Ramón Irago Silva

Ramón Irago Silva, Irago para todos, nace na aldeíña de Moldes das terras de Melide, no ano 1940, polo tanto anda agora nos oitenta anos. De pequeniño marcha para o mosteiro bieito de Vilanova de Lourenzá para estudiar para cura, con tanta présa que xa ingresa un día antes e coñece ó primeiro compañeiro, Manolo Cabana, que tamén chegara un día antes,que se nega a cear se non lle sirven unha gaseosa. O reitor, D.José Mª Puente, manda que así se faga.

Remata a carreira eclesiástica no Seminario de Mondoñedo, anos felices, estudiando en latín, xogando ó fútbol, lendo moito, moito, a lectura axúdalle a voar fóra de rutinas e brétemas que envolven a vida e paredes daquel edificio. Pero tempos  felices insisto, exceptuando os anos, segundo me contou anos despois o amigo Pepe Lage Grandío que me oiu chorar moitas noites a causa dos terribles sabañóns que me maltrataban no inverno .

Rápidamente chegou 1963 e son sacerdote. Unha tempada de secretario do bispo D.Jacinto Argaya lévame a cura rural en Val de Xestoso, parroquia das terras de Monfero. Despois continuei exercendo o ministerio varios anos por Ferrol, capellán militar de Infantería de Marina en Cádiz.

Terminada a etapa de crego, dedico a miña vida a mestre de escola durante trinta anos. Poño todo o meu interese en que os nenos acudan contentos cada día á escola.

E ademais a maravillosa afición á pintura. Sempre. Cando queirades ver algo do meu traballo escribide A miña pintura en internet.