HOMENAJE A MONTERO SANTALLA Por Pedro Conde González

Profesor Xosé Martiño Montero Santalla

A las voces del homenaje (24 de octubre en Cerdido) siguen los ecos. Xosé Martiño Montero Santalla  seguirá dando que hablar. Si la lingüística gallega tuviera una plaza pública donde manifestarse,  allí se elevaría sobre un pedestal la imagen grecolatina de nuestro compañero.

Como habíamos prometido, publicamos ahora el texto enviado para aquel acto de reconocimiento por Pedro Conde González. hermano de Martiño en  tantas venturas vocacionales e intelectuales,  con motivo del nombramiento de Martiño como Hijo Adoptivo de  Cerdido (A Coruña), el pueblo que le vio nacer en 1947.

 

MARTINHO MONTERO: INTELIXENCIA, SABEDURÍA, SINXELEZA

Escribe Pedro Conde

Tiven a sorte de compartir con Martinho, perante 8 anos, as frutíferas vivencias do internado
no Seminario mindoniense: dous anos en Lourenzá e seis en Mondoñedo, dende os nosos
10-11 anos ata os 18-19, ó longo dos anos 1957 a 1965.
Dende o primeiro ano en Lourenzá, Martinho foi un referente para os 60 alumnos do curso:
aquel rapaciño de Cerdido amosou unha intelixencia privilexiada, posta de manifesto non
soio no pleno de “meritissimus” (másima nota) en tódalas asignaturas, senon tamén e sobre
todo, pola súa innata inquedanza cultural.
Martinho estivo presente en cantas manifestacións culturáis tiveron lugar nos 8 anos de
estancia no Seminario: director e actor en obras de teatro, organizador de eventos en días
sinalados de celebracións patronáis, membro dos equipos redactores de muráis e revistas.
Foi capaz de escribir unha historia do Seminario de Mondoñedo, devoraba libros (mesmo
mercou unha gramática de portugués).
E por iso cabe decir que Martinho engadía á súa intelexencia natural unha precoz
sabeduría, porque sabio non é o que nece intelixente, senon o que pon a intelixencia a
traballar. En termos bíblicos, a parábola dos talentos vén moito ó caso: Martinho recibeu
moitos talentos, pero soupo multiplicalos i eso é o que distingue a un auténtico sabio do
simplemente intelixente.
Non teño suficente espacio nin capacidade para glosar os méritos de Martinho nos anos
que van dende a súa estancia na Universidade Gregoriana de Roma ata hoxe. Pero non
deixo de admirar a inxente e brillante traxectoria en ámbtos tan distintos como a poesía, a
lingüística, a teoloxía….
Recén licenciado en Roma, foi xa profesor agregado na Universidade Gregoriana e logo no
Instituto teolóxico de Compostela. Licenciado en Filología hispánica pola UNED e doctorado
pola Universidade coruñesa, foi profesor ata a súa xubilación no campus do Pontevedra.
Admiro moito o seu compromiso con Galiza e a súa loita pola supervivencia da nosa lingua.
Martinho foi impulsor e alma do grupo “Os Irmandiños” e segue a loitar e berrando que “se
non hai falantes, mal pode ir a lingua”.
Admiro tamén a súa capacidade para desenvolverse con maestría no campo da poesía,
tanto nos versos que dedica ó portal de Belén como á cidade de Pontevedra, ata ser autor
de unha obra maestra en forma de tesis doctoral sobre nada menos que a poesía
trobadoresca galaico-portuguesa.
Pero non quero rematar sen poñer de manifesto a característica de Martinho que da sentido
e reforza canto levo dito da súa intelixencia e sabiduría: Martinho é, sobre todo, un home
sinxelo: a sinxeleza é a súa característica máia sobresaínte. Nos oito anos de convivencia
mindoniense non recordo a máis mínima sinal de altanería. Martinho era un rapaz co sorriso
permanente, disposto sempre a ciolaborar e axudar ós compañeiros no que necesitasen.
No última conversa telefónica que mantiven con él, díxome que tiña aínda moitos traballos
pendentes. Agardemos pois que siga sorprendéndonos moitos anos. En termos
futbolísticos, eu quero sempre a Martinho no meu equipo.
Noraboa Cerdido por ese fillo intelixente, sabio e sinxelo.
Pedro Conde González
Vigo, 24/09/2026

Cartel homenaje

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*