Amencer, máis que unha revista escolar

Felix Villares Mouteira

De su insondable archivo acaba de extraer nuestro compañero Xosé Martinho Montero Santalla la definitiva historia de las revistas internas publicadas en nuestro Seminario de  Mondoñedo desde mediados del siglo XX. Su autor es Félix Villares Mouteira,  promotor   alma mater de la última de ellas, AMENCER,   además de  protagonista intelectual permanente de todas ellas.  Aquí queda este ensayo-memorandum para recreo de nuestra memoria de antiguos alumnos  joya documental  de futuros historiadores.

Por Félix Villares Mouteira

 

  1. INTRODUCIÓN

Amencer é máis que unha revista escolar. Podemos dicir con palabras de Armando Requeixo que é “un emblema mindoniense e galego do traballo colectivo a favor dunha Terra e unha Lingua á que se quere e homenaxea a través dos seus autores, dos seus cantos e contos”.1 Amencer é un lugar de encontro literario e humano no que, desde hai vinte e seis anos, as xeracións de alumnos do Seminario, os colabora dores, os escritores estudados e os lectores… se dan a man para acadar un fermoso tecido de voces e textos únicos. O xa citado Armando Requeixo escribiu tamén: “Poucas, moi poucas revistas galegas poden presumir de levar publicándose máis dun cuarto de século e ter alcanzado os douscentos números.

Seleción de exseminaristas mindonienses poetas

Voceiro de exseminaristas.-Entre esta reducida nómina de escolleitas cabeceiras atópase Amencer, voceiro das inquedanzas e xeiras de moitas promocións de escolares formados no Seminario Santa Catarina de Mondoñedo, centro histórico de saber que segue a ser no presente un referente indiscutible no panorama literario galego, quer dende a súa vertente divulgativa quer dende as pescudas investigadoras e editoras. A importancia de Amencer no mundo literario de noso, o seu impacto sistémico e a súa recepción e procesado por parte tanto dos produtores coma dos mediadores das letras de aquí é realidade que 1Armando Requeixo, Presenza de Amencer no panorama literario galego, en Amencer, número 200, maio-xuño 2008, páxina 48. aínda non fora mesurada e que, a meu ver, merece atención, pois só perspectivizando globalmente o calibrado desta presenza pode ponderarse axeitadamente o destacado papel que a publicación xogou nas últimas décadas en Galicia”.

 

  1. ANTECEDENTES

A revista Amencer non nace dun xeito casual e, de feito, tivo revistas que podemos dicir que foron un pouco uns antecedentes e das que vou falar agora. O 11 de abril de 1959 saíu á luz o primeiro número da revista Juventud, unha revista que editaban os “Filósofos” –daquela no Seminario de Mondoñedo había coma tres comunidades: os Latinos, os Filósofos e os Teólogos–. Desta revista saíron sete ou oito números. Estaba feita a multicopista –unha multicopista de alcohol, coa que me tocou traballar a min– e escrita en castelán.

 

Palestra, Trapecio, Juventud.-A finais dos anos cincuenta e principio da década dos sesenta no Seminario Menor –3º, 4º e 5º de Latín e Humanidades– facíase un periódico mural que se chamaba Palestra e que se renovaba, se non lembro mal, cada semana e no que se expoñían diversos traballos dos alumnos. O primeiro de novembro de 1963, nacería a revista Trapecio que viña a substituír a Juventud. Teño que dicir que durante os tres anos en que cursei Filosofía –do 63 ó 66– fun do Consello de Redacción. Trapecio tamén é feito a multicopista, ó principio de alcohol e despois xa nun ha multicopista eléctrica. Está escrita fundamentalmente en castelán, aínda que no número 15, setembro/outubro de 1965 aparece a sección Temas Gallegos escrita en galego e en castelán. Esta sección só aparece en dous números. Haberá que esperar ata o número 25, corresponden te a abril de 1967, para ter de novo escritos en galego, neste caso na sección titulada As nosas páxinas galegas onde se publican dous artigos que Xesús Ferro Ruibal envía, desde Roma por medio do seminarista da nosa Diocese Martiño Montero Santalla, e que se titulan: Sitio pra un problema e ¿Un Cardeal ye-yé no festival? Un minuto de filosofía 2Ibidem, páxina 41. 46 Amencer, máis que unha revista escolar barata. Traballos que, por certo, non hai moito me pediron do Centro de Investigacións Ramón Piñeiro de Santiago. Trapecio chegaría ao nú mero trinta, publicado en marzo de 1969.

