Ángel Felpeto Enríquez

Nacín en San Xoan de Alba – Vilalba, o 3 de outubro de 1947.

Cumpro con esa condición viaxeira que se nos atribúe aos galegos porque me vivín un ano en Barcelona, seis en Ermua, casei en Alicante con Nines, extremeña de nacemento, o meu fillo naceu en Bilbao e a miña filla en Sevilla porque alí residía a familia da miña esposa, e son xa toledano de adopción despois de corenta e catro anos. O maior dunha familia numerosa de sete homes, agradecido á miña mestra doña Mercedes que me ensinou as primeiras letras e aos meus mestres don Ramón, don Heliodoro e a don José María co que finalicei a  escolarización primaria e a preparación para o ingreso no seminario.

Seminario.-Non esquecerei xamais aquel día de mediados do mes de xullo de 1959 que  meu pai acompañoume e deixoume en Lorenzana. O máis lonxe que viaxara fora á feira de Villalba ou algunha vez que  me levába a Lugo cando ía con tenreiros ao matadoiro de FRIGSA. Aquela primeira entrevista con don José María Puente que nos recibía un a un, a primeira noite que durmía só sen a compañía do meu avó, sen coñecer a ninguén, co guardapolvos gris que me facía a miña nai, a verdade é que só teño recordos de soidade e de bágoas no silencio da noite.

Logo funme adaptando e contando os días daquel longo mes, case eterno no que nos faciamos  compañía Dionisio Corral e eu que viñamos xuntos e da mesma parroquia e da mesma escola. Recordo que nese mes xa fixemos boa amizade con José Luis Novo Cazón que era sempre o primeiro da clase, o “rei” que dicía don José María. Dous anos en Lorenzana coa mirada posta sempre en chegar canto antes a Mondoñedo porque tiñamos sa envexa dos que ían un curso por diante de nós.

Seminaristas de 1º de Filosofía, curso 1963-1964. Ángel Felpeto, el primero a la derecha del profesor, don Jesús Blanco.

Bon recordo.-A verdade é que non teño mal recordo de ninguén, nin de profesores nin de compañeiros. Anécdotas,  moitas: admiración cara a don Pepe pola bonhomía e a súa comprensión ante calquera situación por difícil que Fóra: profundo respecto, que moitas veces era verdadeiro medo, a don José María:  e bo recordo de don Honorio, don Anxo , don Manuel Vilela.

Anécdotas varias sobre a figura de don Francisco Ron e don César Chavarría que explicaba a súa lección de Lingua mostrando ostensiblemente a súa uña moi larga do dedo índice da man dereita.

Cambio radical en Mondoñedo.-Mondoñedo supuxo para min un cambio radical nos métodos de ensino, na vida diaria en xeral, na convivencia con moita máis xente, en ir aprendendo dos maiores e na relación co profesorado. A figura do Reitor don Xusto para nós un pouco máis próxima porque Pedro Trashorras, o seu sobriño, era do noso curso e iso parece que nos daba unha certa ascendencia sobre el.

Os recordo a todos con afecto e gratitude, a cada un coas súas peculiaridades.

Don Jaime, santo, iníciese ou non o seu expediente de beatificación, co que algúns do noso curso colaborabamos a diario enviando cartas, e levando o control daquela obra súa, a “Beca Parroquial”.

Don Eugenio, outro home bo por encima de todo e extraordinario profesor de Literatura e Música.

  1. Rosendo, Don Ricardo ao que logo pasados os anos volvín atopar en Toledo, casou á miña filla, porque aquí residía Antonio Rodríguez Pena, o seu sobriño

(qepd).

Don José María Fernández, Don José Cascudo, Don Edelmiro Bascuas, Don Jesús Blanco,  do que temos un recordo especial o noso curso. Don Dino co que durante os cursos de Filosofía percorremos as parroquias da contorna na catequese dominical, moi especialmente as que él xestionaba: Galgao, Cadavedo, Candia… Seguro que deixo a alguén no tinteiro pero será porque falle a memoria, non o corazón.

