Por Ricardo Tímiraos Castro
(Nadal 2016)
Por vieiros e camiños hei de ir a Begonte
Para quentar a aquel Neniño toda o día e toda a noite.
Hei deixarlle ó seu carón unha carta doutro rei,
Porque quen soña, espera; eu tamén esperarei.
No tempo que fún Baltasar, no reino das esperanzas,
As flores eran os nenos; os paxes traguían cartas.
E o cinco de xaneiro saímos en cabalgata.
¡Fermosísimas carrozas enchían rúas e prazas!
Si nunha levaba prata, a outra chea de ouro,
A mín tocábame o carbón, ós colegas mil tesouros.
¡Cántas luces de colores! ¡Cántos fogos de artificio!
¡Cántos soños van voando no barco dos paxariños!
E despois, nos nosos tronos, recibíamos chuchiños-
¡Aqueles ollos tan tenros, raro idioma me falaban!
¡Eran apertas tan longos que fundían nosas ialmas!
Moitos pedían mil cousas, mais ningún pedía nada.
Aquela noite tan leda afogábanme as palabras.
Coitadiña, nun rincón, termando por si a miraba,
Unha neniña moi triste, ollábame, pero calaba…
Animouna súa mai e díxome istas palabras:
“ Só pido a paz pra Bosnia, pra voltar á miña casa
Que eu son disa nación e isa é a miña patria”.
A guerra é tan cruel que ningunha razón a ampara.
Baltasar quedou varado, isa pedida era estrana.
Só a cobiza dos homes artella tanta desgraza.
E con isa encomenda o rei respondeu:
“Que me pidan unha boneca, un balón ou un triciclo…
tén xuizo.
Máis isas cousas non teño…
¡Isas son trampas do Demo!”
E, no medio de tanta xente, co corazón estrullado,
ó Neno pideu caiado.
Hoxe a nena vive en Bosnia.
¡Milagres que fai o amor dise Cristo tan amado!
FELICITACIÓN DE NADAL DE MAIKA E RICARDO TIMIRAOS
Maika e Ricardo Timiraos deséxanvos que o amor e calor do Belén
agarimen fondosamente os vosos corazóns e vos achuche colmando
todas isas ilusións materiais e espirituais.
En datas tan señaladas
recordade que estamos sempre dispostos
a reafirmarvos a nosa amistade e cariño.
Apertas fondosos e bicos xenerosos
Dejar una contestacion