto lles axudaría ler!.

Porque o teu  piar é un canto de agarimo á Terra e a súa xente; porque a túa coherencia é a forza dise ar de libertade coa que te expresas;  porque desde o teu traballo levas sementado moitas verbas de autencidade; porque doache ós rapaces ás para voar e seren eles mesmos; porque soupeches     enseñarlles a cantar á “ Vila grándola Morena”, que non só abrangue Portugal, porque a fraternidade é unha caracteristica universal dos bós e xenenrosos.

Grazas, Martinho, polo teu vivir, por ser un digno Home, Fillo predilecto de Cerrdido, virtude dos teus veciños que  souperon ve-la túa grandeza humana; por ser exemplo de xeneracións de mozos nista Galiza que sei que tanto te quer, e que tan ben  exemplifica Bernardo  Penabade, quen se puxo en contacto  co noso patriarca mindoniense, o ortegano Ramón Barro. Ambolos dous, Berrnardo e Ramón, son os responsables das miñas verbas. Gratitude pola miña banda para eles e así poder espallar o sincero cariño e amistade que sentín hacia ti sempre.

Apertas variados e de buxo, como di outro loitador, o meu amigo Mero. Para tí e a túa familia.

 

1 comentario

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*