Perfil de Otero Pedrayo

Prof. Ramón Villares

Por Ramón Villares (1) 

Ramón Otero Pedrayo foi unha figura inmensa, que ocupou a vida cultural e política de Galicia durante boa parte do século XX. Nacido en 1888 e falecido en 1876, na cidade de Ourense, a súa residencia máis coñecida foi o Pazo de Cimadevila, en Trasalba (Amoeiro), onde hoxe está a Fundación que leva o seu nome. A mellor definición da figura  é que se trata dun auténtico polígrafo, que cultivou case todas as artes, desde a escrita literaria (romance, teatro, poesía) ata o ensaio de carácter xeográfico e histórico e a oratoria. Como escritor  deixou obras memorables, como Os camiños da vida (1928), Arredor de sí (1930) ou A vocación  de Adrián Silva (1949), pero tamén ensaios como a Guía de Galicia (1926), con moitas edicións posteriores ou o  Ensayo histórico de la cultura gallega (1933), no que deseña unha sorte de “teoría de Galicia”, sendo ademais  escritor e receptor de moitos milleiros de cartas que debuxan o mundo local e global no que Otero se movía.

Una formación universal

Formado na universidade de Madrid, cidade na que viviu “catorce invernos” (1905-1918), foi profesor de liceo ata 1937, cando foi apartado por razóns políticas da cátedra por mais de dez anos. En 1950, logra ocupar a primeira cátedra de Xeografía na Universidade de Santiago,  cidade na que pasou “oito anos ditosos”, onde se converteu no gran mestre da mocidade universitaria e no referente esencial para unha cultura de resistencia.

Como escritor e pensador, educouse en España á marxe, pero non en contra, da Institución libre de Enseñanza e foi un voraz lector, desde os seus tempos de asiduo visitante do Ateneo de Madrid, da gran literatura europea, nomeadamente a francesa (Chateaubriand, Stendhal, Balzac, Baudelaire), pero tamén a alemana (Goethe) ou inglesa, sendo o primeiro traductor a unha lingua ibérica dunha parte do Ulysses do irlandés James Joyce. Estaba na Terra, pero tiña un lugar de seu no Mundo

Presencia pública

Alén desta formación intelectual, Otero tivo unha intensa e permanente presenza pública na cultura galega, desde a década dos vinte ata o final da súa vida. Foi membro relevante do grupo da revista Nós, canda Risco e Castelao, articulista en El Pueblo Gallego, de Vigo ou La Noche, de Santiago e foi fundador da editorial Galaxia e presidente  ata a súa morte, á que legou todo o seu patrimonio material e inmaterial.

Dirixente do galeguismo

Militante das Irmandades da Fala, foi sobre todo un dirixente político do galeguismo político, como deputado da “minoria galega” nas Cortes constituíntes da II República, defensor do proceso autonomista que logrou o plebiscito do Estatuto de Autonomia de xuño de 1936 e tecedor da alianza Galeuzca, constituída no “pacto de Compostela” de 1933.  Despois de xullo de 1936, súa voz debeu actuar silandeiramente (publicando con pseudónimo) durante moitos anos, pero foi quen de reconstruír lazos tanto no interior como coa Galicia americana, a onde foi convidado en varias ocasións. Dous libros singulares dan conta desta conexión americana: O libro dos amigos (1953) homenaxe a tantos compañeiros inmolados ou exiliados no 36 e Polos vieiros da saudade (1952) no que conta a súa viaxe a Bós Aires de 1947 e o abrazo de despedida, dado entre bágoas nunha rúa de Bós Aires, ao seu compañeiro da alma, Castelao. Obras e actitudes que dan idea da grandeza moral e da dignidade política que adornaron a enteira vida do señor de Trasalba, a quen este ano o Parlamento de Galicia acordou homenaxear coa declaración do “Ano Otero Pedrayo”.

Intelectual de dimensión ibérica

Vista de forma global, a figura de Otero Pedrayo é moito máis do que un autor que naceu e viviu en Galicia e que escribiu ducias de libros sobre a xeografía, a historia, a literatura  e a cultura galegas. El pode considerarse realmente un intelectual de dimensión ibérica (pois frecuentou moito Portugal) e mesmo europea. Era capaz de dialogar intelectualmente con figuras senlleiras da cultura occidental, desde o italiano Vico, o alemáns  Goethe, Herder  ou Spengler, ata o inglés Ruskin ou os franceses Barrés e  Vidal de la Blache,  sen esquecer aos galegos Paulo Orosio, Benito G. Feijoo, Martin Sarmiento, Eduardo Pondal ou Manuel Murguía. Todos eles, e moitos máis, ecoan na prosa do “patriarca” de Trasalba para contento dos seus lectores.

Reconocimiento a Ramón Villares 

(1) La concesión a nuestro antiguo compañero Ramón Villares Paz del Premio Trasalba 2026 viene a reafirmar el  lugar de privilegio que ocupa desde hace décadas en el concierto intelectual de Galicia:  una vida enmarcada en su temprana cátedra de Historia Moderna, sus cargos de Rector de la USC y de presidente del Consello da Cultura Galega y su sólida obra de investigación .  El Patronato de la Fundación Otero Pedrayo  premia a Villares “en recoñecemento á súa traxectoria intelectual e o seu compromiso continuado coa cultura galega e a súa entrega á causa oteriana e ós moitos anos dedicados á investigación da Xeneración Nós desde a historia e a xeografía”. En el fallo del jurado se hace mención expresa al ensayo “Fuga e retorno de Adrián Solovio” (que Villares publicó en Galaxia en 2018), “unha das obras clave para achegarse ao pensamento de Ramón  Otero Pedrayo”.

La entrega del premio está anunciada para el próximo mes de junio.

El texto “Perfil de Ramón Otero Pedrayo” ha sido escrito por nuestro amigo don Ramón en exclusiva para la web y el  chat que acoge a sus antiguos condiscípulos del Seminario de Mondoñedo.

Una vez más, Ramón, ahí va la felicitación afectuosas y el   gran abrazo de tus viejos camaradas de claustro.

 

 

 

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*