En la tarde del lunes, 13 de noviembre, falleció en la Residencial Sacerdotal del Seminario Mondoñedo, a los 80 años, el sacerdote Ramón Marful Rodríguez, a quien sus compañeros llamaban “El Bueno”. La capilla ardiente quedó instalada en el tanatorio Rodríguez Dorado, de Foz. El funeral se oficiará el miércoles, 15, a las 12 horas, en la iglesia de Santiago de Foz
OBITUARIOS DE RAFAEL LOMBARDERO, RAMÓN SAÁ, F. MARTÍNEZ SÁNCHEZ («PARURRI»),
MATÍAS NICIEZA Y ÁLVARO PORTO DAPENA
Un bo Pastor
Por Rafael Lombardero
D. Ramón naceu en Foz no 1 de setembro do 1937. Comezou os estudios no Seminario Menor de Lorenzana, seguindo logo Humanidades, Filosofía e Teoloxía no Conciliar de Mondoñedo. Recibiu a Ordenación Sacerdotal no Congreso Eucarístico nas Pontes de García Rodríguez no 12 de xuño de 1965. Practicou a Preparación Pastoral no Convictorio Domus Ecclesiae e na Parroquia de Nosa Señora do Pilar de Ferrol.
Destinos parroquiais
Como primeiro destino parroquial foi destinado ás Parroquias de Cabanas –S.Pantaleón e Santa María- no Arciprestado de Viveiro, donde colaborou na formación de algún diácono. Despois dunha breve estadía en Santa María de Vilalba como Coadjutor pasou a servir a Parroquia de San Xoan de Lagostelle (Guitiriz) durante varios anos. En prestación obediente de servicio pastoral e sacerdotal rematou o seu recorrido xeneroso en Santa María de Burela con entrega e renovación parroquial encomiable. Neste dous últimos anos recalou coa xubilación forzosa por carencias físicas na Residencia Sacerdotal no Seminario de Mondoñedo, donde finou no día 13 do outono.
Un home de gran fe
Feita esta breve reseña dos destinos pastorales de Don Ramón, quédanos a referencia da sua vida personal, sacerdotal e pastoral. Foi un home de gran fe, foi sempre un home humilde, sinxelo, traballador, bon amigo e fiel compañeiro, sufrido, obediente, amante dos pobres, entregado ás parroquias que sirveu con total entrega, sempre con ilusión de milloralas social, laboral e cristianamente, nunca se reservou nada para él, foi totalmente consecuente co seu compromiso sacerdotal, foi un moi silencioso confidente e conselleiro de compañeiros e amigos.
Deixou en todos unha pegada e sinal de total servicio e amor fraterno, con un verdadeiro equilibrio psicolóxico e sentido real da vida e das circunstancias que lle tocou vivir e sofrir. Foi, en verdade, un Bo Pastor, sabio, santo e santificador.
Descansa, irmán Ramón, na Paz do Señor e prega por todos nos para que sigamos o camino que ti xa disfrutas no Reino de Deus.
Gran manifestación de duelo en Foz
A Misa-Funeral polo seu acougo eterno celébrouse na Igrexa de Santiago de Foz. Na ausencia do Sr. Bispo en reunión da Confer (Relixiosos) en Madrid, presidiu a Eucaristía o Sr. Vicario Xeral, D. Antonio Rodríguez Basanta, que presentou unha semblanza da vida de Don Ramón como pastor itinerante pola Diocese: no mundo Rural (Cabanas, Roibarba, Rigueira…), nas Vilas (Vilalba, Guitiriz, Parga….), na Mariña (Xove, Burela..) nas que deixou todo o seu saber, entrega pastoral e fonda relixiosidade. Sempre desde unha gran sensibilidade para servir a todos en plenitude. Concelebraron a Santa Misa medio centenar de compañeiros e amigos, xunta coa súa familia e gran número de feligreses das parroquias que él sirveu nos 52 años de sacerdocio ministerial. Rematou a celebración con unha sentida e personal Acción de Gracias un agradecido amigo, que presentou a figura de Don Ramón desde varios aspectos como crego, como educador, como promotor de cultura e de servicios, con total entrega, sin distincións nin credos e buscando sempre a concordia, o valor da irmandade entre pobos e a fidelidade ós principios da verdade e da vida. Recibeu sepultura no Cemiterio de Foz no 15 de outono do 2017.
———————————————
“En todas partes le querían…”
Por Ramón Saá Echevarría
(Mensaje enviado por whatsapp a sus compañeros)
Era natural de Foz. Sus abuelos eran de Marzán, zona rural de Foz. Nuestro profesor de 5º de Latín, Don Francisco Fanego, siempre le llamada “Marzán”. Sus padres tenían un bazar en Foz, bajando hacia la iglesia. Su padre era muy sentencioso e irónico, actitudes que Moncho heredó de él.
