A Homenaxe ó Seminario será o sábado 17 de outubro 2015

59A Comisión Organizadora e máis os altos responsábeis do Seminario e da diócese acordaron fixar a data da Homenaxe ó Seminario de Mondoñedo para o 17 de outubro, sábado e véspera das San Lucas, una das grandes festas tradicionais  da histórica cidade.

Os actos comenzarán ás once e media da mañá co descubrimento dunha placa no claustro, na que quedará constancia da homenaxe ofrecida polos antigos alumnos do centro. A continuación oficiarase a Eucaristía na capela grande do Seminario e, de seguido, no salón de actos, está prevista unha sesión académica na que se presentará un libro feito expresamente para esta ocasión. Trátase dunha obra composta por catro ensaios orixinais dos profesores Pegerto Saavedra (O Seminario, dende Trento ó século XIX), Antón Costas (O Seminario na época contemporánea), Armando Requeixo (A factoría literaria mindoniense) e Ana María Rodríguez (A Prensa mindoniense). Contará, ademais, cun prefacio de Ramón Villares, catedrático de Historia Moderna, presidente do Consello da Cultura Gallega e antigo alumno desde Seminario. Levará un Apéndice composto por textos poéticos da Escola Mindoniense, seleccionados por Armando Requeixo. A presentación estará a cargo de Francisco Cal Pardo, presidente da Comisión Organizadora da Homenaxe.

Reservas para o Xantar

O programa culminará cun xantar de confraternidade servido no antigo refectorio do Seminario Menor.

As reservas para o almorzo deben facerse, mediante pago adiantado de 30 (trinta) €, e

até o venres, 9 de Outubro, como data límite, á seguinte conta corrente

Nome da conta: Homenaje al Seminario de Mondoñedo

Número:    2080   5604   63     3040013381

Referencia: Xantar 17 outubro

 

Hospedaría “Santa Catalina”

Recoméndase ós que teñan pensado facer noite na Hospedaría do Seminario, formalicen a súa reserva de habitación canto antes, dada a elevada afluencia de hóspedes nas festas das San Lucas.

Hospedaría “Santa Catalina” (Praza do Seminario)

Recepción: 982 52 19 00

sestacata@yahoo.es

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*