Antón Meilán y el Galego en Asturias

Hace un par de semanas, nuestro compañero Antón Meilán García fue distinguido con el Premio Folgueira 2025 que concede la Asociación para la Normalización del Galego en Asturias (AXUNTAR) en su tercera edición. Un premio que fue otorgado también el periodista de TVE Javier Fortes. Meilán está considerado, según el juRado, como “figura esencial nos estudos sobre o galego do Eo-Navia”. 

La noticia fue acogida con una lluvia de felicitaciones de sus antiguos compañeros del Seminario al ya veterano catedrático mindoniense y profesor emérito de Lingüística de la Universidad de Oviedo. Toca ahora volver sobre la materia. ¿Qué alcance tiene la variedad lingüística del galego en Asturias, su razón de ser, su sustento científico?,  preguntamos  a Meilán. Él mismo nos anticipa que se trata de una materia”polémica” en el Principado, encabezado el debate  por la Academia da Llingua Asturiana. “Polémica” sin duda plena de interés para quienes suponemos que el objetivo primigenio  de la lengua , de todas las lenguas, no es otro que poder entendernos mejor.

Hemos pedido a Antonio Meilán García que eleve nuestros conocimientos y nos ponga al día. Recogemos íntegramente su exposición magistral.

 

O galego de Asturias, galego oriental

Por Antón X. Meilán García 

O galego que se fala no occidente de Asturias entre os ríos Navia e Eo pertence á variante do galego oriental, o mesmo que se fala nos concellos galegos de Fonsagrada, Navia de Suarna ou Ribeira de Piquín, coas lóxicas variantes dialectais, como lle corresponde a calquera lingua histórica.

Busto de Antón

Características do galego de Asturias.- Este galego oriental fronte ao galego común caracterízase por ser un galego «arcaico» e «conservador», e de aí que manteña uns trazos que se podan considerar como tales, así, entre outros:

O diptongo ua e ui: cuatro, cuartos / catro, cartos // muito, truita / moito, troita

A pérdida da yod ante x: baxo, caxa / baixo, caixa

Formas verbais como cantein / cantei

A forma el do artigo para o masculino e neutro: «fun con el meu amigo, fai el que che dé a gana

O emprego do partitivo: del, dela…, «¿queres viño? -Dame del»; «¿comiche empanada? -Comín dela».

Portada Libro Normas

Estos partitivos chegaron a lexicalizarse orixinando un novo paradigma de pronomes indefinidos: «Desde aquela, xamais nunca delos estiveron solos, porque as súas conversas sempre foron as dos verdadeiros amigos»; «Hai delos que labran delas (referido a patacas) pa cedo». Incluso, en determinados contextos formaban correlacións con outras unidades indefinidas: «y el taba dęntro, mais de cincoęnta personas pẹquenas e grandẹs; dlos lebaban o gadaña y outros lebaban paus».

As tres zonas do galego de Asturias.- Foi Xoán Babarro quen sinalou tres zonas lingüísticas entre esta franxa de terra asturiana e delimitada por estes dous ríos, así:

Zona A: comprende Abres – Taramundi e Os Coutos, que se caracteriza entre outros rasgos por coincidir co galego no uso do artigo o; as terminacións –iña(s), e –iño(s): cociña, tiña, viña, pequeniñas, veciños…, e os posesivos teu(s) e seu(s).

Concellos del Eo-Navia

Zona B: zona central, que abarca toda a área do centro e caracterízase polo emprego do artigo el (masculino e neutro); as terminacións –ía, –ías e –ius; os posesivos etimolóxicos tous e sous e os resultados do L- inicial e do –LL– intervocálicos latinos, que dividen esta zona en dúas subáreas segundo teñan palatalización ou non:

B1: leite, longo, tarrelo, tolo

B2: lleite, llongo, tarrello, tollo

Zona C: pertencen a esta zona as tres falas de transición, que corresponden con 1) uns concellos de Navia; 2) Villallón e 3) Ibias e Degaña, que manteñen trazos galegos e incorporan trazos do asturiano occidental.

As razóns históricas do galego de Asturias.- O feito de que se fale galego no extremo máis occidental de Asturias non se debe a que esté lindando con Galiza e que a lingua galega influise nesta franxa de terra asturiana coa que está en contacto. As razóns que xustifican o galego que se fala en Asturias son, clara e indiscutiblemente, de índole histórica.

