Pregaria a San Roque no ano do covid

Por Ricardo Timiraos Castro

Benquerido San Roque:

Non quero pasar a túa onomástica sin levar o meu corazón os teus pés para pregarche, unha vez máis, por todas aquelas cousas diste Viveiro que sabes que me doen. Prégoche por iste Pobo, onte fermoso  paraíso de persoas,  onde vivíamos disfrutando  dun verxel, onde a pobreza era solidaria, e o mar pan e a terra leite. Sí,  fáloche daquel Viveiro que  foi templo de fe sin parafernalias e  de convivencia pacífica para curar feridas dunha guerra que non mereceu existir. Faloche de Viveiro terra de galernas, mina e hortas e moita miseria.  De feiras e festas sen crases sociais, nin farrapo de gaitas. Falo dun Viveiro entrañable e acolledor onde o diñeiro  non existía ou só estaba agochado na faldiqueira dos avaros. Fáloche do Viveiro onde os principios viñan nos xenes e a xenerosidade vivía en cada casa. ¿Verdade que falo doutro Viveiro? Sen dúbida. Sí falo  do paraíso que di Rosalía perdeu Adán.  Pero nós tamén o perdimos.

O Viveiro de hoxe aí o tés: Desde fai tempo camiña a remedo do Benidorm máis brutal e especulativo.  E con il, a xente, cada día máis desnortada, superficial, codiciosa e indolente: pasota do interés común e displicente e maleducada con quen se esforza por mellorar a sociedade. Non, meu Compañeiro, somos peregríns camiño do Alén. Non insistirei hoxe nas denuncias nin na abulia dos veciños ante iste estado de postración en que se atopa a nosa Vila, nin tampouco quero entrar en posturas ideolóxicas. A miña, como ben debes saber, é que lle vaia ben. E se poidera ser, mellor que ben. Por iso subo a pregarcho cada ano.

Perdoa a miña ausencia niste ano do covid. A culpa é diste maldito bicho do que ti es avogado para ben- peste e males-, pero il non me da permiso. A prudencia sempre foi boa conselleira e que por ela non quede.

Pois xa no Monte- aló vou co meu maxín- entre mogollón de xente de parranda, sei que   volvería sintirme só e tristón. E xa que non poderei abrazar con sincero agarimo a moitos dos meus compañeiros e paisanos, permíteme al menos encomendar a túa intersección por los mortos, xa polo  covid, xa pola paradóxica vida. Se, meu Santo, a mín, xa no meu outono, tamén se me secan as pólas da árbore da amistade, e voan como as anduriñas moitos amigos, veciños ou simples   compañeiros. Cada ano aumenta a desmesta e medra a miña soedade. Só agora falo de que xa non subirá connosco Carlitos de Chavín. Nin Pablo Gómez Albo, nin a súa dona Milita Barro…Pero ¡son tántos! Porque, Compañeiro, despois de corenta e cinco anos definitivamente alonxado, xa perdín a pista á xente, e non pregunto se viven ou morreron, porque nin o sei, nin quero danar os seus. Os corazóns medran cos exemplos dos xenerosos, por iso certo é que naide morre mentras alguén o recorde. Manía miña é que falo coas estrelas e nelas vexo as persoas que me regalaron moitos momentos felices.

Sobre os vivos direiche, Patrón, que para mín o vrao sempre foi a mellor época do ano. Non pola praia, nin  isas cousas, senón pola ledicia que supón atopar a vellos amigos ou veciños ós que a vida espallou polo mundo, e poder compartir con iles al menos o saúdo. E alédome se lles vai ben e boto de menos ós que a vida non lles axudou moito. Para istes o máis profundo aperta, de buxo diría o  meu amigo Mero, e os mellores desexos.

Volvendo ó Monte, gozo, non embargantes, disa festa de gaitas e chocolate con churros, de que un fervoroso/a  colaborador/a  poña ante os meus beizos  a túa imaxe para “librarnos de peste   e males”. ¡Non se che esqueza, que levo cinco meses en clausura!

E xa fóra da Capela, misa e procesión incruídas, sorrio coa memoria de velos nenos brincando, a xeito de baile, coa música e tamén comparto a ledicia e bó humor de moita xente xenerosa que nos agasalla ós que xa a vida nos roubou as ganas de troulear. Sí, tamén fumos novos.

E coa mesma un bota de menos ós seus amigos precursores amigos xentes  coma Neira, Xanás,  Gerino, algún ano Tobio, Manolo do Reino, os citados Carlitos e Pablo… pero por fortuna aínda podremos coincidir, se non deixan, con Juan Carlos Neira e Dina, Muriel, Moar, Dani do Xanás, Moncho y José A. Pernas, Pepe do Goio (que ven de Burela), Ribera ( Escolma de Meus), Mari Carmen Chipe e familia…e, por suposto, moitos da miña, nenos incluidos.

Mestre, san Roque, perdoa que me perderá polo monte como o teu Can e non che pregara moi ben outras cousa que Ti esperabas.

Pregeiche por Viveiro e ben se ve a intención; porque nos libres diste maldito bicho tamén. Pero esquecinme pedirche por ista xente nova que vive sen sentido, al menos desde o meu punto de vista; por ista xente, en xeral, que idolatra os cartos e os gasta en parvadas; por ista  estúpida sociedade de presunción e altanera ignorancia; por esta xente indolente que só quer o seu pobo  nas declaracións no Faceboock; polos que están fartos de loitar e os seus esforzos son bágoas no ermo; polos que chuzan cada día no seus chollos e malamente chegan a fin de mes;  polas xentes de Aluminio e outras situacións parellas; polos labregos e mariñeiros iso xa non tén que dicir; polos amigos e veciños que tamén viven lonxe e non poden disfrutar do seu soño… Por todo o que é necesario e olvido. E, por suposto, por todos, e tamén polos meus e por mín.

Por último, sigue coidando do teu  Can, a quen boto de menos. Os ladridos son moi necesarios para coidar o Pobo. Cecais leven a mordacidade, pero non roen,  as palabras só son  armas dialécticas. Niste caso, encamiñadas a defender o Pobo, mais non todo o mundo pensamos igoal. Repito: “¡Por dicir Viva San Roque…!”

Apertas de buxo sempre.

Ricardo Timiraos Castro.

Colmenar Viejo- Agosto del Covid – 2020.

 

 

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*