Edelmiro Bascuas: Loas para un esgrexio filólogo que pasou por Mondoñedo

Por Manuel Rivas García (1)

 Hai uns días, revisando unha vella conta de correo que uso moi pouco, atopei un vello texto de Dino Pacio sobre Edelmiro Bascuas no que fala das excepcionais calidades e tenacidade do seu compañeiro e amigo. Moitas veces me referín a estes dous grandes personaxes, pero tampouco quero dar a impresión dunha mentalidade reducionista que atribúe todo o éxito formativo a estas dúas figuras.

 

Unha etapa especial de profesorado.-Penso que coincidimos varios cursos nunha etapa especial cun plantel de profesorado con moita dedicación e cunha elevada preparación en Humanidades, probablemente superior ao resto dos seminarios galegos. Había varios profesores, tanto en Filosofía como en Teoloxía, que eran doutores e podían ensinar nunha Facultade universitaria, como  de feito así sucedeu con algúns.  O seu caudal de coñecementos unido á nova savia que traía o profesorado xoven saído das universidades europeas unido ao “aggiornamento “ do Concilio Vaticano pegou naquela xuventude o desexo por saber e abrir os ollos alén das fronteiras do Padornelo así como a lenta incubación de grandes valores humanos, como o esforzo e tenacidade, a colaboración e solidariedade, o espírito de xustiza amén duns principios e valores cristiáns. Non é de estrañar que de Mondoñedo saísen grandes figuras que brillaron dentro e fora de Galicia e que sería moi prolixo enumerar. Son moitos os profesores e formadores que nos dedicaron o seu esforzo e saber máis alá do que é esixible e polo que son acredores da nosa incondicional gratitude. Pero unha vez aclarado isto, vou a continuar co asunto que aquí me trae: o texto de Dino Pacio para Bascuas.

Edelmiro Bascuas, en sus años de profesor del Seminario.

 A Bascuas, por Dino Pacio.-En Santiago estabamos preparando o número 5, que sería o último, da Revista “Roteiros. Arumes de Pensamento crítico”, que eu fundara ca imprescindible axuda e colaboración de Moisés Lozano, Isidro García Tato, Carme Vidal e Humberto Busto.  Acordamos incluír algún artigo sobre Edelmiro Bascuas. Contactamos ca súa filla María, profesora de Instituto, e con Gonzalo Navaza, profesor de Filoloxía galega na Universidade de Vigo. Ambos aceptaron colaborar gustosamente con sendos artigos. Tras falar ca familia, decidimos facer unha presentación da revista na cidade da Coruña, en honra a Edelmiro que botou alí a súa vida docente no Instituto. Nada mellor que a Real Academia Galega – á que el era merecente de ocupar unha cadeira- que xenerosamente nos abriu as súas portas para facer dita presentación. Acudiu Gonzalo Navaza dende Vigo quen falou con admiración sobre as importantes achegas de Bascuas á Paleohidronimia. Finalmente eu lin o escrito que Dino me enviou dende N. Iorq e que transcribo literalmente con pequenas correccións tipográficas e a  da eñe, que el mesmo sinala.

 

´”O Xigante” Edelmiro Bascuas

Por Digno Pacio Lindín

 

“Mándoche ( a Manuel Rivas) o meu escrito; oxalá! pódalo ler tal como escribino, non teño  a eñe, podela suplir na letura dramática, dirasme se chegou e como foi  todo, boa sorte, saúdos e apertas.

Digno Pacio Lindín.

Edelmiro foi un xigante nun mundo moi pequeno: tivo de navigar na mar  da mediocridá sen fin, a mais asurda do mundo moderno; a  Edelmiro,  sendo estudante, gustáballe moito ler a Codorniz: unha vez  aparceu unha páxina enteira debuxando unha lameira coa xente chantada nela, moita xente nova; uns vixilantes ameazaban coas gadañas cortala cabeza dos que ousaran erguela; Edelmiro emocionouse moito e amosábao  por moito tempo; o curso 1948-49 foi o derradeiro da súa secundaria: cando calquera dos centos dos estudantes tiña unha dificolta co  grego, co latín, co francés ou ca filosofía, non ocorríaselle ir perguntar  ós profesores, senón a Edelmiro: sempre soubo a resposta, sempre foi moi honrado pra dicir se era certa ou so probabel; polo xunio do  corenta e nove deuse un milagre: chegou a Galiza un turista holandés  falando francés; o dono do hotel chamou a un diretor pidindo axuda coa  língoa; non recomendou a ningún profesor do francés, recomendou ó Edelmiro, non tivo dificoltá no entender tódalas perguntas do turista  e sabelas respostas; xa ameazaba entón a guerra da Corea; dicidiuse, no campamento do vrao, facer unha conferenza sobre a historia e a  política do pais; ningún profesor atreveuse a facelo, atreveuse Edelmiro a falou  noventa minutos ante centos de persoas; a xente dicía: como pode ser tan sabio un mozo ós dazaoito anos!?

