Éxito da primeira Xuntanza de Viveiro

O pasado día 6 de agosto, despois de máis de cincocentos anos sen facelo, un grupo de ex_seminaristas de Mondoñedo, procedentes da zona da Mariña, reunímonos nunha comida –xuntanza no asador Carlos V de Viveiro. Comida opiparamente organizada por Domingo Fernández Barrera, aquel afamado porteiro de fútbol. A razón non era outra que, a máis de alegrarnos de vernos, ir contactando cós compañeiros có fin de prepara-lo Homaxe ó Seminario de Mondoñedo a celebrar no próximo Outono.

Entre os asistentes, estaba a Comisión Organizadora que nos puxo en antecedentes dalgunhas das iniciativas a levar a cabo.

Reinou a ledicia e ata emoción de reencontrarnos e todos nos adhirimos ó recoñocimento da estupenda laboura levada a cabo pola secular Institución relixiosa.

Citados quedamos para participar no Homaxe e seguir celebrando estas xuntanzas en vindeiros vraos.

Cóntavolo: Ricardo Timiraos

Grupo de ex seminaristas en la xuntanza de Viveiro
Grupo de ex seminaristas en la xuntanza de Viveiro

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*