 

Revista Sol e outros proxectos.-No ano 1967 publicáronse catro números dunha revista chamada Sol, feita tamén a multicopista e en castelán. Polo ano 1973, tentei facer unha revista e lembro que fun á Delegación de Cultura a Lugo e alí falei co amigo Xulio Xiz para ver que trámites había que facer. Recordo que me dixo que había que facer os mesmos trámites que para editar El Progreso. Houbo, polo tanto, que desistir do intento e habería que esperar tempos mellores. O que si se publicaron foi dous pequenos folletos un titulado Letras Galegas, que leva a data de 17 de maio de 1963, e outro, Os nosos latexos no que se reproducen os traballos literarios premiados no concurso convocado co gallo do Día das Letras Galegas de 1973. Este folleto leva a data do 8 de xullo. Ámbolos dous folletos están escritos en galego. O 17 de maio de 1975 publícase outro folleto titulado Día das Letras Galegas. Homenaxe a Castelao, tamén escrito enteiramente en galego.

 

  1. NACE AMENCER

Pero para publicar a revista tan esperada habería que agardar ata o ano d’ El Señor de 1982. Corría o mes de abril. A primavera estaba moi adiantada. O campo de fútbol estaba cheo de margaridas e pola fiestra aberta da aula entraba un recendo a flores e herba verde. Os paxaros cantaban ledos e andaban a facer os seus niños –os máis adiantados, xa coidaban das súas roladas–. Estabamos nunha clase de Lingua e Literatura Galegas en 8º de EXB –na aula «Fanego Losada», que hoxe ocupa terceiro de ESO–. Falabamos dos medios de comunicación e eu levara á clase varios xornais e unha revista escolar, chamada Bágoa, feita a multicopista, que editaba daquela o Colexio Público Virxe da Soidade de As Gándaras de Lugo. Entón un dos rapaces, cando viu a revista, preguntou:

–Por que nós non facemos unha revista así?

Estivemos falando e vendo as posibilidades que había para levar adiante a edición dunha revista. O caso foi que naquela mesma clase quedaron elixidos os representantes de 8º de EXB no Consello de Redacción. Naqueles mesmos días fóronse escollendo os representantes nos outros niveis de EXB. Logo procederíase, por votación democrática entre todos os alumnos de EXB, á elección de director. Saíu elixido un rapaz de Valdoviño, Miguel Anxo Pérez Fernández. A revista estaba en marcha, pero faltaba o nome. Fíxose unha votación entre os alumnos e saíron varios, entre eles os máis votados foron: Amencer, Alborada, Vagalume, Mondoñedo… Rexeitouse Vagalume porque daquela

publicábase unha revista en cómic titulada así. O nome elixido, por maioría, foi Amencer. Gabino Domínguez Lama, daquela alumno de 8º de EXB, deseñaría a cabeceira da revista que permaneceu inalterada desde o comezo.