Profesor de grego
Xa daquela Edelmiro soubo de querer a especialidá no grego pra ser un profesor; quixo ir a unha univesidá onde era posibel facela especialidá, e oter o grao; ficaba lonxe i era dúas mil pesetas mais  cara ca universidá mais perta, sen grego; non parou de solicitala beca, e a resposta foi sempre: nona hai, non houbo dúas  mil pesetiñas, unha ducia dos euros de hoxe; Edelmiro foi profesor do grego por once anos  sen o grao; ó fin, coas moitas dificultas, logrouno por libre no 1968; a súa vitoria foi aprobar terceiro, carto e quinto de clásicas nunha  soa viaxe a Madrid. Edelmiro foi profesor do grego na Valencia e na  Galiza, por case corenta anos; a ironía da historia foi: canto mais  grego soubo Edelmiro, menos intrés houbo polo grego no sistema, ata case desaparecer; xamais un diretor disminuille as horas do traballo pra  adicalas á investigazon do grego, língoa indoeuropea; foi un  dia-semente o primeiro do agosto do 1996: fun eu  a Galiza despois de  longo tempo sen ter ido; coma sempre, fun visitalo a súa casa da  Coruña: recibiume coa meirande aperta e berrou xubileime;  agora  que vas facer, perguntei; resposta: ter mais tempo pra comer e  viaxar, viaxaremos no coche a Grecia e faremos outra viaxe orredor do  mundo; despois, ollei a súa biblioteca cos milleiros dos  libros, inclusos os mellores dicionarios do grego e do indoeuropeo no  francés e no alemán; no meio deles achei un pequeno ficheiro coas  fichas escritas na letra miúda e moi densa; olleinas un pouco e  dixenlle: Edelmiro, eiqui tes material pra un ou mais  volumes; resposta: tu sempre coas túas, esquéceo, invítote a unha  cuchipanda a dez légoas da cidá;  por horas viaxamos e falamos, comemos  e falamos, bebemos e falamos; despois fixemos unha peripatetia pola carballeira perta, e chegou o mellor postre do mundo, dixome: vou facer  por escribir un volume , chamareino PALEOHIDRONIMIA GALEGA; quizabes  o meu berro de ledicia, mon crie de joie, dirían os franceses, fíxolle tembrar as follas dos carballos; sábese xa o que pasou nos próximos  trece anos e meio; Edelmiro enfermou gravemente a finais do 2009, cando  escribía a páxina setenta e unha do volume cinco; cando falamos por  teléfono a derradeira vez, o trinta do novembre do 2010, díxome: xa  teño organizado na mente todo o material pro quinto volume, e pra  outros mais; eiqui val lembrar unha afirmazón básica da  fenomenoloxía esistencialista: o ser humano distínguese pola  capacidá do dicidir, facendo meirandes ou pequenas dicisiós, mais non  pódese separar da finitu, dos lindeiros da vida; ficamos xuntos pola  derradeira vez no agosto do 2008, no campus da universidá de Aveiro, no  Portugal; foi un vrao inesquecibel por ter comido o mellor bacallao do mundo, o bacallao de Illavo, sempre guidados pola mau esperta do Edelmiro; foron tamén centos de horas adicadas a lingüística;
derradeiro dialogo: Edelmiro, tu entendes moi ben o portugués, pro  falas sempre galego, so galego; resposta: o portugués ten unha fonoloxía diabólica; bo tema e boa teima pros nosos lusistas.

