NULLA DIES SINE LINEA Pedro Conde
Sirva o comezo do poema de Celso Emilio para resumir a miña aportación a ese “nulla dies sine linea” de Plinio el Viejo que nos demanda o amigo Ramón para a Web de ex-seminaristas e que remata con un “mentras o tomo, espero”.
Pero, aparte de tomar o sol que, según presumen os veciños das Rías Baixas, asoma por eiquí algo máis intensamente que na miña benquerida Mariña luguesa, o meu retiro xubiloso na agora chamada “cidade das luces” xira en torno a tres eixos: familia, amigos e algunhas afeccións que conservo dende os anos de Mondoñedo.
A familia
Teño a gran sorte de convivir dende fai 47 anos coa miña dona ferrolana, auténtica “alma mater” de unha familia de tres fillos e cinco netos.
Os fillos medraron sanos, estudiosos e, por riba de todo, boa xente.
Gran parte do tempo da miña vida de xubilado, aínda que menos do que desexaría, dedícollo ós netos, ben sexa presencialmente cos que viven máis preto, ben cos telecontactos que nos permiten as novas tecnoloxías.
Faime iluisión conectar coas miñas netas, que viven en Londres, i escoitarlles decir que están desexando vir a Galicia para vernos, que queren moito á avoa porque lles fai unha sopa moi rica e ó avó porque as leva a tomar churros na cafetería.
O neto maior está feito un home, vive en Madrid i é un gran “influencer”.
E outra parexa vive en Porriño, veñen a Vigo a miúdo e, cando teñen vacacións, pasan o día na nosa casa, mentras os pais van traballar. A nena practica ballet e o neno é prebenxamín nun equipo de fútbol de Porriño. O avó dice que se parece a Iniesta, pero igual esaxera un pouquiño……
Non poido rematar este apartado sen mencionar a outros tres membros entrañables da familia, chamados Michi, Calcetines e Pipo, agora xa recoñecidos legalmente como familia. Fanme compañía día e noite, sempre cariñosos e facéndonos ós humanos máis humanos. Ben podía o Goberno recoñocernos o título de familia numerosa.
Os amigos
Ó longo de tantos anos de andaina por tantos lugares e actividades, teño un bon número de amigos, cos que procuro manter un permanente contacto, presencial ou telemático. Distinguiría catro grupos:
- Os amigos do Seminario
Son, sen dúbida, os máis entrañables. O núcleo máis cercano reside en Pontevedra. E ali esrán os meus amigos de máis longo percorrido, porque somos amigos dende fai 60 e pico de anos, cando pasabamos xuntos as festas de SanXoán de Alba (Xulio Lal) e Ribadeo (Paco Ramil). Completan o núcleo pontevedrés Juanjo Meilán e Benigno Rey Sarmiento.
Con eles tivemos moitas convivencias, xunto cos nosas respectivas donas e fillos. E agora de vellos aínda temos forzas para xuntarnos para un cocido, unha lampreada ou, sinxelamente, para tomar un café nas magníficas terrazas de Pontevedra.
Fora de Pontevedra, teño outros grandes amigos, cos que tamén teño xuntanzas (agora menos coa pandemia): en Ferrol, meu primo Paco Conde e Manolo Rivas; en Coruña, Manolo Penelas; en Muimenta, Manolo Vila; en Lugo, Javier Pernas.
Podía mencionar algunhos mais, pero penso que os mencionados son unha brilante mostra de bonhomía, xenerada na forxa de Mondoñedo , e síntome orgulloso de telos como amigos.
- Os amigos ferrolanos
Son amigos que conocin en Ferrol na miña etapa clerical. As familias que fomos formando xuntámonos invariablemente (agora non, coa pandemia) dúas veces ó ano, en verán i en inverno, en casas rurales ou, sinxelamente, en restaurantes de todo Galicia e tamén estivemos en Salamanca, Extremadura, Asturias, Portugal….
Forma parte do grupo Benito Lodos. Tamén estaba outro gran amigo, Antonio Rodríguez Pena e a súa dona María Jesús, que segue estando, como tamén está o hirmán de Antonio, Suso Rodríguez Pena.