 

A fin de abril daquel ano de 1982 o número cero estaba na rúa. Así naceu a revista Amencer. Os medios eran moi rudimentarios e ademais, polo menos nos primeiros números, non contabamos co apoio da dirección do Seminario. O número cero vendeuse a cinco pesos para poder así cubrir os gastos. Lembro que foramos o director, o redactor xefe e mais eu levarlle un exemplar a don Miguel Anxo Araújo, daquela bispo de Mondoñedo, que nos deu mil pesetas co que cubrimos os gastos do número cero e aínda nos sobraron unhas pesetas. Don Miguel dixéranos que o difícil non era empezar senón continuar. Foise continuando e aquel pitiño tremente e curioso que racha a casca do ovo para nacer, que aparece na tapa do número cero, foise conver tendo pouco a pouco nun galo varil e repoludo… Así naceu Amencer, que xa chegou ao número douscentos dous. Os alumnos, que naquela primavera de 1982 se encontraban na clase de Lingua e Literatura Galegas de 8º de EXB, eran: José Antonio Alonso Armada, Ramiro Balea Legaspi, Ramón José Candia Díaz, Gabino Domínguez Lama, Luís Fernández González, Justo Grandal Quintana, Francisco Iglesias García, Isaac Juliá Martínez, Pedro Juliá Martínez, Jesús Lombardía Torres, José Ramón López Ron, Francisco Lozano Lourido, Miguel Ángel Pérez Fernández, Javier Pérez Oroza, Jorge Murado González, Alfonso Redruello Martínez, Juan C. Rego Pérez, Mariano Rodríguez Cruz, Gumersindo Teijo González e Jacobo Varela Fraguela.

  1. DIRECTORES

O primeiro director, como queda dito foi Miguel Angel Pérez Fer nández. A este seguírono na dirección da revista os seguintes alumnos do Seminario Santa Catarina: Vicente González-Redondo Ares, Da niel Estévez Villalón, Vicente Díaz Rodríguez, Xosé Antón Soto Novo, Marcos Neira Cabado, Mario Rego Eimil, Ramiro Xosé Cociña Orol, Ciriaco Vilar Fernández, César Lombardía Torres, Xabier Cancio Llen derrozos, Nacho Lorenzo Toimil, Alexandre Teijeiro Orol, Xosé Ra món Baño Fraga, Andrés Ginzo Fernández, Germano da Costa Arada, Rubén Prieto Rodríguez, Israel Edrosa Fernández, Félix Méndez No gueira, Marcelino García Bermúdez, Luis Prados López, Ramón Cas tañal Ferrería, José Benito Veiga Barreiro, Daniel Vega Pérez, Manuel Santomé López, Richard Lage González, Baruk Domínguez Grandío, Anxo García Ferreiro, Adrian Amido Paz, e Adrián Seoane Barro. Na actualidade, o director é Francisco Rivas López.

 

  1. SECCIÓNS

Amencer ao longo destes vinte e seis anos de traxectoria mantivo unha serie de seccións fixas. Así desde os primeiros números aparece A xeito de cancela, que é como o editorial ou a presentación da revista. Falamos con… –nos primeiros números era Hoxe falamos con…–, sección na que se mantén unha conversa cun personaxe de actualidade. A carón do lume –ao principio chamábase Literatura popular– na que se recolle a literatura popular feita polo xenio creador do pobo galego. Faise saber…, onde se ofrecen noticias do Seminario e de Mondoñedo. Os nosos escritores, sección na que se estuda a un autor que pasou polas aulas do Seminario. Escolma, onde se reproduce parte da obra do autor estudado. Os nosos pobos, sección na que se fala dunha parroquia dun dos alumnos. Follas novas, na que van os traballos feitos polos alumnos nas clases de Lingua e Literatura Galegas. Colaboracións, onde van os traballos que nos envían varios autores alleos ao Seminario. Chispa: as páxinas de humor e pasatempos. Outras seccións que apareceron e aparecen en varios números son: Badaladas, Toxos e Frores, Os deportes, As romaxes…

