Antigos alumnos renderán homenaxe en 2015 ó Seminario de Mondoñedo

Constituíuse unha comisión para a organización dos actos

O Seminario Conciliar Santa Catalina, de Mondoñedo, recibirá neste ano de 2015 unha homenaxe por parte de antigos alumnos que non alcanzaron a orde sacerdotal. O sentimento de recoñecemento dos ex seminaristas ao labor secular do centro, de gran relevancia dentro da cultura galega e á formación humanista recibida cobrou realce despois de que o 21 de xuño de 2013 o Bispado de Mondoñedo-Ferrol anunciase o peche do “ámbito académico” dos estudos eclesiásticos no Seminario mindoniense tras manter ese labor ao longo de 441 anos.

Máis de 1.600 ex seminaristas

A idea da homenaxe circulara nas reunións anuais que diferentes promocións de antigos seminaristas celebraban na propia sede do Seminario, nun patente propósito de manter os seus vínculos como condiscípulos e avivar recordos da súa estancia nos centros de Vilanova de Lourenzá (os dous primeiros cursos do ciclo Latín e Humanidades) e de Mondoñedo. Froito dese estado de ánimo, o pasado mes de agosto quedou constituída unha Comisión Organizadora que se encargará de confeccionar un programa de actos de homenaxe ao Seminario e de estender a convocatoria ao maior número de antigos alumnos. Só nos últimos 60 anos pasaron polo Seminario mindoniense máis de 1.600 alumnos, dos que unha cuarta parte chegou ao presbiterado.

 Comisión Organizadora

O grupo que se encargará de xestionar a homenaxe deu xa os seus primeiros pasos mediante a posta en servizo da presente páxina web, orientada a fomentar a participación de todos os ex seminaristas mindonienses, xa sexa mediante a achega de documentos relevantes sobre a historia e significación social, cultural e científica do Seminario, ben facendo partícipes aos seus antigos compañeiros do seu testemuño persoal ou facendo chegar á Comisión as súas suxestións e iniciativas. A páxina web inclúe un apartado reservado ás adhesións. Espérase que nela inscriba o seu nome un número elevado de ex seminaristas, o que daría pleno sentido e representatividade á Homenaxe.

A información sobre o desenvolvemento dos preparativos da Homenaxe terá oportuna difusión na presente páxina web.

Unha homenaxe participativa

Dunha iniciativa colectiva só cabe esperar unha participación tamén colectiva. Todos os que sintamos proximidade e afecto polo Seminario somos protagonistas individuais da Homenaxe: todos temos a palabra. O noso lugar de encontro será o sitio web www.homenaxeseminariomondonedo.com

Teredes visto que a páxina está en formación, crecendo cada día. Como dirían os teólogos, é unha páxina in fieri, onde as achegas de cada un de nós constitúen unha comuñón de ideas e sentimentos.

Hai moitas “tentacións” para colaborar.

  • A primeira, enviando o “testemuño” persoal que se inseriría na pestana así denominada.
  • Os artigos de fondo terán o seu asento no apartado “Tribuna” Aquí reclámase do autor un especial rigor e profundidade conceptual; se o propósito é render homenaxe á formación humanística -entre outras- do Seminario, haberá que empezar por facelo. É un espazo aberto para a ciencia e o enxeño. Recoméndase non superar a extensión de catro folios para estas entregas.
  • Galería de Reitores: achegar documentación sobre os reitores que se sucederon no noso Seminario despois da guerra Civil, coa súa foto.
  • A vida no Seminario. Se abres esa sección, na columna da dereita, acharás un menú de oportunidades. Todos gardamos datos, anécdotas e recordos daquel Seminario fillo do seu tempo -tamén no material- que hoxe nos devolve unha entrañable estampa en sepia.
  •  Álbum. A colección de fotos será un dos espazos máis atractivos da web. Hai infinidade de recordos gráficos arrumbados nos baúis da nosa casa. Interesan todas as fotos, pero habería que premiar aquelas que nos recoñezan nas nosas actividades, nos deportes, nas excursións
  • Suxestións. A longa marcha cara á homenaxe non fixo máis que empezar. Temos case un ano para preparalo. Coa túa achega, a web será máis rica de contido e máis atractiva. Envía as túas ideas á Comisión Organizadora.
  • A nosa Biblioteca. Non hai un voluntario que investigue o contido da Biblioteca do Seminario? Hai pezas impagables, desde incunables a un manuscrito do século XIV. Isto hai que contalo.

Nota oficial do Obispado. Ver máis.

Comisión Organizadora do Homenaxe. Ver máis.

10 comentarios

  1. Con ilusión y sin datos de aqueles anos lexanos no tempo e non no corazón, adhírome a vosa iniciativa.
    Antonio López Díaz. Remourelle. Arante, RIBADEO

  2. A miña felicitación pola idea. O Seminario non son as paredes nin o edificio; aí están os compañeiros, os profesores e superiores que nos acompañaron neses anos tan inesquecibles da nosa vida. Súmome de corazón. Apertas para todos.

  3. Gran idea, mis felicitaciones. Me gustaría saber si este homenaje es solo de los seminaristas que estudiaban el bachiller superior o también para los que, como es mi caso, estudiamos el bachiller elemental en el Seminario, yo concretamente estuve cursando 1º, 2º y 3º. Fueron solamente tres años, pero de imborrable recuerdo. Me gustaría conocer más detalles, fechas, actos, etc.
    Muchas gracias

  4. A tiempo pasado mis recuerdos del colegio cada vez se hacen mejores, no sé si será porque se añoran aquellos años o porque en realidad sí fueron especiales. Llegué con 12 años con mucho miedo al separarme de mi familia, pero a los 3 meses me molestaba hasta que me llamaran por teléfono ya que perdía el sitio en la sala de la tele.
    Espero que el homenaje sea un éxito, contad conmigo para lo que sea.

  5. Estudiei no seminario en Lorenzana ( 1 ano) e en Mondoñedo os tres anos do Menor e os tres do mayor. A teoloxía estudieina no Teologado en Torres Quevedo- Salamamnca. Paréceme ben a homenaxe e desexo participar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*