Os compañeiros ingresados en Leourenzá en torno ó curso 1953-54 reunímonos en Foz o día 6 de agosto para recordar e acompañar a familia de Ramón Marful, finado fai uns meses en Mondoñedo, con funeral na Igrexa de Santiago de Foz e soterrado no Cemiterio Municipal. Tivemos tamén a Eucaristía concelebrada na Igrexa parroquial, con Memento especial para os Bispos, Profesores e Superiores xa difuntos, con especial referencia para as nosas vidas; así como dos compañeiros que xa nos precederon recentemente, Gustavo Chao, Emilio González, Real Seoane, Rios Fraguela, Antonio Pena, Bernardo G. Cendán e Suso o vivariense. Estivemos tamén acompañados polas donas doutros compañeiros. Agradecedmos ó Párroco Antonio Valín pola acollida y fraternidade.
Xantamos no Restaurante A Xoiña, con unha loga sobremesa na que repasamos vivencias e lembranzas dos anos compartidos en Lorenzana, Mondoñedo e nas variadas profesións e destinos. No remate das vacacións de Ángel Chao e Orlando Sánchez e as súas donas, xuntánomos en San Martiño o 26 de agosto un pequeño grupo, visitamos a primeira Catedral da Diócese, a Casa-Museo, a Capela do Carme (rememorando as xiras fin de curso desde Lorenzana) e compartimos o xantar na vila de Foz; agradecemos a Deus as xuntanzas deste ano e citámonos, coa axuda de San Gonzalo, pro ano vindeiro.
Rafael Lombardero
Por favor necesito la fecha de nacimiento de José Ramón Chao Marful, integrante de
La sociedad de instrucción Hijos de Lorezana.1911_912 fue vice.
Soy su bisnieto