- Os amigos do traballo
Tiven a honra de traballar 40 anos na Axencia tributaria, na que entréi como administrativo, logo subinspector e, finalmente, inspector de acenda, con 18 anos de delegado entre Pontevedra e Vigo.
Foi un traballo duro, polas connotacións negativas que tén o feito de ser funcionario e, para máis INRI, do fisco. Pero nunca me sentín verdugo de naide e teño a enorme satisfacción de sentirme apreciado por tantos compañeiros e, sobre todo, por funcionarios que podían sentirse decepcionados ou disconformes do proceder do que foi o seu xefe durante tantos anos.
- Os amigos da natación
Non son un bon nadador, pero tiven a honra de fundar en Pontevedra un Club de natación, que medrou ata convertirse no mellor Clube de Galicia, con nadadores destacados a nivel galego, nacional e mesmo internacional. Ademáis, teño un fillo que foi un gran nadador do estilo mariposa.
Recordado nadador.-Este feito marcoume moito, porque miles de nadadores, directivos, entrenadores e pais de nadadores de toda Galicia me coñecen e seguen contactando conmigo. Pasamos anos moi intensos de camaradería, viaxando cos nosos fillos e con todo o equipo por toda España-
A día de hoxe, non teño ningunha obriga neste mundiño da natación, pero encho horas no seguemento de competicións i evolución de rapaces, xa fillos dos que entón nadaban. Aledome moito cando a veces me paran na rúa homes e mulleres que non recoñezo e me dín que son nadadores que estiveron no meu Clube e que me agradecen moito que os enganchara ó deporte.
De algún xeito, considero que foi un bon “apostolado” xuvenil.
As afeccións
No tempo que me deixan libre a familia i os amigos, entretéñome cos temas relacionados coa cultura, a música i o deporte, aínda que podía resumirse todo na palabra “cultura”, afección que naceu no Seminario de Santa Catalina e que perdura ata hoxe.
Visito con frecuencia a “Casa del libro”, buscando, de xeito especial, libros de historia e, por suposto, literatura galega i en galego, pois Castelao, Rosalía, Celso Emilio, Curros e moitos máis “bos e xenerosos” foron agradables compañeiros no meu decorrer por terras galegas, castellanas e mesmo alemanas.
Non podía ser doutro xeito, porque, aínda que non teño unha obra literaria coñecida, síntome un pouco membro, modestamente, da escola literaria do Seminario de Mondoñedo, da que da testemuña o noso amigo Félix Villares no seu “Alpendre de sombra e de luar”.
Da Schola a “Atheneos”.-Conservo tamén a afección pola música, foxada, cómo non, baixo a batuta de Don Uxío García Amor. Presumo moitas veces de ter sido membro da “Schola cantorum” e mesmo da “escolilla”, que viña a ser como a élite da Schola, e tamén presumo de ter sido, creo que no curso 65-66, profesor de solfeo dos alumnos de Terceiro de Latín.
Esa afección fixo que a día de hoxe siga a ser membro do coro “Atheneos” da Delegación da AEAT de Vigo, aínda que a pandemia cortou de raíz os ensaios i estamos á espera de reanudalos, a ver se o COVID mantuvo sanas as gorxas.
Mentras tanto, aproveitéi as longas horas de confinamento para escoitar música de todo tipo, dende o Aleluya de Haendel a “Resistiré” do Dúo Dinámico, pasando por Beatles, Bee Gees, Los Secretos e tantos outros, incluído o canto gregoriano (botel de menos aquel “Liber chori” de tapas bermellas).
Cronista deportivo y culé.-Levo o deporte conmigo dende aqueles partidos no Menor, Xa entón facía as crónicas, que leía os domingos no púlpito do refectorio; era da Xunta Directiva e xogaba de defensa na selección dirixida por Don Honorio Esteban Mayordomo.
Os que me coñecen saben dos meus amores polos cores blaugranas. Fíxenme do Barsa porque me gostaba o escudo e porque alí xogaban Luisito Suárez e Kubala. Vivín éxitos e fracasos, pero disfrutéi moito co Dream team de Cruyff e cos Guardiola-boys do mellor xogador do mundo de tódolos tempos, sen despreciar nin ofender a ninguén. (Vigo, 16-03-2022)
Biografía de Pedro Conde González
Maestro.