Entró en el Seminario con 16 ó 17 años. Siempre pareció mayor de lo que era realmente. Debido a su talante acogedor, muchos teníamos a bien ser sus amigos.
Estuvo en varias parroquias: en la de O Ermo (Ortigueira); luego, Xove, Guitiriz … al final, Burela. En todas partes le querían un montón.
Yo tenía una familia amiga en Foz y de ahí que pasara muchas temporadas con él. Le quería y le quiero un montón.
Moncho, descansa en la Paz del Señor
————————————
Evaristo, Carballo, Marful …
Por F. Martínez Sánchez (Pacurri)
Non se trata de converter a nosa páxina nun Obituario, pero os últimos pasamentos de compañeiros obrígannos a recordalos egarimosamente neste reconchiño… Evaristo foi ese amigo íntimo e íntegro, testemuño encarnado, rodeado de anécdotas simpáticas das que nos lembramosgostásamente. Como aquela no examen con don José Cascudo, que púxose tan nervioso no momento de copiar que se saltou unhas liñas do libro. Ao saír do aula, preocupado polo seu erro, moi colorado, confesounos: “Saleume mal, pois, saltéime un rego”. Hai pouco tempo, plantouse en casa do Pai, sen saltarse nin un só rego.
Do noso gran Carballo, xa demos conta. ¡Canto se aledaría ao verse con Evaristo e agora con Ramón Marful! Pois acabo de enterarme por Saá da morte de Moncho. Outro gran home, amigo fiel, dotado do don de consello. Eu tiven a sorte de ser xunto a él sacristán da capela maior. Moitas anécdotas gardo del, como compañeiro piadosísimo e bon conselleiro. Á súa beira, recei como nunca. Acórdome que con frecuencia logo das misas Moncho miraba con detenimiento, case con lupa, os corporais por si quedara algunha pizca de pan consagrado. Sempre atopaba algo. Un día, a pizca era máis que pizca, e ví como el se arrodilló e mandoume ir chamar a don Fernando. Este veu e díxolle: “Monchiño, estás adorando a un trocito de hilo”. Levantouse Marful a fume de carozo, pidindolle perdón.
Hoxe, Evaristo, Carballo e Marful topanse xa coa paz merecida, mentres nós seguimos entre “espesuras, plantadas por mano del Amado”, ata que nos chegue a hora…
————————————
Don Ramón Marful. “O Modelo de Burela”
Matías Nicieza (*)
(La Voz de Galicia)
Hai uns poucos anos puxéronse de moda nas redes sociais grupos que celebraban a pertenza a determinadas localidades, con nomes como “Es de tal sitio se…” Burela, por suposto, tamén ten un deses grupos, e no seu día lembro perfectamente que unha persoa escribiu algo así: «Es de Burela se, independentemente das túas crenzas ou de que vaias á igrexa, estás orgulloso do noso don Ramón». Don Ramón, o noso don Ramón, Ramón Marful Rodríguez, tiña esa capacidade: era imposible non querelo, non admíralo, non sentir orgullo por el.
Crego, humanista, posuidor dunha retranca e un sentido do humor envexable que o facía ter sempre a resposta xusta para todos os temas e sempre acompañada dun sorriso, galeguista de xeito espontáneo, activo no uso útil da nosa lingua en todos os eidos e no seu, o eclesiástico, onde tantas veces era e segue a ser marxinada, don Ramón era Modelo Burela desde moito tempo antes de que existise o Modelo Burela. El foi a alma do noso proxecto desde o primeiro momento, sempre estivo aí, apoiando e colaborando, e cando fixemos o audiovisual de apoio tiñamos claro que só el podía pechalo.
El foi o modelo do Modelo Burela
No entorno inigualable da Igrexa da Vila do Medio, o noso templo histórico, un home que era historia viva concedeunos unha entrevista fermosísima que en poucos minutos resumía unha traxectoria vital que era, toda ela, Modelo Burela. Fixemos máis gravacións con el, audiovisuais e radiofónicas, que simplemente non teñen prezo.
Agora don Ramón marchou e estamos tristes, mais tamén estamos felices por telo coñecido, tratado e querido. Diciamos no audiovisual: “leva dentro de si o orgullo de ser, como Manuel María, como Marica Campo, como don Ramón Otero Pedrayo”. E nós levamos dentro o orgullo de telo tido como mestre, como amigo, bo e xeneroso.
Querido don Ramón: GRAZAS.
* Matías Nicieza. Proxecto Neo – Modelo Burela.
