Fallece el sacerdote Fernando Monterroso Carril

Don Fernando Monterroso. (Foto La Voz de Galicia)

(Web diocesana. 10.01.2024)

Na mañanciña de hoxe, mércores 10 de xaneiro, faleceu o sacerdote diocesano reverendo Fernando Monterroso Carrol. Xubilado e delicado de saúde desde hai uns anos, naceu en Moldes (Melide) o 31 de agosto de 1936 e foi ordenado sacerdote en Viveiro en 1961.

O funeral terá lugar mañá,  xoves 11 de xaneiro, con saída ás 16:45 horas desde o tanatorio Prieto e García de O Valadouro ata a igrexa parroquial de Santa Cruz. A continuación, enterro no cemiterio parroquial.

Sempre quixo ser sacerdote, influido pola relixiosidade que había na súa casa, unha familia orgullosa de que pasase de ser monaguillo a estudante no seminario de Mondoñedo, unha decisión da que sempre asegurou que nunca se arrepentiu.

O seu primeiro nomeamento foi de coadxutor en Ferreira e encargado de Vilacampa. Co tempo, e nos últimos traslados, foille adxudicada a parroquia de Santa Cruz, un cargo que compatibilizou co ensino, pois estudou por libre a carreira de Filoloxía Clásica na Universidade de Santiago (USC) e, tras aprobar as oposicións, foi destinado como profesor de Latín ao instituto Masculino de Ferrol, onde estivo dous anos ata que logrou a praza definitiva no instituto de Foz, no que exerceu ata a súa xubilación.

Entre outras responsabilidades diocesanas foi arcipreste de Mondoñedo, membro do goberno diocesano e membro do consello de redacción do anuario «Estudios Mindonienses».

Descanse na paz do Señor.

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*