  • PREMIOS

Amencer, ao longo da súa andaina de vinte e seis anos, ten acadado diversos premios. Así, en 1984, leva o primeiro premio no Concurso Viajes a un Lugo desconocido, convocado pola Delegación Provincial da Consellería de Turismo, Xuventude e Deportes, polo traballo titulado Mondoñedo, cunquiña deleitosa e que foi publicado nos números 16 e 17, correspondentes a febreiro e a marzo. Tamén en 1984, o traballo Mondoñedo, berce de músicos, publicado no número 19, correspondente ao mes de maio, acadou o primeiro premio para alumnos do Ciclo Superior de EXB no Certame das Letras Galegas convocado polo Concello de Mondoñedo. O 8 de xuño de 1985, viu a luz o número 29 Especial escritores min donienses co que se gañou o primeiro premio para alumnos do Ciclo Superior de EXB, no concurso convocado polo Concello de Mondoñedo co gallo do Día das Letras Galegas. Desde 1987 a 1993 a revista Amencer participou no Concurso que cada ano convocaba a Dirección Xeral de Tráfico para escolares do Ci clo Superior de EXB a nivel provincial, autonómico e nacional.

Foron sete participacións que se saldaron con sete primeiros premios a nivel provincial, catro primeiros, dous segundos e un terceiro a nivel de Ga licia. O número 46, extra Educación Vial, levou o primeiro premio a nivel da provincia de Lugo e o segundo a nivel de Galicia. En 1988, os números 56 e 57, correspondentes a febreiro e marzo, obtiveron o pri meiro en Lugo e o segundo en Galicia. En 1989, cos números 66 e 67, febreiro-marzo, Amencer acadaría o primeiro premio a nivel provincial e a nivel de Galicia. O mesmo resultado se repetiría nos anos 1990 cos números 75 e 76, en 1991 cos números 85 e 86 e en 1992 cos núme ros 95 e 96. En 1993, último ano no que se participou, logrouse, co número 104, o primeiro posto en Lugo e o terceiro en Galicia. Cómpre subliñar que ningunha outra publicación escolar de Galicia ten acada do tantos éxitos no Concurso de Educación Vial Escolar como a revista Amencer.

En 1989, Amencer participou no Concurso Publicaciones Escolares que convocara o Ministerio de Educación para revistas e xornais esco lares de todo o Estado español. Amencer acadaría un accesit. O premio consistiu en 100.000 pesetas para mellorar a edición da revista. En decembro de 1989, no número 73, publicouse un artigo titulado Begonte do Belén, feito polo Colectivo Amencer, co que se acadaría o segundo premio no Certame de Xornalismo sobre o Nadal convocado polo Centro Cultural Xosé Domínguez Guizán de Begonte. Como pode verse son varios, xa que logo, os premios acadados pola revista Amencer.

Premio a unha traxectoria.-En decembro do ano 2000, a Agrupación Cultural María Castaña de Lugo concedeulle o premio a un medio de comunicación dentro dos Premios da Cultura Tradicional María Castaña. Este foi un premio diferente xa que non se trataba de premiar un traballo concreto ou un número monográfico de Amencer. Neste caso tratába se de premiar toda unha traxectoria de case vinte anos na pescuda de literatura popular. Así o fixeron constar no acto de entrega do premio. Quíxose premiar un labor calado de Amencer –un labor dos alumnos do Seminario de Mondoñedo, en definitiva– na recollida de toda esa literatura popular, produto do xenio creador do noso pobo.

Amencer foi moi sensible, xa desde o número cero, a este tema e así mantivo sem pre unha sección que primeiro se chamou Literatura popular e máis tarde A carón do lume na que se foi publicando toda a literatura popu lar que os alumnos do Seminario ían recollendo de boca da xente nos seus lugares de orixe. Pódese afirmar que esta recollida de literatura popular foi unha teima da nosa revista estimulada por quen isto escri be desde as súas clases de Lingua e Literatura Galegas. Froito de todo este labor de recollida de literatura popular foi a publi cación en 1999 do libro A carón do lume no que precisamente se reco lle nun volume toda a literatura popular que foi vendo a luz na revista Amencer ao longo de dezaoito anos. Este libro, editado por Citania de Lugo, foi patrocinado pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Orientación Universitaria.

