David Corral Díaz: en terra firme

Cultivando la ars lignaria

Desembarco

Portada libro

Comezaba o século 21 ao tempo que eu deixaba a nave do Ensino e me afirmaba en terra firme.  Seguía a pensar o que xa viña pensando dende facía tempo: organizar  as miñas actividades libres e creativas. Había uns dous anos que comezara a Universidade Senior e había dous temas que me interesaban, pero o día que ía formalizar a matrícula volvín para a casa porque non quería someterme a horarios, días ocupados e procesos de escoita e outras actividades., Gustábame escribir  e tiña na mente descubrir e  describir a historia da terra onde eu nacera, que como aldeán  e campesiño, levaba eu cargado de sensacións , vivencias e experiencias que me gustaría contar. E así naceu TROBO, Terra e Xente en 2008. Era a miña intención que a xente da parroquia coñecera algo da súa historia e medrara ao mesmo tempo a autoestima e valoración da cultura aldeá. Despois continuaría os anos seguintes co estudio de outras parroquias veciñas ás que me sentía vencellado. Prendeu en min o verme da investigación . Non todo ía ser cultura de letras.

 

Privatizado un cachiño do Planeta

Pola década dos oitenta a unidade familiar Maricarme-David privatizamos un cachiño do Planeta Terra, catro ferrados de terreo, equivalente a unha fanega de sementeira polas medidas do país. Pagamos as convenientes alcabalas e desde entón comprometémonos a coidar, conservar e mellorar este espazo natural. Así o vimos facendo: algúns arbustos ornamenta , árbores autóctonas e froiteiras. Un pequeno orto pensado non só no rendemento económico e saudable, senón sobre todo para satisfacer o desexo de ver nacer, medrar e madurecer os froitos en perfecta harmonía. Completa o conxunto unha casiña de planta baixa de corenta metros cadrados que despois de ser rehabilitada se lle engadiron vinte e cinco metros máis dun arrimado.

Espazo privatizado para uso e conservación, pero sempre aberto para acoller.

Mesita

Outras actividades

Herdei algunha afección á carpintería. Meu pai era carpinteiro – ebanista, compartido este oficio co de labrador. Pouco traballei con el no taller, pero da observación practicada algo me quedou para dedicarme a algúns traballiños en madeira e a chapuzas varias. Do mesmo proxenitor herdei o interese pola apicultura seguindo a tradición familiar de atender un pequeno apiario familiar.

Falando doutros aspectos da cultura son persoa moi pouco viaxada e busco facelo virtualmente  en videos , documentais e reportaxes que me ilustren a ver o mundo e as  diferentes formas de vivir de cada país. Lectura e música moi variada manteñen os seus espazos.

Caseta
Ars topiaria

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*