Fallece el sacerdote Gabriel Folgueira

Don Gabrieel (izq) recibe el homenaje de los feligreses de Muimenta en 2012

(Reseña de El Progreso, Lugo)

Accesible e sempre disposto a axudar. É como recordarán ao párroco Gabriel Folgueira Teijeiro (Xustás, Riberas de Lea, 1935) os que tiveron a fortuna de coincidir no seu camiño, unha senda que este domingo tomou unha nova dimensión coa súa partida.

Ingresó en el seminario en el curso 1950-1951.  Foi ordenado  de presbítero  en Ribadeo en 1962. Comezaba a súa andaina parroquial en Vilarente, no municipio chairego de Abadín, onde permaneceu como sacerdote durante case seis décadas, ata que unha indisposición de saúde obrigouno a apartarse e descansar.

Naquel primeiro destino foi quen de mobilizar aos fieis, pero tamén aos rapaces máis novos, aos que axudou a desfrutar da práctica do fútbol, unha das súas grandes afeccións.

Co tempo, ademais de Vilarente, asumiu a xestión doutras parroquias por toda a Terra Chá. O Arneiro, Corbelle, Matodoso, Momán, Reigosa, Roás, Triabá ou Muimenta, onde estivo durante case catro décadas como cura.

Foron os veciños desta parroquia os que coincidindo coas súas vodas de ouro sacerdotais -chegaría a celebrar tamén as de diamante en 2022- rendéronlle unha emotiva homenaxe popular, un evento no que tomaron parte máis de 250 persoas.

Aqueles que o coñeceron din que era un home de carácter, familiar e gran conversador. Desfrutaba das charlas cos fegreses ao saír da igrexa, conversas que ás veces se prolongaban con xantares compartidos e longas sobremesas.

Un problema de saúde antes da chegada da pandemia obrigouno a deixar atrás a súa vocación. Agora, coa súa marcha, de seguro volverá a reecontrarse con ese Deus ao que lle consagrou a súa vida e que lle permitiu seguir preto sempre de Xustás, onde nacera en 1935, e onde o despedirán este luns, ás 16.30 horas, no templo parroquial.

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*