Ramón Villares Paz

(Cazás-Xermade, 1951). Estudou no Seminario de Mondoñedo (1961-1967), na Universidade de Comillas (1967-1968) e na Universidade de Santiago (1968-1973), onde se licenciou en Historia

Doutor con Premio Extraordinario en 1980 e Catedrático desde 1987,  foi tamén Decano da Facultade de Xeografía e Historia (1986-1990) e Reitor Magnífico da Universidade (1990-1994).

 

Presidente do Consello da Cultura Galega.-Membro fundador e Presidente (1996-2002), da Asociación Española de Historia Contemporánea, tamén foi Director en Galicia da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (1997-2006) e Presidente do Consello da Cultura (2006-2018). É membro numerario da Real Academia Galega e Correspondente da Real Academia de las Buenas Letras de Barcelona.

 

Distinciones.-Pola sua traxectora académica e científica ten recibido moitos premios e distincións, destacando os Doutorados Honoris Causa polas universidades de Buenos Aires (1992), Minho-Braga (2015) e Rennes-2- Bretagne (2017), así como o Premio Cultura Galega á Proxección Exterioir (Xunta de Galicia, 2018)

 

Investigador.-Profesor e investigador desde hai máis de catro décadas, foi fundador do Grupo de Investigación “Historia Agraria de Galicia”  (Histagra) e participou en numerosas axencias de avaliación da investigación, tendo sido Chairperson do Painel internacional de Historia, Arqueoloxía e Historia da Ciencia, nomeado polo Goberno de Portugal (2007-2011).

Como autor, ten publicado ou coordenado máis de trinta libros, e numerosos artigos en revistas especializadas ou libros colectivos, entre os que se poden destacar os seguintes:

 

Obra publicada

  • La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936, Siglo XXI Editores, Madrid, 1982, pp. 453
  • A Historia
  • Biblioteca Básica da Cultura Galega, Editorial Galaxia, Vigo, 1984, pp. 266
  • Historia da emigración galega a América, Col. «A Nosa Diáspora», Xunta de Galicia, 1996, 171 pp. (en colab. con Marcelino Fernández)
  • Figuras da nación, Edicións Xerais de Galicia, Col. Universitaria, Vigo, 1997, 275 pp.
  • El mundo contemporáneo. Siglos XIX y XX, Editorial Taurus, Madrid, 2001, 621 pp. (en colaboración con Angel Bahamonde),
  • Historia de Galicia, Editorial Galaxia, Vigo,2004, pp. 476, 2ª edición correxida e moi aumentada
  • Restauración y Dictadura, vol. 7 de Josep Fontana y Ramón Villares (dirs.), Historia de España, Editorial Critica/Marcial Pons, Barcelona, 2009, 760 pp. (en colaboración con Javier Moreno Luzón)
  • Identidades e afectos patrios, Editorial Galaxia, Vigo, 2017, 356 pp.
  • Una nación entre dos mundos, Pasado&Presente, Barcelona, 2019, 296 pp
  • Exilio republicano y pluralismo nacional. España, 1936-1982, Marcial Pons Historia, Madrid, 2020

Coordinación de libros

  • Donos de seu. Estudios de historia agraria de Galicia, Sotelo Blanco Edicións, Barcelona, 1988, pp. 427
  • Señores y campesinos en la Península Ibérica, 2 vols. Editorial Critica/Consello da Cultura Galega, Barcelona,1991 (coeditor, con Pegerto Saavedra), pp. 330 y 404
  • Os símbolos de Galicia, Consello da Cultura Galega/Real Academia Galega, Santiago de Compostela, 2007 (con X.R. Barreiro)
  • Historia de España, Editorial Crítica/Marcial Pons Ediciones de Historia, Barcelona-Madrid, 2007-2017 (12 vols.) (con Josep Fontana)
  • Emigrante dun país soñado. Luis Seoane entre Arxentina e Galicia. (Actas do congreso internacional Luis Seoane. Galicia-Arxentina: unha dobre cidadanía). Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela, 2011, 493 pp.
  • Os exilios ibéricos: unha ollada comparada. Nos 70 anos da fundación do Consello de Galiza, Consello da Cultura Galega (Santiago), 2017, 437 pp (con M.Núñez Seixas)
  • Galicia-Bretaña. Olladas comparadas, Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela, 2020, 351 pp. (con J.F.Botrel y C.Rivalan),