Cándido Santomé Castro

Cándido Santomé

Por Antonio Rodríguez Basanta (1)

 

O noso irmán Cándido Santomé Castro naceu en San Pedro de Santa Locaia, o 1 de novembro de 1934. Finou o martes, 20 de decembro de 2022.  Fixo os seus estudios eclesiásticos no Seminario de Mondoñedo e foi ordenado sacerdote o 29 de xuño de 1967.

Nese mesmo ano foi nomeado cura de San Xoán do Freixo e de San Mamede das Pontes, compaxinando a atención parroquial co seu labor de profesor na Academia Pardo Bazán das Pontes entre os anos 1968 e 1980.

En 1996, despois dun tempo dedicado aos seus estudios civís, desde As Pontes onde sempre residiu, atendeu as parroquias de Santa Mariña de Cabreiros e San Pedro de Miraz como párroco e administrador parroquial respectivamente.

No 2014 foi nomeado párroco de Santa María de Xermade ata a súa recente xubilación, debido á súa saúde, sempre delicada, que o obrigou a virse ao Seminario onde faleceu.

De don Cándido hai que destacar o seu afán de estar ao día na súa formación e tamén, como párroco, o feito de ter axudado a varios xóvenes a saír adiante nos seus estudios e futuras profesións.

Persoa moi conversadora, que tiña certo don de consello, foi sempre moi agradecido con quen o apreciaba.

Descanse agora na paz do seu Señor.

 

(1) Antonio Rodríguez Basanta (Xove, 1950) es párroco moderador de la UPA Ferrol-Centro. Fue vicario general y administrador diocesano

 

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*