 

  • NÚMEROS ESPECIAIS

Ao longo destes vinte e seis anos de andaina, son varios os números especiais de Amencer que foron publicados. Entre eles cómpre salien tar os seguintes: O número 1, correspondente a maio de 1982, que levaba a tapa pintada a man. Os números 16/17, febreiro-marzo de 1984, titulados Mondoñedo, cunquiña deleitosa. O número 27, abril de 1985, dedicado a Rosalía de Castro do que se fixeron cincocentos exemplares que foron pintados a man. O número 34, xaneiro de 1986, dedicado a Castelao, que mereceu que o xornal La Voz de Galicia lle dedicase a última páxina. O número 88, maio de 1981, especial sobre Cunqueiro polo Día das Letras Galegas. O número 100, novembro de 1992; o 110, novembro 1993,dedicado ao Ano Santo; o 119, novembro de 1994, adicado a Chao Ledo co gallo de cumprírense os cen anos do seu pasamento e os cento cincuenta do seu nacemento. O número 129, xaneiro de 1996, adicado a Xosé Trapero Pardo co gallo do seu pasamento; o 150, maio de 1998; o 153, novembro de 1998, espe cial dedicado a Crecente Vega co gallo do traslado dos seus restos de Segovia a Santa María de Outeiro. No número 157, marzo de 1999, publicouse a poesía inédita en castelán de Crecente Vega. En maio de 2000, publicouse o número 167 dedicado a Castelao, e en abril-maio de 2001, o 171, dedicado a Cunqueiro nos vinte anos do seu pasamen to. En marzo-abril de 2007 publicouse o número conmemorativo dos vinte e cinco anos de Amencer, e en maio-xuño de 2008 publicouse unha revista de máis de cen páxinas para celebrar o número 200.

 

 

  1. PUNTO E SEGUIDO

Digo punto e seguido, porque agardo que Amencer siga a ser un facho aceso dentro da tradición xornalística e cultural da vella cidade episcopal. Marina Mayoral escribiu en La Voz de Galicia: “Amencer é unha digna continuadora da tradición cultural desa vila onde pro bablemente Fray Antonio de Guevara escribiu o seu Menosprecio de la corte y alabanza de aldea, unha vila que xa no século XV tiña un dos prelos máis antigos de Europa. E é tamén un exemplo do que se pode acer con intelixencia, constancia e xenerosidade. Que sexa por moitos anos”. Que sexa por moitos anos é o que agardamos todos. Parafraseando ao gran fabulador e mindoniense universal, don Álvaro Cunqueiro, des exo que Amencer dure “mil primaveras máis”.

 

Félix Villares Mouteira Secretario-chanceler do bispado de Mondoñedo

 

  • DATOS DIOBRÁFICOS

Nacido en Belesar 24.03.1947

Ingresó en el Seminario de Vilanova de Lorenzana en 1958
Ordenado en Belesar 28.07.1971

Licenciado en Sagrada Teología. Universidad P. Salamanca, 1967-1971

Miembro de la Real  Pontificia Academia Auriense-Mindoniense de San Rosendo

Rector del Seminario Menor Santa Catalina de Mondoñedo 1988
Presidente-Deán de la S. I. Catedral-Basílica de Mondoñedo
Canciller-Secretario general
Director del Archivo Diocesano y Catedralicio
Bibliotecario del Seminario de Mondoñedo
Director de la residencia sacerdotal del Seminario de Mondoñedo
Miembro del Colegio de Consultores
Miembro nato del Consejo Presbiteral
Miembro del consejo de redacción del anuario diocesano «Estudios Mindonienses»
Director del Boletín Oficial del Obispado
Párroco de Belesar (San Martiño), Cazás (San Xiao), Codesido (San Martiño), Distriz (San Martiño), Gondaísque (Santa María), Soexo (Santa María) y Tardade (Santa María)
f.villares@mondonedoferrol.org

1 comentario

  1. Félix é a alma máter de toda-las revistas e libros que se publicaron desde o Seminario, Foi a sus gran faceta literaria a màis daquelas propias do seu Belasar natal. Adnunto currículum na web

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*