Unha das sete provincias que os romanos estabeleceron en Hispania foi a Gallaecia, que estaba composta, entre outros, por tres Conventus: Bracarense, Lucus Augusti e Asturicense. O conventus de Lucus Augusti abarcaba as terras que ían desde o río Lérez ao Navia, é dicir, esta franxa de terra delimitada polo Eo e Navia (hoxe asturiana), pertenceu ao conventus de Lucus Augusti, cuio centro político e militar estaba na cidade de Lugo. E desde aquí irradiouse a romanización ou a imposición da lingua e cultura romanas ás xentes de este conventus, romanización que estaba rematada no século III.

Estas xentes, pois, que habitaban os terreos entre o Eo e o Navia no século III falaban o mesmo que se falaba en Lugo e que perdura ata hoxe. A invasión dos suevos no século v supón a ruptura do dominio político e cultural de Roma en Hispania, co cal a lingua latina ao non estar difundida e protexida desde un centro unificador, evoluciona á súa maneira, sen patróns lingüísticos a seguir. No século viii invaden a península os árabes e malia a impronta que deixaron na lingua e cultura de Hispania, non lograron desplazar ao latín, de tal maneira que nos séculos ix e x coñecemos xa configurados os distintos idiomas románicos entre eles, na nosa Península, o catalán, o galego e o castelán. E vai ser a mediados do século xii (ano 1154), debido a unha longa disputa de terras entre os bispados de Lugo e Oviedo, cando esta franxa entre o Eo e Navia (constituida por dazanove concellos) pase a formar parte de Asturias, mais a lingua e os costumes, forxados durante a romanización, mantivéronse ata hoxe.

Libro de Actas del Congreso funcional

A problemática da normalización do galego de Asturias.– É tarefa das Academias das linguas coidar, protexer e promulgar normas para o funcionamento das mesmas. En Asturias esta misión faina a Academia da Llingua Asturiana (ALLA) e dende os seus inicios está levando a termo un proceso de transculturalización lingüística tratando de asemellar o galego de Asturias co asturiano, e que a Consellería de Cultura apoia fidedignamente este labor transculturizador. Comezou por suprimir o termo de «galego» para sustituilo por el de «fala»; posteriormente denomináronla «entrambasaugas», despois «galego-asturiano» e agora chámanlle «eonaviego”, ao tempo que impoñían asturianismos na normativa da lingua e na toponimia. Por iso, na década dos 80, naceu a Mesa pola Defensa do Galego de Asturias (MDGA) con sede en Eilao. El sou fundador e presidente foi D. Benigno Fernández Braña e agrupou a xente de Grandas de Salime, Ibias, Eilao, Boal, A Veiga e Navia, entre outros concellos. Ademais de denunciar nos xornais de Asturias o atropelo da ALLA, publicou dúas revistas, A Freita e Britonia, as normas ortográficas e morfolóxicas del galego de Asturias (que se ignoraron en Oviedo) e unha edición de textos literarios: contos, poesía, relatos, etc. A Freita, na que nalgún número participaron os nenos das escolas da zona, chegou a ter unha certa repercusión social, de tal maneira que deron unha orde desde Oviedo para que as bibliotecas da zona non mercasen a revista e se tiñan algún número que se desfixesen del. Desaparecida a MDGA, fai uns poucos anos naceu Axuntar, que é una asociación prá normalización del galego de Asturias, e «é úa iniciativa que ten como obxectivo a conservación e promoción del uso da lingua propia da comarca asturiana del Eo-Navia que, dende ámbitos filolóxicos, responde al xeotipo galego, pertencendo al sou bloque oriental e diferenciando que úa cousa é a lingua e otra a política e a fronteira administrativa». Conta cunha excelente e interesante páxina web, na que se expoñen tódolos traballos e actividades que levan a termo, e á que se pode acceder no sitio axuntar.eu. Desgraciadamente, seguimos igual ou peor que hai cuarenta anos. A ver se Axuntar consigue que o galego de Asturias teña o recoñecemento lingüístico que se merece como lingua propia de dazanove concellos asturianos entre o Navia e o Eo, que falan o galego.

Antón ante la Universidad

Antonio Xosé Meilán García. Mondoñedo, 1950. Seminarista 1961-1966. Premio extraordinario fin de carrera por su tesis “Arcaísmo y conservadurismo lingüístico en el concejo de Castropol (1979-1980), coautor de la normativa para la lengua Eo-Navia; autor de diversos ensayos y trabajos de investigación sobre esta materia, profesor visitante y conferenciante.

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*