IN MEMORIAM: José Gallego Vila

«Respectar os vellos, comprender os novos e querer os nenos». Esa era a máxima pola que se guiaba o crego José Gallego Vila, finado o 20 de febreiro aos 84 anos de idade no Hospital da Mariña e que este martes, día 22, as  16.30 horas, recibíu unha mostra máis do cariño que lle profesaban os fregueses, constatado nas mostras de pesar que se estenderon polas redes sociais nada máis terse coñecemento do seu pasamento, e tamén na multitudinaria homenaxe que lle rendían as súas parroquias en 2018, cando se cumprían 50 anos da súa chegada á comarca chairega. O funeral estuvo presidido polo bispo la diócesis, Mons. Fernando Garcia Cadiñados.

Don José foi despedido na mesma parroquia vilalbesa na que viviu máis de 50 anos, San Lourenzo de Árbol, á cuxa reitoral chegaba dende Seixas (As Somozas) en tractor con toda a súa vida metida nun remolque, alá por 1968, cando nin estradas había. E veu para quedar. Foi sumando e mudando responsabilidades ata facerse cargo das once parroquias que atendía agora: as vilalbesas de Árbol, Carballido, San Xurxo de Rioaveso, Oleiros, e Nete; as cospeitesas de Goá, Pino, Santalla de Rioaveso, Seixas e Támoga; e a abadinesa de Moncelos.

Nunca pensou en xubilarse, nin en ascender, porque o seu era estar coa xente, como el mesmo dicía, non era un cura de oficina. José era dos que estaban aí para o que fixese falta. Facía uns 40.000 quilómetros ao ano só para atender os seus fregueses, as súas parroquias, ás que procuraba ir misar todas as semanas. Porque o oficio, o seu servizo a Deus, eran algo totalmente vocacional.

Había nacido en Aldurfe-Riotorto en 1937. No 1952 ingresó no Seminario de Lourenzá e foi ordenado sacerdote en 1964.

(Web diocesana. 22 febrero 2022)

 


Luto na Terra Chá polo cura do sorriso

 

Por David Corral Díaz (1)

 

Na terra de Miranda tivo berce Xosé Gallego Vila. De familia moi  humilde da `parroquia de Aldurfe no concello de Riotorto quedou orfo de nai moi novo,  motivo polo que, xunto con un irmán seu, foron acollidos na Escola Fogar de Castro de Riberas Lea dependente da Deputación provincial de Lugo. Desde esta Escola Fogar ingresou no seminario de Mondoñedo no curso 1952-1953.  Sendo estudante varios veráns pasábaos en Gijón coa familia do que naquela época era presidente do Sporting, para coidar e acompañar os nenos desa familia da que recibiu gran aprecio  e coa que mantivo sempre boa relación.

Ordenado sacerdote  o día seis de xuño de 1964 por D. Xacinto Argaya Goicoechea, despois dun ano de convictorio na Domus Eclesiae foi destinado á parroquia de Seixas no concello de As Somozas. E de alí posteriormente  a san Lourenzo de Árbol no concello de Vilalba, sumándolle a partir de daquela máis e máis parroquias de arredor, acetando sempre o que lle ían encomendando.

Gallego sempre foio moi ben querido  tanto polos compañeiros de curso como polos demais, de  aspecto humilde e sinxelo levaba prendido o sorriso no seu rostro como carta de presentación. Despois de asentar na parroquia foi anoando lazos con membros da súa familia de sangue ata lograr un entorno familiar de unión e relación ata daquela un pouco dispersa.

Como cura estaba sempre disposto, con dedicación total, nunca dicía que non se se trataba de atender aos  fregueses en calquera situación. Era xeneroso en estremo, dadivoso e entregado. Unha atención especial á catequese e á pastoral dos máis novos. O aprecio dos fregueses por don José quedou demostrado na homenaxe que lle organizaron cando cumpriu os oitenta anos, xuntándose a celebralo con el unhas catrocentas persoas nun ambiente festivo e distendido onde el respondía á aclamación que lle tributaba cada grupo parroquial alí presente.

Hoxe toda a Terra Chá está cuberta cun pano de loito tratando de asumir a ausencia de D. José. Descanse en paz o benquerido amigo e compañeiro.

 

(1) David Corral foi condiscípulo de José Galle3go Vila no Seminario de Mondoñedo.


De Aldurfe a Árbol

Doce berce na Aldurfe mirandesa,
pequena patria no val de Riotorto

a medio paso da terra dos biortos,
bretóns con Maeloc na sede britonesa.

No mesmo corazón da Cha luguesa
tivo infancia, fogar e bo conforto;
medroulle 0 corazón en breve corpo,
limpa a mirada, tenrura sempre acesa.

A Santa Catalina acude presto
temperando vontade e sentimento,
entregándose aos libros e aos rezos.

Irman de todos nos, Pepe Gallego
bule canto pode entre a xente lixeiro
na procura dos camifios do Reino.

Como Paulo de Philipos a Corinto
o pai Vila recorre os camifios

de Árbol a Goa e Carballido.

David Corral (O encontro de Árbol. Xullo do 2005)

 

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*