José Luis Novo Cazón

Nacido en Vilalba en 1949 e finado  en  2013[1],

Ingresou   no Seminario de Mondoñedo entre 1959.

Licenciouse en Filosofía e Letras e fixo posteriormente o doutoramento en Historia pola Universidade de Oviedo. Foi catedráticode Xeografía e Historia en Bacharelato. Foi subdirector xeral do Libro, Bibliotecas e Patrimonio Documental da Xunta de Galiciaentre 1984 e 1988, e director xeral da EXB tamén coa Xunta de Galicia entre 1987 e 1990. Traballou no IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo.

Foi o Presidente do Instituto de Estudos Chairegos entre 2005 e 2008.

 

Obra en galego

            Ensaio

  • O legado santiaguista de Vilar de Donas (1989).
  • Un xeito de olla-la obra escultórica de Víctor Corral Castro (Citania de Publicacións, 2001).
  • O camiño norte de Santiago na plumiña de Ramón Guntín (Instituto de Estudos Chairegos, 2004).
  • A Memoria de Vilalba (2006).
  • Galegos na historia: Lois Peña Novo (Editorial Ir Indo).

 

Obras colectivas      

  • Chanot, pintor gaditano-vilalbés (Instituto de Estudos Chairegos, 2007). Con Xosé M. Felpeto Enríquez.
  • Capelas e ermidas da Costa. A relixiosidade barroca en San Simón (Instituto de Estudos Chairegos, 2009). Con Sabela Figueira Tenreiro e Carme Pernas Bermúdez.
  • Avelino Fernández, memorias dun mestre itinerante (Instituto de Estudos Chairegos, 2009). Coordinación do volume xunto a Manuel Roca

Obras en castelán

Ensaio   

  • Loio: de monasterio fructuosiano a encomienda santiaguista (1984).
  • El priorato santiaguista de Vilar de Donas en la Edad Media (1194-1500) (1986).