Segue sendo moi simbólico para min conservar o LIBER CHORI que abría cada semana na páxina correspondente cando don Uxio nos convocaba para o ensaio da misa do domingo ou de maneira especial antes de cada celebración festiva como era o caso de San Nicolás ou Santa Catalina ou as cerimonias das distintas ordes.
Non era o meu forte a música e tampouco a hora despois de comer era a máis propicia para quen as corcheas, semicorcheas, fusas e semifusas eran case unha tortura. Quizá por iso non conservo o método orixinal SOLFEO DE LOS SOLFEOS de Lemoine e Carulli que lección a lección solfexaba sen ningún entusiasmo. Aquí vemos algún dos métodos de solfeo usados no Seminario nos anos 50 e 60 do pasado século.

Profesores “da casa”.-Pero había unha excepción, cando chegaba o Nadal, normalmente a partir de Santa Catalina, don Uxio confiaba a clase de música aos teólogos colaboradores: No noso caso a Jesús Gómez García, “o Vivariense”, que con moita paciencia, competencia musical e bo humor trataba de que non desafináramos quen nin formábamos parte do coro nin nunca fomos candidatos a tal dignidade. E aquilo parecianos un pouco máis divertido que o solfexo puro e duro. Cando nós chegamos a Mondoñedo no curso 61/62, Jesús cursaba 1º de Teoloxía. Logo durante varios anos párroco de Vilalba e director da Coral. Casualidades da vida, logo substitúelle don Uxio.
Liderazgo de don Uxío.-En días pasados cando o noso amigo Ramón lembrábanos a quen formaba parte do claustro de profesores daqueles anos, pensei que algo tiñamos que agradecer tamén aos nosos “irmáns maiores” os teólogos que colaboraban co equipo reitoral no día a día da vixilancia e control de estudos, comedor e tempo libre. E no ámbito docente como profesores de música liderado por don Uxio substituíndolle nas clases, nos ensaios do coro e tamén todos ou na maioría dos casos tocando o armonio.
Por proximidade e afecto, porque nacemos na mesma aldea, porque foi tamén quen nos axudou a min e a outros compañeiros para dar os primeiros pasos preparándonos para o exame de ingreso, o meu primeiro recordo é para Antonio Domínguez Martínez, para nós “Toñito do Muiño”. Domíguez enseñou estas famosas pezas ó seus alumnos.



Antonio Domínguez.-Antonio e os seus compañeiros ordenáronse sacerdotes en Viveiro ao finalizar o curso 60/61 cando eu cursaba 2º en Lorenzana. Non tiven, por tanto, ocasión de coincidir con él en Mondoñedo aínda que lóxicamente si en vacacións en San Xoan de Alba. Aínda lembro a súa voz na igrexa onde ambos fomos bautizados como entoaba o “Dies iræ, dies illa, solvet sæclum in favilla,…..” naqueles funerais que entón se celebraban con dez ou máis curas segundo a categoría do falecido. Compañeiros de cursos superiores ao noso poden dar testemuño das súas clases de música no seminario, Recordo con gratitude como Antonio axudaba a Pilar a nosa catequista a preparar a festa de Reyes na que recitabamos versos e cantabamos panxoliñas que Antonio con paciencia e bo humor dirixía. A única voz afinada era a de Xulio Leal porque os demais acompañabamos como podiamos.
Antonio Domínguez lembro que tamén axudaba nos campamentos de verán e en todas aquelas actividades nas que a música puxese, e nunca mellor devandito, unha nota de diversión. E diso quedou algún testemuño gráfico. Dese primeiro curso 61/62 en Mondoñedo ademais de Jesús Gómez, lembro a presenza nos estudos ou nalgunha clase de música de Jesús Mira Cotelo, Bernardo García Cendán, a quen logo me uniu unha entrañable amizade nos últimos anos da súa vida en Vilalba. Recordo tamén a Jesús Vispo Domínguez, primo de don Ricardo, e a Jesús Goldar, tamén bos músicos.

Otros maestros colaboradores.-Non quero finalizar sen facer mención a dous bos amigos e compañeiros a quen as tarefas docentes volveron a uninos pasados bastantes anos e que tamén formaron parte dese grupo de colaboradores co profesorado do seminario nos seus últimos cursos de Teoloxía, Antonio Villar Cheda e Eugenio Núñez Rios (qepd). Algunhas tardes de faladoiro nas nosas casas de Eibar e Ermua alá polos anos 72-76 nunca faltaba volver a vista atrás para lembrar partidos de fútbol, veladas de Santa Catalina, o arroz dos domingos de Lorenzana, a sempiterna mazá da merenda ou a música coa que Antonio con voz potente encargábase de amenizar a cea ou a merenda.
Nin son todos os que están nin están todos os que son. Só pretendo iniciar con estas liñas o camiño para que outros compañeiros de cursos anteriores e posteriores fagan memoria e vaian lembrando a estes colaboradores que deixaron tamén pegada na vida do seminari
Once “estrellas” del fútbol
Sólo dos jugadores de esta alineación cuajadas de “estrellas” tuvieron continuidad en el fútbol regional tras su salida del Seminario: el lateral carrilero Espina, en el Huracán mindoniense y Racing Villalbés, y Rico, fino delantero centro, en el Foz y Fabril (La Coruña), Los otros nueve brillaron sólo de puertas adentro, pero unos colosos todos ellos.

Luis Fole Freire. Sancobad, Villalba, 1936
José Ramón Franco Trashorras. Riotorto, 1942
Rafael Lombardero García. A Pontenova, 1942
Ángel Ferreiro Currás. Boizán, Villalba, 1935
José Ramón Montenegro Espina. Guadalupe, Villalba, 1941
Orlando Sánchez Sánchez. Foz, 1942
Delante:
Manuel Cabana Fernández. Germar, Cospeito, 1940
Bernardo García Cendán. Villalba, 1941
Antonio Domínguez Martínez. San Juan de Alba, 1938
Santiago Rico Méndez. Villoalle, Mondoñedo, 1942
José Ramón Monterroso Fernández. Melide, 1942
Dejar una contestacion