Meritissimus para Antonio López como rector de la USC

Sede del Rectorado de la UCS en la Praza do Obradoiro

Con la misma máxima nota de “meritissimus” que tantas veces cosechó en las aulas del Seminario de Mondoñedo, nuestro antiguo compañero Antonio López Díaz (Cabarcos, Barreiros, 1964)  culminará  el próximo 11 de marzo -tras la elección de su sucesora, en segunda vuelta-,  su mandato como  rector de la Universidad de Santiago de Compostela que ejerció en dos cuatrienios consecutivos.

 

El entonces catedrático de Derecho Financiero y  Tributario,  que fue elegido para un primer mandato en 2018, entró como un ciclón en el regio caserón del antiguo Colegio de San Jerónimo,  dispuesto a sacudir las crujías de la institución. Vuelve, pues, don Antonio a su sillón profesoral  por la puerta grande, una vitola que comparte con su ilustre predecesor, compañero y amigo,  Ramón Villares. Razón doble tenemos los antiguos seminaristas mindonienses para enorgullecernos al contar a estos dos rectores en la bien poblada orla de profesionales distinguidos, en muy diversas disciplinas,  que se formaron en nuestras mismas aulas.

Hemos hablado con Antonio estos días de transición, Le hemos solicitado una mínima reseña de las actividades que él considera reseñables de su paso por el rectorado de la primera universidad gallega, creada hace 530 años.

 

Y rematamos.

Señor Alcalde de Barreiros: ¿Es que no queda  mármol en la Mariña para nominar la “Calle del Rector Antonio López Díaz”?

 

El legado de Antonio López

Logo de un pouco menos de 8 anos, polos primeiros días de abril –dice López Díaz- remata o meu período ao fronte da Universidade de Santiago de Compostela. Tomará o relevo, por primeira vez,  unha muller 530 anos despois de que a Universidade de Santiago de Compostela botara a andar en setembro de 1495.

“Foron oito anos nos que tivemos que enfrontar dificultades que nin sequera foramos quen de imaxinar. O confinamento derivado da pandemia obrigounos a xestionar toda a actividade universitaria a través de ferramentas virtuais. E podemos dicir que, co apoio de todos, profesorado, estudantado, e persoal de administración e servizos, a Universidade soubo estar á altura e permitir que se puideran graduar, ou continuar os seus estudos, todo o estudantado, e manter a investigación e a xestión da propia institución, traballando cadaquén dende o seu domicilio. A guerra no corazón de Europa, ou accións xenocidas como a perpetrada en Gaza, xeraron, por unha banda tensión inflacionarais graves, pero ao mesmo tempo  tamén un posicionamento claro da Universidade a prol da paz, da convivencia e da defensa do dereito internacional.

“Aínda neste contexto difícil fomos quen de liderar a Universidade cara ao logro de obxectivos que consideramos estratéxicos para o presente e futuro da Universidade:

  1. O relevo xeracional tanto do Persoal docente e investigador (para o que se crearon 1295 prazas) como do persoal de administración e servizos (656 prazas). Ao mesmo tempo afrontouse un proceso de estabilización do persoal investigador e de adaptación ao novo rexime da LOSU, sendo hoxe a Universidade de España coa menor taxa de contratación temporal.
  2. A igualdade de oportunidades ofrecendo arredor de 1.000 prazas de Residencia Universitarias con prezo de que van dende os 48 euros/ mes (para aqueles que acreditan unha situación económica mais vunerable ) ata os 268 euros/ mes. Ao mesmo tempo tamen se implantaron axudas para bonos comedor (1.300 beneficiarios) por un importe de 600.000 euros.
  3. A aposta polos investimentos e a conservación do nos patrimonio, multiplicando por catro os fondos destinados ao mesmo. É de resaltar a licitación e o inicio das obras da nova Facultade de Farmacia, (23 millóns de Euros) , un investimento absolutamente prioritario e que afrontamos con unha simple operación de refinanciamento sen incrementar a débeda. Ao lado desa obra de especial relevancia leváronse a cabo intervencións de diferente intensidade en prácticamente todos os edificios da Universidade.
  4. O saneamento das constas da Universidade, cerrando todos estes exercicios, salvo o de 2020 polo impacto da pandemia, con resultados positivos e reducindo a débeda da Universidade dos 29 millóns de 2017, aos 9 millóns de 2024. Todo isto foi posible grazas á disciplina e contención do gasto corrente que conseguimos nestes 8 anos.
  5. O fortalecemento da investigación da Universidade multiplicando por dous os fondos destinados á mesma ata acadar 104 millóns de Euros en 2024, e creando novos centros de investigación, particularmente no ámbito das humanidades e as ciencias sociais que nos permitan seguir competindo a nivel nacional e internacional.
  6. O posicionamento internacional coa integración da USC no consorcio europeo EUNIWEL, Universidades polo benestar, xunto con Universidades como a de Colonia, Florencia, Nantes, Murcia, entre outras.
  7. A aposta pola igualdade efectiva de homes e mulleres, pasando a presenza de mulleres na categoría máis alta (Catredráticas de Universidade) dun 22 % a un 35 %, mentres que no resto de categorías xa superan o 50 %.

“Se miramos cara a ao futuro a Universidade de Santiago, aínda partindo dunha moi boa situación nacional (entre as 12 mellores de España)  e internacional  (entre as 600 mellores do mundo) vai ter que afrontar retos importantes:

  1. O reto demográfico, co redución da poboación en idade tipicamente universitaria (18-23 anos) o que obrigará a buscar futuros estudantes fora do noso país, moi particularmente en Latinoamérica, e abrir a oferta universitaria á formación ao longo da vida.
  2. O remate dos fondos Next Generation (en xuño de 2026) que terá un impacto importante particularmente nos fondos destinados a investigación.
  3. O problema da vivenda para o estudantado que ten que abandonar o fogar familiar para estudar na Universidade.
  4. A incorporación da Intelixencia Artificial que mudará non só os proceso de ensino e aprendizaxe, senón tamén os obxecto de estudos e a oferta formativa para adaptarse a esta nova realidade.

 

“En calquera caso, a Universidade parte dunha moi boa situación para superar estes retos satisfactoriamente.

“Pola miña banda, rematado este período  síntome un privilexiado por todo o que a Universidade me deu, nun exemplo mais desa función de ascensor social que, con xustiza, se lle atribúe. Saíndo dunha familia na que son o primeiro con estudos universitarios, neto dunha avoa que non sabía ler nin escribir,  pero que me quixo como ninguén neste mundo, a Universidade deumo todo, e permitiume ademais, liderala neste período que nunca esquecerei.

“Voltarei á miña Facultade de Dereito,  a dar aulas de Dereito Financeiro e Tributario e a desfrutar do contacto co alumnado que sí botei de menos ao longo destes anos. E sempre estarei disposto a colaborar onde se me pida para devolverlle á Universidade algo do moito que me adiantou.

Antonio López Díaz

 (1) Biografía Antonio López Díaz

López Díaz, Antonio

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*