IES Perdouro
—————————————
Adeus, Marfuliño! Deica logo, meu santo!
Por Álvaro Porto Dapena
E fúcheste caladiño sen dicir ren, como caladiño andiveches en verdade toda a vida neste mundo terreal. Iso sí, sempre espallando o ben por ondequeira que estiveses. Discretamente, con ese característico sorriso de estar de volta de todo este mundanal ruído e entregado sen límites aos demais. Recordo cando un día, aló polo 1954, apareciches no Seminario de Lourenzá, xa cos teus dezaoito anos cumpridos —aínda che gañaba “Viginti”, que xa tiña veinteún— e empezaches a pasear por aquel claustro rodeado de cativería, que te escoitabamos como se escoita ao irmán maior. E xa daquela non tiñas reparos en amosar a túa inquebrantable vocación polo sacerdocio sen complexos nin beaterías: aceptabas —e cumprías— sen rechistar todas as regras e normas, pensadas as máis delas para pequenos, inquedos e inespertos rapazolos, que no único que pensabamos era en xogar á pelota ou en facer de cando en vez algunha falcatruada, que logo che costaba unha labazada do prusiano D. José María Puente ou do sutil e cáseque imperceptible D. Darío.
En relación co primeiro, sabiamos que eras un “enchufado”, pois que o cura de Foz, de onde viñeras, era D. Amador Puente Martínez, irmán, xa que logo, do noso temido Vicerreitor. Pero ti non necesitabas —nin moito menos alardeabas— de semellantes conexións. Ti, xa daquela, tiñas outras miras, pois que estabas penetrado do Espíritu de Deus que, asemade, zumegabas sen cesar por todos os teus poros e recunchos: non é de estrañar, polo tanto, que moitos te tivésemos como modelo de comportamento a seguir, aínda que ao final non o acadásemos nin de lonxe. Verdadeiramente, Marfuliño, ti eras e sempre fuches o mellor do noso curso (coa venia dos demais compañeiros, naturalmente), preocupándote sempre por todos sen excepción. Recordas cando pasabas as noites en vela ou semidormido, preocupado por que o sonámbulo Mariña Eiroá, que tiña a cama a carón da túa, se levantase, como facía ás veces, cunha manta debaixo do brazo porque, segundo el, ía estudar ao estudo? Foi simpática aquela vez que, ao veres en soños que o de Bares daba unha volta na cama, ti abaneando a “escobilla” no aire dicíaslle: “Despierta, Eiroá!”. E el, tamén dormido coma ti, che respondía: “Despierta tú! E así estivéstedes ata que, ao fin, acabástedes despertando os dous.
Pero falando do teu humor de galego retranqueiro, aínda recordo o que o bispo D. Manuel Sánchez Monge nos contou hai uns anos nunha xuntanza de curso no comedor do Seminario. Resulta que nunha das visitas que che fixo en Burela, observou que aínda usabas unha humilde e anticuada máquina de escribir, que, coma ouro en pano, tiñas en gran estima.
—Don Ramón, tiene usted que modernizarse —aconselloute o pelado— y comprar un ordenador, que es mucho más práctico y tiene unas posibilidades increíbles. Fíjese que en las granjas de vacas o de gallinas, con ese aparato se puede llevar el control de todos y cada uno de los animales: la leche o los huevos que dan, si pasaron revisión veterinaria…
E ti retrucácheslle de camiño: “Y yo para que quiero un ordenador, si no tengo ninguna granja?”
Dicíame, con razón, onte Rafael Usero, cando lle transmitín a nova do teu sentido e chorado pasamento, que non deberíamos encomendarte nas nosas oracións, senón ao contrario: ti serías —e sen dúbida serás xa sempre— quen nos encomende e interceda por nós de aquí en adiante ante o Pai. Non che mentín o pasado 17 de outubro cando, co gallo da última xuntanza de ex-seminaristas en Mondoñedo, che fun dar unha aperta no antigo comedor de superiores: díxenche que acotío me lembraba de ti nos meus rezos matutinos para que o Señor che dera pulos a fin de saíres dese furado, “negra sombra” ou “longa noite de pedra” na que te atopabas sumido. E abofé que así foi: coa axuda divina saíches triunfante desta vida terreal, imitando ao Resucitado, de cuxa presencia —qué felicidade!— estarás gozando nestes precisos intres.
Mais que adeus, pefiro dicirche deica logo, meu benquerido santiño Ramón; pois espero que, coa túa intercesión poderei —poderemos todos— atoparnos contigo nun futuro non moi lonxano na Casa do Pai. Teu sempre amigo e devoto,
Álvaro Porto Dapena
Dejar una contestacion