De Mondoñedo a Salamanca, con retorno a decisión

Carnet Pontificia Salamanca

No curso 1967-68 producíase o traslado do teologado de Mondoñedo, para que os 22 teólogos da diocese mindoniense poidesen seguir os seus estudos na Universidade Pontificia salmantina.

Teño ouvido e leido cousas sobre as causas deste traslado. Para mín non houbo máis causa que a necesidade imperiosa de dar solución a unha situación crítica: cómo atopar un profesorado adecuado para un reducido número de alumnos, que en Mondoñedo compartían aulas a razón de 4-5 por aula en cada un dos 4 cursos de Teoloxía.

Foi unha meditada e sabia decisión a que tomaron os responsables da institución, co bispo Monseñpor Argaya e o rector Don Antonio Bouza á cabeza do grupo de formadores que, non me cabe dúbida, impulsaron o cambio, como foron Don Digno Pacio, Don Uxío Gatcia ou Don José María Diaz.

Non comparto, xa que logo, algunhas opinións que ven aquela decisión como unha especie de puñalada ó Seminario i ás vocacións sacerdotáis. Moi ó contrario, penso que foi unha decisión, ademáis de necesaria, meditada, valente e axeitada, como intento expoñer nos seguintes apartados.

 

O novo escenario

Os teólogos mindonienses fixeron as maletas e colleron o tren con destino a Salamanca (con transbordo en Zamora), deixando atrás as sotanas (de Leiras ou de Martínez) e os anos felices que pasaron á sombra do Monasterio de Lourenzá i ó son da Paula de Mondoñedo.

Don Alfonso Gil recibeunos en Salamanca como responsable do novo teologado (logo tamén se incorporou Don Gonzalo Folgueira), agora sito na rúa Torres Quevedo. Era unha casa sinxela, na que faltaba a maxestuosidade do Seminario, pero que ofrecía o calor do fogar,

propicio para unha auténtica vida en familia.

Os seminaristas atopáronse tamén con unha cidade chea de vida, tamén monumental, pero con rúas e prazas ateigadas de estudiantes, con bares e cafeterías, con unha praza Maior bulliciosa, lugar de encontro de xente de distintas nacionalidades, ideoloxías e relixións.

Fronte á Casa das Conchas, agardaba a Universidade Pontifícia, coa Facultade de Teoloxía como principal reclamo, pero tamén con outras Facultades importantes, entre as que destacaba a de Psicoloxía, e, cómo non, unha flamante cafetería, na que se xuntaban homes e mulleres estudiantes, non sólo das Facultades “pontificias”, senon tamén das veciñas Facultades “civiles”. (Decíase con sorna que aquela non era unha Universidade que tiña cafetería, senon unha cafetería que tiña Universidade).

No que se refire específicamente á Facultade de Teoloxía, os seminaristas atoparon unha Facultade “en crisis”, no momento xusto en que unha Teoloxía tradicional iba dando paso a unha Teoloxía “nova”, inspirada no “aggiornamento” do Concilio Vaticano II.

Mesmo houbo unha folga, que obrigou ó Vaticano a enviar a Salamanca un observador e pacificador da situación, que rematou co asentamento de profesores como Olegario González, Fernando Sebastián ou José Maria Setién.

Penso que fomos afortunados alumnos que estudiamos a Teoloxía con unha nova perspectiva, acorde cos tempos, que non quere decir alonxada dos Evanxeos e da Igrexa. A mín, cando menos, quedoume claro o que siñificaba o respeto á Igrexa como “Misterio” i a necesidade de “aggiornamento” da Igrexa como “Institución”.