 Obra magna

A obra magna do Edelmiro é un muimento da lingüística histórica, abríndolle novos sendeiros a historia, escribindo o nome de centos e centos de pobos, vilares, regos e rios, moitos deles xa  esquecidos; é unha obra pioneira  no campo da paleohidronimia e da toponimia galegas, mais aínda pola seriedá, pola honradez critica da  investigazón, sempre sometida a dubida sen deixala imaxinación  voar, prática tan frecuente niste campo; é tamén un muimento á  terceira edá, unha proba vivinte da creatividá e do imenso traballo  nos anos dista edá; os seus volumes non son libros de letura, senón de  consulta, cos seus índices tan ben feitos, sudados pola dificoltá coas
novas tecnoloxias; unha meirande homeaxe seria facer un pequeño volume  pedagóxico co mellor dos seus volumes, chamado HIDRONIMIA GALEGA, pra
estudalo nas escolas, nas bibliotecas e nas casas; despois xa naid mais dirá no español Orense es la ciudad del oro; todos os galegos  ficariamos seguros da investigazón hidronímica e, inda mais, poderiamos  facer unha frase coa rima asonante, Ourense, cidá da auga quente; todos saberiamos que Fisterra é un plural, maravilloso plural do  galego, querendo dicir os confís do imperio, nin mais nin menos; os  outros inventos teriamos de enterralos pra sempre, ou mellor amarralos  no fondo do mar ; saberíase que  vella na Fontevella de Alvaro  Cunqueiro, non e un axetivo da orixe latina, e un nome da orixe  celta, Velia, fonte, parente de Veleia e de Ulla, do inglés  well (uel) , poza, e do alemán Welle, ola; curioso o xogo u-uve no galego  e no xermánico; viaxando polos montes de Ourense e chegando ó rego Ellas e o vilar do mesmo nome, xa non falaría naide de galeguizar o  nome das fermosas mozas castelás, senón saberíase que é moi  galego, procedente do celta velianas; outra homeaxe a Edelmiro seria  desenrolar mais a teoría da toponima/hidronimia; fai poucos dias unha  rivista científica internacional publicou un longo estudo da evolución  xenética: esplica como os primeiros humanos, os chamados homo habilis e  homo erectus/ergaster, inda sen lingoaxe, desenrolaron abilidás moi  intensas no uso e na organizazón do espazo pra sobrevivr no meio de tantos perigos mortais, de tantas feras;  despois chegou o homo sapiens arcaico, coa capacidá de facelo lume e de comezar falando; probabelmente comezaron pondo nome os espazos tan usados e vividos xa por centos de milleiros de anos; iso faria da toponimia  o nivel mais  intenso e autentico da fala humana.

“¡ Viva Edelmiro Bascuas !”

Agora diredes: acaba dunha vez; fareino nuns intres; a Edelmiro
gustáballe ler as Odas do Horacio na original: nunha fica o famoso verso “non omnis moriar”, no bo galego: non!, non finareime de todo; moitos intérpretes, por mais de vinte sécolos, entendérono mal, ó seu  xeito, sen ter  na conta  a rima dous versos mais abaixo:
?dicar?,falarase de min, indicaráseme?.
Ista homenaxe tivera sido moi incompleta sen incluír a María Elena, a  Elena e a Maria; canta síntese  poética nestes fermosos nomes grego i  hebreo; fixeron a vida do Edelmiro moito mais riquiña, e mais  levadeiros os seus sofrimentos ó fin da vida.
Bo, á mais dun milleiro de légoas eu berro: VIVA EDELMIRO BASCUAS!!!
Baixo Manhattan polo novembre dogano 2012-“

 

Biografía de Manuel Rivas García

 


Bascuas, visto por José María Rodríguez Díaz

 

El 6 de diciembre de 2015, nuestro antiguo profesor don  José María Rodríguez Díaz publicó en esta misma Web  una detallada  semblanza -la primera de las nuestras-  sobre el añorado profesor de griego don Edelmiro Bascuas.  Don José María (Cedofeita, Ribadeo, 1935, fallecido en 2017) fue ordenado sacerdote en Mondoñedo por el obispo Argaya en 1959. Obtuvo la diplomatura en Música Sacra en el Instituto Gregoriano de París y se incorporó a las aulas del Seminario de  Mondoñedo en los primeros años de la década de 1960 como profesor de Gregoriano.

Traemos de nuevo hoy aquí  aquel texto de José María que hacía justicia a un filólogo tan egregio como olvidado.

 

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*