No día 11 de xullo seguimos xuntándonos para a Reunión anual de compañeiros ingresados en Lourenzá nos primeiros anos la década do 50 no pasado século. Este ano era Anxo Chao Falcón o convocante. O encontró comexou no adro da Igrexa Catedral de San Martiño de Mondoñedo (Foz) con saúdo fraterno e compartido.
Participamos na Eucaristía, presidida por Rafael Lombardero, cos cantos e liturgia en galego e na Festa de San Bieito. Tivemos un Memento especial por todos os que xa nos precederon na vida (familiares, condiscípulos, profesores, Bispos e párrocos…). Agasalláronnos co libro «Catedral de San Martiño de Mondoñedo» de D. Santos San Cristóbal.

Pasamos a compartir o xantar ao restaurante A Xoiña nas cercanías de Foz 18 amigos-compañeiros para rememorar tempos pasados e actualizar as novedades, con unha longa sobremesa. Quedamos comprometidos, Deo volente, para o vindeiro 2026 baixo a convocatoria de Alfonso Blanco Lamela.-R. Lomnbardero
Próximas xuntanzas.-Estáse a organizar unha segunda xuntanta o día 23 deste mesmo mes de xullo en Burela, coordinada por Ricardo Timiraos, e seguirá a tradicional reunión do segundio venres de agosto (día 8) no Seminario. (Contavcto: Ramón Barro).
Dejar una contestacion