 

Os cregos “salmantinos” de Mondoñedo

Era evidente q ue os seminaristas tiñamos en Salamanca unha libertade de movementos moito mais ampla que en Mondoñedo. Nada nos impedía pasear pola praza Major ou pola Alamedilla, tomar unhos viños con tapas de farinato, departir con estudiantes de ámbolos sexos na cafeteria da Pontificia, ir ó fútbol no estadio Helmántico, facer viaxes en coche alqjuilado a Béjar, Zamora, Peña de Francia…

Lóxicamente, tiñamos a posibilidade de elexirr outra carreira se chegabamos á conclusión de que non estabamos chamados ó sacerdocio; pero en ningún caso penso que Salamanca nos fixo “perder a vocación”. O que sí nois deu foi a posibilidade de elexir máis libremente. Sempre penséi que a “vocación” para crego non se tén cando ingresamos no Seminario: é ós 20-22 anos cando podemos de verdade decir se remos ou non vocación.

Se a memoria non me traiciona, dos 22 seminaristas que inauguramos o novo teologado mindoniense en Salamanca, un total de 9 (un 41 por cento) fomos ordenados cregos. Non me parece un baixo porcentaxe, tendo en conta que foron anos nos que comenzaba un progresivo descenso de vocacións, non sólo en Salamanca, senon en tódolos Seminarios diocesanos.

Penso que a diocese mindoniense veuse enrriquecida con cregos formados en Salamanca e que fixeron e seguen a facer unha inmensa laboura: abonda con citar nomes como Félix Villares, Antonio Basanta, Segundo Pérez… para valorar a importancia da formación recibida en Salamanca.

Facultad Teología Pontificia Salamanca

Aportacións á cultura e identidade galegas

Os seminaristas mindonienses que en Salamanca optaron por estudiar outras carreiras, sobre todo Filosofía ou Psicoloxía na Universidade Pontificia, voltaron a Galicia e sementaron de cultura as aulas de Institutos e Universidades.

Moitos deles, agora xubilados, atrévome a decir que foron auténticos referentes no ensino de “Filosofía e Letras” en Galicia, con publicacións de textos, conferencias etc., pero, sobre todo, cónstame que calaron fondo nos alumnos, non sólo pola sabiduría, senon pola valía humana que transmiten.

Non é o lugar de sinalar nomes, porque algún podía ser esquecido, pero abonda mencionar a importancia de autores de textos como Manolo Rivas e Moisés Lozano, a laboura que Antón Lamapereira e Xulio Leal seguen a facer no ámbito teatral e mesmo a “exportación” de cultura a terras andaluzas da mán do profesor Ramón Díaz Guerrero.-

Pero non quería rematar sen facer referencia a outro feito importante do paso por Salamanca: alí tivemos a oportunidade de profundizar na nosa identidade galega, levando a nosa saudade ás misas en galego que cada domingo oficiaba o crego ribadense José Antonio Santos e mesmo as nosas visitas ó Centro galego de Salamanca, no que tomabamos café a precio máis barato.

O paso por Salamanca foi para todos beneficioso, grazas á sabia decisión que se tomou no momento oportuno. Na lembranza dos anos setenta, cando menos no meu caso, van xuntos o amor a Galicia reforzado na diáspora, pero tamén o respeto a outras identidades e, de xeito especial, ó pobo charro, no que descubrín a un Unamuno que estudiéi e tiven a osadía de facelo protagonista da miña tesina.

Permítome, pois, rematar estas lembranzas ca poesía que escribín no ano 1970, na que tentéi resumir a miña visión do Unamuno atormentado co “Sentimiento trágico de la vida”

A UNAMUNO

Soñador de inmortalidades

Apóstol de la sinrazón

Espinas, calvario y pasión

Adornaron tus ansiedades

Hacer de la duda un programa

Buscar sin querer encontrar

LLegar al abismo y la nada

Y siempre volver a empezar

Qué hay más allá de la muerte?

Qué hay más allá del dolor?

Consuelo, dulzura y amor?

O sólo unos cuerpos inertes?

Aquel trágico sentimiento

del Cristianismo agonizante

Fue alma, motor y tormento

De tu caminar incesante

Llegado al final del camino

Alivio has debido sentir

O tal vez has vuelto a sufrir

Por no hallar consuelo divino?

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*