Fin de traxecto.-Realizamos a reválida de 6º no instituto de Lugo e en setembro do 68 algúns dos compañeiros marcháronse a Salamanca. Outros volvemos á nosa casa porque a economía familiar non permitía a continuidade dos estudos ou porque aquí dabamos por finalizada unha etapa crendo que ese non era o noso camiño.

Servizo militar pasando por Parga, A Coruña e  Ferrol, un tempo para esquecer no meu caso.

Vida profesional.-En setembro de 1970 un curso como educador nun colexio privado en Barcelona, Santa Coloma de Gramanet e Badalona.

 1971-1977.-  Educador e Director de Residencia na Universidade Laboral de Eibar. Para min non era ningunha novidade a vida do internado pero agora como educador. Un dos Reitores era profesor da Universidade de Granada e facilítame compatibilizar o traballo cos estudos de Graduado Social que comezo en Eibar e finalizo logo traballando xa en Toledo. Alí coincido con antigos compañeiros como Antonio Villar Cheda e Eugenio Núñez Rios. Tamén, aínda que el na Universidade Laboral da Coruña con Pedro Trashorras Tella

1977-1996.-Educador Xefe de Residencias, Vicedirector e Director da Universidade Laboral de Toledo

1996-1998.-Director en Comisión de Servizos para a posta en funcionamento do IES Montes de Toledo en Gálvez (Toledo)

1999-2001.-No curso 1999-2000 en Castilla-La Mancha  recíbense as competencias en materia educativa e ocúpome durante dous anos da Xefatura de Servizo de Coordinación da área de Programas e Servizos Educativos na Consellería de Educación e Cultura

2001-2007.-Delegado Provincial de Educación e Cultura e de Educación e Ciencia na provincia de Toledo

 Julio 2007 a Julio 2011.-Unha nova etapa na vida municipal da que terei sempre un bo recordo polo que significa de servizo ao cidadán, porque así entendín a miña función para a que fora elixido na candidatura do PSOE encabezada polo hoxe presidente de Castilla – La Mancha  Emiliano García Page Sánchez.

Servicio público.-Vicealcalde e Concelleiro Titular da área de Goberno de Educación, Cultura, Festexos, Mocidade e Deportes do Concello de Toledo. Como tal tiven a honra de ser: Presidente do Consello Escolar Municipal de Toledo, Presidente do Patronato do Teatro de Rojas, Presidente do Patronato  Deportivo Municipal, Presidente do Patronato da Escola de Música Municipal “Diego Ortiz”, Vocal do Consello Escolar Rexional en representación da FMP de CLM, Vocal do Consello Social da UCLM, Patrón da Fundación O GRECO, Patrón da Fundación CIT- PAX e Vocal membro das Comisións de Educación, Cultura e Patrimonio da Rede de Cidades Patrimonio de España

En xullo de 2011 paso á situación de xubilado aínda que sigo colaborando como patrón da Fundación de Caixa Castilla – La Mancha  e vocal do Consello Social da Universidade de Castilla – La Mancha  elixido polas Cortes.

Do 6 de maio de 2016 ao 6 de xullo de 2019 Conselleiro de Educación Cultura e Deporte da Xunta de Comunidades de Castilla – La Mancha

 El músico que llevaba dentro.-Desde o meu cesamento como Conselleiro e xa definitivamente xubilado, colaboro con institucións como Cáritas e o concello de Bargas onde resido,  en alfabetización de persoas adultas e inmigrantes;  cos servizos sociais en actividades con persoas maiores no Centro de Día e, como lamentei sempre non aproveitar a oportunidade que me brindou o seminario, matriculeime na escola de música, volvín ao “Solfeo de los Solfexos” e asisto a clase de saxofón. Espero formar parte da banda de música coa miña filla e os meus catro netos, todos músicos con máis habilidades e mais coñecemento que eu, Pero nunca é tarde.